^ Ir arriba

novas

Tuesday, 04 August 2020 17:07

EN MARCHA UN NOVO MINICAMPAMENTO PARA OS MÁIS NOVOS

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro dirixido aos máis mozos facilitándolles opcións no seu tempo libre e sempre suxeito o seu desenvolvemento as normativas vixentes en materia hixiénico sanitaria e de prevención fronte á covid-19.

Dende este pasado  luns ata o día 10 de agosto desenvolverase o "Obradoiro cómic", organizado pola concellería de Xuventude, no que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas deste tipo de ilustracións, podendo escoller entre manga, cartoons ou superheroes.

Dende o goberno de Gondomar faise un esforzo por organizar este tipo de pequenos campamentos adaptados a nova normalidade que estamos a vivir, para atender as demandas da mocidade e ao mesmo tempo facilitar, na medida do posible, a conciliación familiar nestes días de verán.TALLER DE COMICS 1 - copia.jpg