^ Ir arriba

novas

Wednesday, 12 August 2020 14:52

Gondomar súmase á celebración do Día Mundial da Mocidade

Recoñecer o labor dos mozos e o seu compromiso coa nosa sociedade é unha das ideas que o goberno local quere lembrar este mércores, 12 de agosto, xornada na que se celebra o Día Internacional da Mocidade, e con tal motivo entregaranse aos mozos/as que acudiron á oficina da OMIX unha chapa reivindicativa. 

 ​“Aquí está a mocidade de Gondomar”, é o lema que luce nestas chapas coas que se quere celebrar esta xornada, institucionalizada pola Asemblea Xeral das NaciónsUnidas en 1999,  e coa que se subliña cada ano o papel fundamental dos mozos nos procesos de cambio, así como a necesidade de darlles voz e de fomentar as súas acciónse iniciativas.

​Unha idea que o goberno de Gondomar ten moi clara e que vén defendendodesde a concellería de Xuventude a través da organización diferentes iniciativas aolongo do ano. Con elas búscase a implicación directa e indirecta das novas xeracións“que teñen moito que achegar e ideas que podemos ter en conta como elementos xeradores de cambio”, afirma o rexedor Paco Ferreira, quen lembra que ou 14% da poboación do concello ten entre os 15 e 30 anos, segundo os datos do INE do ano 2019.

 dia mundial juventud 1.jpg