^ Ir arriba

novas

Friday, 07 August 2020 18:34

NOVA CITA COA CULTURA EN GONDOMAR

Todo preparado xa para gozar dunha nova fin de semana en Gondomar de espectáculos de música, teatro e cine. O programa “Cultura de verán” encherá de novo a Praza da Paradela de música e teatro. Este venres a partir das 22.00 horas podermos bailar ao son dos temas de rock do grupo local “The Riggos”, e o sábado, día 8, turno para o teatro familiar coa representación da obra “Running” na Praza da Paradela ás 22.00 horas.

A cita semanal co “Cinema na Rúa” traslada este domingo 09 de agosto a pantalla ata San Roque (Morgadáns) onde grandes e pequenos poderán gozar da película de animación “El parque mágico” a partir das 22.00 horas.

Todos os espectáculos desenvólvense garantindo as distancias interpersonales necesarias e as medidias hixiénico-sanitarias esixidas polas autoridades sanitarias como medida de prevención de posibles contaxios da covid19.

Non faltedes, esperámosvos!!

117198423_2612006882395191_9062933431595241419_o.jpg