^ Ir arriba

novas

Monday, 27 July 2020 12:44

VIOLENCIA ZERO. MULLERES EN ACCIÓN VOLTA A GONDOMAR

 A Praza Paradela acollerá este mércores 29 de xullo unha nova acción do programa que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo nos cinco anos baixo o título "Mulleres en acción: violencia zero".
 
O mércores a partir das 12.00 poderemos asistir a "acción" da artista Zeltia que, entre outros obxectivos, visibiliza á a muller como símbolo de saúde, defensora da vida. Muller loitadora e valente. Unha acción na que busca "facer rexurdir a figura da muller a través da música e dos elementos ambientais nun símbolo de cambio".
 
Mulleres en Acción. Violencia zero é un proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra co que, no espacio público e a través de accións artísticas, se reivindica a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e unir forzas para acabar con ela.
 
116434205_2603755193220360_5700498578878533067_o.jpg