^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Un total de 33 postos de venta ambulante reanudaron este martes o mercadillo semanalde Gondomar que ademáis de cambiar a súa data de celebración dos sábados aosmartes, estreou o que será a súa nueva ubicación: a explanada das Cercas. Esta nova etapa foi consensuada coas asociacións de comerciantes implicadas e permitirá minimizar os riscos de contaxio da covid19.

 

As Cercas facilita unha maior extensión de terreo que permite que a colocación dos postos e a circulación dos usuarios sexa máis segura, o crearse un circuito no que se garante o distanciamento social, á vez que se respetan o resto de medidas hixiénicosanitarias como o uso das máscaras o do xel nos postos.

 

A nova ubicación permitirá ademáis celebrar a feira semanal sen eliminar ningunha praza de aparcamento, tal e como si ocurría na Praza de Rosalía, espazo no que celebrouse durante os últimos anos.

 

A contorna dotouse ademáis de sete colectores de recollida de lixo para facilitar o depósito dos residuos que se podan xerar e manter a explanada limpa, seguindo así a filosofía do goberno de dotar dos medios necesarios para que Gondomar sexa un municipio referente en limpeza e sostenibilidade.

mercadillo 2.jpg

 A Praza Paradela acollerá este mércores 29 de xullo unha nova acción do programa que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo nos cinco anos baixo o título "Mulleres en acción: violencia zero".
 
O mércores a partir das 12.00 poderemos asistir a "acción" da artista Zeltia que, entre outros obxectivos, visibiliza á a muller como símbolo de saúde, defensora da vida. Muller loitadora e valente. Unha acción na que busca "facer rexurdir a figura da muller a través da música e dos elementos ambientais nun símbolo de cambio".
 
Mulleres en Acción. Violencia zero é un proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra co que, no espacio público e a través de accións artísticas, se reivindica a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e unir forzas para acabar con ela.
 
116434205_2603755193220360_5700498578878533067_o.jpg

O goberno de Gondomar segue a traballar para ofrecer novas e diferentes actividades a veciñanza nos meses de verán, sempre adaptadas as novas normas hixiénico sanitarias que exixe a nova normalidade que estamos a vivir.

Dende a concellería de Deportes convidannos a todos e todas a participar nos cursos gratuitos de ZUMBA e GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas) que vanse desenvolver todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

As clases de Zumba impartiránse todos os martes, a partir de mañá día 14 de xullo, entre as 21.00 e as 22.00 horas nas pistas de baloncesto de As Cercas. Abertas a todas as idades, só tedes que acercarvos e facer deporte ao ritmo da música.

As sesións de GAP terán lugar todos os xoves, a partir do 16 de xullo, entre as 21.00 e 22.00 horas no mesmo esceario: as pistas de baloncesto de As Cercas. Non deixedes de vir y participar!!

Lembrade!! Todos os martes e xoves deste verán vinde a facer deporte connosco!!

 

gap copia.jpg

Nestes momentos nos que estamos a adaptarnos a "nova normalidade" imposta pola covid19 no concello Gondomar seguimos a traballar para facilitar a conciliación familiar.

Dende a Concellería de Xuventude desenvolveránse dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

Do 27 ao 31 de xullo realizaremos un CAMPUS TECNOLÓXICO. Nel iniciaranse na robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.

Do 3 ao 10 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase un Obradoiro de Comic, dirixido a rapaces de entre 9 e 17 anos podendo elexir o seu estilo favorito: Manga, Cartoon ou Superheroes.

Os interesados poderán inscribirse entre o 13 e 23 de xullo cubrindo os anexos que se poden pedir na OMIX (Casa da Cultura) e presentándolos xunto a fotocopia DNI ou libro de Familia e volante de empadroamento no rexistro xeral do Concello de Gondomar.

 

obradoiro comic.jpg obradoiro campus tecnolóxico.jpg

DJI_0137.jpg

Os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Municipal entre os días 15 de xullo e 15 de agosto.

 A concellería de Benestar Social do concello abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Darase prioridade á conciliación laboral dos pais traballadores e que precisen o servizo de comedor de luns a venres ou como mínimo tres días a semana, tendopreferencia os alumnos do concello de Gondomar.

Máis información no servizo de Benestar Social no teléfono 986 360168 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

CAMBIO PUNTOS DE LUZ LED.jpg

​O goberno local traballa na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñasen todas as parroquias nas que continúa substituíndo o uso de lámpadas con elementos halóxenos por leds nunha clara aposta pola eficiencia enerxética.

 A última actuación desenvolveuse entre os puntos de luz situados na estrada desde Areíña, na parroquia de Vilaza, ata o centro urbano. En total ata o momento substituíronse máis de 150, un traballo que “seguiremos desenvolvendo en todas asparroquias ata chegar a cada esquina do termo municipal”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

​Lembrou que estas actuacións enmárcanse nas políticas do goberno que apostan de forma decidida pola eficiencia enerxética. Os cambios realizados ata o momento permitirán un aforro no consumo eléctrico do alumeado público de ata un 70 %.

​Ademais desta última actuación xa se substituíron por led os puntos de iluminación pública en distintos puntos das parroquias de Vincios, Mañufe ouMorgadáns.

Cartel MINICAMPAMENTO COEDUCACIÓN.jpg

 

“Cocreando en Igualdade” é o título baixo o que se desenvolverán estas actividades que se dirixen a nenos/as de entre 6 e 12 anos co fin de sensibilizalos ante cuestións tan actuais como é a igualdade de xénero. 

 O alcalde, Paco Ferreira, explica que “a pandemia nos ha obrigado a adaptarnos a unha nova realidade respectando normas hixiénico-sanitarias e de seguridade social, pero desde o primeiro momento traballamos para buscar opcións educativas e lúdicas para os máis cativos das casas facilitando con elas a conciliación de familias cuxos paise nais traballan”.

 Con este fin desenvolveranse durante o mes de agosto dous campamentos baixoo lema “Cocreando en Igualdade”, organizados pola concellería de Igualdade e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra. Entre os seus obxectivos, “alentar o pensamento crítico en nenos e nenas, facéndose cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”. 

 Os interesados en participar poderán inscribirse entre o 13 e 28 de xulloretirando as solicitudes no Rexistro Municipal ou en Centro da Información dá  Muller(CIM) do  concello de Gondomar. 

 En total desenvolveranse dous minicampamentos cun total de 15 participantes en cada un deles. O primeiro terá lugar entre o 3 e o 17 de agosto, e o segundo celebraraseentre os días 18 e 31 de agosto. Poderán participar nenos e nenas de idadescomprendidas entre os 6 e 12 anos. 

 Debido á situación actual de posibles contaxios da covid19 elaborouse un protocolo específico de medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán durante o desenvolvemento das actividades.

YESTERDAY GALLEGO.jpg

A cita co cine prevista no programa de verán para este domingo 12 de xullo (22.30 horas) naPraza Paradela SUSPÉNDESE e aprázase a proxección da película "Yesterday".

 

Esta actividade inclúese no programa "Cinema na rúa"que durante os meses de xullo e agostolevará cada domingo o cine ás parroquias do municipio, 

achegando ao público familiar títulos como “Ralph rompe internet”, “Aladdín”, “Mascotas 2” o “El regreso de Mary Poppins”.

centro salud reforma 1 (1).jpgcentro salud reforma 3 (1).jpg

O edificio, de titularidade municipal, tras o cesamento da actividade sanitaria rehabilitarase e acondicionarase para albergar no seu interior usos administrativos.

 Danse os primeiros pasos nos traballos de reforma e acondicionamento do antigo centro de saúde para poñer en marcha, en canto sexa posible, a reestruturación dos departamentos do concello de Gondomar anunciados no seu momento polo rexedor, Paco Ferreira. 

Tal e como adiantou no seu día o alcalde, cando se procedeu ao traslado do centro de saúde ás súas actuais dependencias en As ánimas, iniciará a súa rehabilitación e adaptación de espazos para trasladar a el diferentes departamentos que se situarán nun mesmo lugar “para facilitar aos cidadáns a súa xestión diaria cando se achegan ao consistorio”.

Inicialmente está previsto que os departamentos de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda se trasladen á planta primeira do edificio, mentres que a inferior será utilizada polo Servizo de Benestar Social e a Concellería de Igualdade, actualmente na Casa da Cultura.

A nova configuración proposta polo goberno busca adaptar as dependencias municipais á normativa de accesibilidade vixente así como a eliminación de barreiras arquitectónicas existentes que impeden un uso axeitado e cómodo para todos os usuarios.

É o caso das dependencias de Servicios Sociais e Igualdade cuxos accesos estreitos e con escalóns dificultan que se poda entrar cunha cadeira de rodas, situación similar que se rexistra en Urbanismo, onde unha escaleira de caracol interior para acceder a algún departamento, convírtese nun obstáculo importante para personas coa movilidade reducida.

Precisamente no procesos de adaptación ás normas de accesibilidade vixentes contémplase tamén nun futuro un novo emprazamento do actual Rexistro Xeral, sito na planta baixa do consistorio, para poner fin ás dificultades que teñen moitos veciños/as á hora de acceder ao concello polas escaleiras de entrada, ante a imposibilidade de construír unha rampla adaptada. 

recepción operarios 7.jpg

O alcalde, Paco Ferreira, fai fincapé na necesidade de adoptar as medidas necesarias para xerar emprego no municipio “facilitando o acceso a un traballo a aquelas persoas que máis o precisan”.

 O concello de Gondomar a través de diversas subvencións apostou pola xeración de emprego “porque vivimos momentos difíciles neste sentido”. Desta forma, dependendo do caso, 18 persoas incorpóranse ao persoal durante seis ou nove meses ocupando diferentes funcións, segundo as necesidades.

Nesta ocasión, a través de diferentes subvencións, contratáronse 11 peóns de obra pública, dous auxiliares administrativas, 1 padeeiro, e un tractorista. Tamén se sumará unha técnica para a área de turismo, unha enxeñeira forestal, e unha  mestra  composteira. Esta última traballadora, contratada no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial, inicialmente ten un contrato por un ano. 

Página 37 de 98

Rss