O goberno de Gondomar segue a traballar para ofrecer novas e diferentes actividades a veciñanza nos meses de verán, sempre adaptadas as novas normas hixiénico sanitarias que exixe a nova normalidade que estamos a vivir.
Dende a concellería de Deportes convidannos a todos e todas a participar nos cursos gratuitos de ZUMBA e GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas) que vanse desenvolver todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.
As clases de Zumba impartiránse todos os martes, a partir de mañá día 14 de xullo, entre as 21.00 e as 22.00 horas nas pistas de baloncesto de As Cercas. Abertas a todas as idades, só tedes que acercarvos e facer deporte ao ritmo da música.
As sesións de GAP terán lugar todos os xoves, a partir do 16 de xullo, entre as 21.00 e 22.00 horas no mesmo esceario: as pistas de baloncesto de As Cercas. Non deixedes de vir y participar!!
Lembrade!! Todos os martes e xoves deste verán vinde a facer deporte connosco!!