O goberno local traballa na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñasen todas as parroquias nas que continúa substituíndo o uso de lámpadas con elementos halóxenos por leds nunha clara aposta pola eficiencia enerxética.
A última actuación desenvolveuse entre os puntos de luz situados na estrada desde Areíña, na parroquia de Vilaza, ata o centro urbano. En total ata o momento substituíronse máis de 150, un traballo que “seguiremos desenvolvendo en todas asparroquias ata chegar a cada esquina do termo municipal”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.
Lembrou que estas actuacións enmárcanse nas políticas do goberno que apostan de forma decidida pola eficiencia enerxética. Os cambios realizados ata o momento permitirán un aforro no consumo eléctrico do alumeado público de ata un 70 %.
Ademais desta última actuación xa se substituíron por led os puntos de iluminación pública en distintos puntos das parroquias de Vincios, Mañufe ouMorgadáns.