A Concellaría de Igualdade do Concello de Gondomar recorda que o día 29 de setembro finaliza o prazo de inscrición para os cursos gratuitos de formación online dirixidos a mulleres empadroadas no municipio e que o Centro de Información da Muller (CIM) leva organizando os últimos seis años. Os cursos ofertados este año, de 85 horas de duración, abarcan as áreas de informática, xestión contable, uso profesional de redes sociais, protección de datos e prevención de riscos laborais, educación para a igualdade de oportunidades e inglés intermedio.
As interesadas deben inscribirse no Centro de Información da Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 389 355 ou mediante os correos electrónicos Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Con este tipo de formación buscase dala oportunidade de seguir apostando pola formación das mulleres cun horario flexible que concilie a vida laboral e persnal.
O Club Flic Flac de ximnasia acrobática de Vigo abre este ano escola en Gondomar co fin de formar a novos deportistas nunha disciplina que ten á gondomareña Desiré Vila, como referente internacional a participar este verano no Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática celebrado en París.
O Club Flic Flac, con once anos de vida e máis de 200 alumnos, abre por primeira vez escola fora das inmediacións de Vigo có fin de dar a coñecer esta modalidade e dala oportunidade a deportistas internacionais de crear o seu propio grupo de traballo.
As clases comenzarán a partir do mes de outubro no IES Auga da Laxe, nas inmediacións del pavillón municipal, os mércoles de 18 horas a 20 horas. Están dirixidas a alumnos e alumnas a partir dos 5 anos de idade e os e as interesadas poden asistir a unha clase de proba sen ningún tipo de compromiso. Máis información na páxina web oficial do clube www.clubflicflac.com o no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
O Clube de Tiro con Arco "Serra de Gondomar", creado este ano 2014, coronou os primeros postos o pasado domingo na 1º Xornada da Liga Galega Recorridos de Bosque 3D celebrada na praia de A Lanzada. O arqueiro Rubén Rodríguez Alleres conseguiu o primeiro posto dentro da categoría menores de 14 anos sen visor e Marco Melón González fíxose co segundo premio dentro da categoría senior arco desnudo. Pola súa parte, Israel Martínez Rodríguez, na mesma categoría senior arco desnudo, alcanzou un quinto posto, posición destacable en palabras do clube, ao ser a súa primeira participación nun campeonato de este tipo.
"Serra de Gondomar" celebra así os bos resultados do clube e anima, xunto a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, a participar nas escolas deportivas que o Concello organiza xunto coa Deputación de Pontevedra para o curso 2014/2015 e que ofrecen, entre outras actividades, clases de tiro con arco.
O Pleno terá lugar o vindeiro xoves 18 de setembro
O prazo de matrícula abre o vindeiro luns, 15 de setembro
As persoas interesadas poderán inscribirse, durante a segunda quincena de setembro, no Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas
Os cursos serán gratuítos, terán unha duración de entre 60 e 85 horas e haberá un total de 75 prazas
O Gondomar C.F. enfrontarase ao Celta de Vigo, con motivo da celebración do seu centenario
O encontro será o 26 de agosto, ás 19.30 horas
A Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), organiza para os días 14, 15, 16 e 17 de agosto a segunda edición de Las Tapas del Conde
Dezaseis establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar
Unha brigada do Concello comezou os traballos de valado e sinalización de zonas de recollida de residuos en distintos punto do municipio
Por outra parte, a xefatura da Policía Local de Gondomar emitiu un informe para a apertura dun expediente sancionador contra un veciño de A Ramallosa polo abandono de residuos non asimilables a domésticos fóra dos colectores
Desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar infórmase de que o pasado día 5 a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar o tícket eléctrico social. Esta medida ten por obxectivo reducir o custo da factura para aquelas familias galegas con menos recursos. Deste xeito, este tícket está dirixido ás familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Os beneficiarios poderán solicitar o tícket ata o vindeiro 5 de novembro
Para máis información e presentación de solicitudes dirixirse ao Departamento de Benestar Social do Concello, sito na Casa da Cultura.