^ Ir arriba

novas

Venres, 26 Setembro 2014 10:35

Ximnasia acrobática en Gondomar a cargo de deportistas internacionais

O Club Flic Flac de ximnasia acrobática de Vigo abre este ano escola en Gondomar co fin de formar a novos deportistas nunha disciplina que ten á gondomareña Desiré Vila, como referente internacional a participar este verano no Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática celebrado en París.
O Club Flic Flac, con once anos de vida e máis de 200 alumnos, abre por primeira vez escola fora das inmediacións de Vigo có fin de dar a coñecer esta modalidade e dala oportunidade a deportistas internacionais de crear o seu propio grupo de traballo.
As clases comenzarán a partir do mes de outubro no IES Auga da Laxe, nas inmediacións del pavillón municipal, os mércoles de 18 horas a 20 horas. Están dirixidas a alumnos e alumnas a partir dos 5 anos de idade e os e as interesadas poden asistir a unha clase de proba sen ningún tipo de compromiso. Máis información na páxina web oficial do clube www.clubflicflac.com o no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.