^ Ir arriba

novas

Xoves, 14 Agosto 2014 12:00

Gondomar celebra a II edición de Las Tapas del Conde

A Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), organiza para os días 14, 15, 16 e 17 de agosto a segunda edición de Las Tapas del Conde

Dezaseis establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar

Las Tapas del Conde Díptico1Gondomar acollerá, os días 14, 15, 16 e 17 de agosto, a segunda edición de Las tapas del Conde; catro xornadas gastronómicas organizadas pola Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI).

Durante as catro xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas: pincho mariñeiro, alitas de polo 'al ajillo', polbo con gambas, entre outras; en dezaseis establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.

A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde de Gondomar. Entre os participantes para recoñecer a mellor tapa deste 2014 sortearase un xamón ibérico Devesa de Extremadura, un lacón Ibérico Devesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza+ 3 botellas Alberdi Crianza).