O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia.
Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.
Por ano, os importes foron:
2009 | 11.400€ |
2010 | 9.659€ |
2011 | 10.270€ |
2012 | 4.900€ |
2013 | 2.700€ |
O Concello de Gondomar continúa co importante labor da optimización das subministracións municipais. Recordar que no ano 2013 tamén se reduciu a facturación eléctrica nun 20%.
O prazo remata o 28 de maio, ás 20.00 horas
As inscricións desde Xuvenís ata Veteráns realizaranse a través da web www.atletismogalego.org. Nas categorías menores farase a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
As solicitudes poderán presentarse ata o 16 de xuño preferentemente
O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ignacio Troncoso, organiza tres actos para conmemorar o Día das Letras Galegas.
O venres 16, ás 22.00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a compañía Teatro do Noroeste representará a obra A tixola polo mango. O prezo da entrada será de 3'50 €.
A celebración continúa o domingo 18 co Encontro Folk Facendo Amigos, organizado polo Centro Cultural de Chaín en colaboración coa Concellaría de Cultura. O certame congregará 6 grupos folclóricos da bisbarra (3 procedentes de Gondomar e 3 chegados de Nigrán e Baiona).
Os grupos percorrerán as principais rúas da zona urbana de Gondomar saíndo dous delas da Avenida do Conde, outras dúas da rúa Elduayen e as restantes de Eduardo Iglesias. Ás 11.30 horas reuniranse no Concello para partir, ás 12.00 horas, cara a distintos puntos da vila condal. En concreto, os grupos tocarán na rúa Ánimas, a Praza Rosalía de Castro e na Praza Escolas Vellas (Centro de Saúde).
Pecha a programación o concerto Un paso (sempre) adiante dos músicos Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro, con varias pezas do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, e outras de autores como Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Celso E. Ferreiro, X. M. Álvarez Blázquez e Rosalía de Castro.
Este concerto, regalo da Editorial Galaxia á Concellaría, estará acompañado por un recital, con poemas de Díaz Castro, no que participarán representantes de diversas entidades culturais do municipio.
O acto, que terá lugar na tarde do domingo no Auditorio Lois Tobío, será conducido por Marta Dacosta.
A inscrición realizarase do 13 ao 26 de maio e deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar
Terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal de As Cercas durante o mes de xullo
A inscrición xa está aberta ata que se cubran todas as prazas
O prazo de inscrición abrirase o próximo luns 12 e estará aberto ata o 31 de maio
Está dirixido a mozos/as de entre 12 e 17 anos e desenvolverase do 1 ao 18 de xullo
A figura de Barriga Verde centrará as propostas da Asociación Morreu o Demo: por unha banda, o espectáculo Barriga Verde, con execución da compañía Viravolta Títeres; e por outra, o documental Morreu o Demo. Acabouse a peseta
Ademais, tamén contará cunha presenza constante ao longo do festival coa exposición Onde foi Barriga Verde? no Auditorio Lois Tobío, aberta ao público e ás visitas escolares