O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Xuventude, vai por en marcha, por segundo ano consecutivo, un campamento de inmersión lingüística para mozos/as de entre 12 e 17 anos.
Hi!! Gondomar Camp é un campamento de lecer e tempo libre en inglés para a mocidade preferentemente do Concello de Gondomar, cun dobre obxectivo. Por unha banda, mellorar o uso dun idioma distinto ao propio, sendo este un dos piares fundamentais dos sistemas educativos actuais; mentres que por outra parte, busca ofrecer un espazo de ocio educativo, cultural e creativo no que os mozos e mozas deste Concello ocupen o seu tempo de lecer de vacacións, contribuíndo así de forma esencial a formación integral da mocidade de Gondomar.
O campamento, que se desenvolverá do 1 ao 18 de xullo, está deseñado cunha serie de actividades atractivas tanto na súa realización individual como na posta en escena dun conxunto, dándolle un enfoque relacionado co mundo do cine onde eles mesmos serán directores, guionistas, cámaras, actores principais, presentadores, entrevistadores, deseñadores, etc.
Este campamento integrarase en tres eixos en torno aos cales xirarán todas as actividades que se realizarán:
- O idioma ( inglés), dende o inicio deste campamento se falará exclusivamente en inglés os monitores serán ou bilingües ou nativos,
- a tv,
- as novas tecnoloxías.
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 12 de maio e permanecerá aberto ata o 31 de maio. Para calquera dúbida os/as interesados/as poderán dirixirse á OMIX do concello no teléfono 986.369.746 ou ben consultar as bases e descargar a solicitude no seguinte enlace