O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia.
Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.
Por ano, os importes foron:
2009 | 11.400€ |
2010 | 9.659€ |
2011 | 10.270€ |
2012 | 4.900€ |
2013 | 2.700€ |
O Concello de Gondomar continúa co importante labor da optimización das subministracións municipais. Recordar que no ano 2013 tamén se reduciu a facturación eléctrica nun 20%.