^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O alumnado e persoal do Conservatorio Municipal de Gondomar non descansou durante este tempo de confinamento e desde os seus domicilios gravaron un vídeo co que agradecer agradecer o esforzo que, non só eles e elas, se non todos os veciños do municipio, están a realizar durante o estado de alarma sanitaria que vive o país.

A pesar de que a asistencia a clase suspendeuse o pasado 14 de marzo, tras a publicación do decreto nacional que obrigaba a permanecer en casa, desde a institución municipio expúxose desde o primeiro momento un plan de traballo dinámico e diversificado que garantise que os alumnos poderían seguir avanzando na súa aprendizaxe das distintas materias, á vez que se divertían.

Así dirección e profesorado durante estas semanas impartiron clases a través de videoconferencias e organizando teleconciertos, retos e a gravación colectiva de vídeos dos alumnos cantado, buscando en todo momento que a súa formación académica continuase á vez que se garantían intres de diversión e entretemento.

Froito deste esforzo e traballo lanzaron nas redes sociais do concello o seu primeiro traballo gravado desde as casas, na que animan á poboación para permanecer nelas ao ritmo do tema “ Take me Home” de John Denver.

Os libros, as súas historias e páxinas convertíronse en grandes aliados de moitos e moitas durante o tempo de confinamento. Por iso dende a “Aula de teatro de Gondomar” súmanse á celebración do Día do Libro cun traballo feito por parte das súas integrantes baixo a dirección de Lola Correa, lembrando a importancia da lectura e lendo un pequeno parágrafo de diferentes obras que nos recomendan nun vídeo grabado para a ocasión. Fannos un agasallo dun libro virtual neste día coa mensaxe de que pronto podamos saír de novo para adquirilos nas librerías e gozar das representacións teatrais en directo. Feliz día do libro!

 

 

Aínda que o punto limpo de Gondomar permanece pechado por mor da alerta sanitaria decretada polo Goberno de España o pasado mes de marzo, lembramos á veciñanza que o seu servizo de recollida a domicilio segue funcionando.

Os interesados en que lles retiren trastos, voluminosos, enseres, etc deben chamar ao teléfono gratuito 900 107 382 de luns a venres en horario de 09.00 a 13.00 horas, polas mañás e de 16.00 ás 18.00 horas, en horario de tarde.

Daráselles unha data para a recollida de ditos residuos que, deberán estar perfectamente clasificados e que, en ningún caso, poderán exceder as cantidades máximas establecidas por habitantes, tal e como estipula o reglamento (https://concellodegondomar.gal/es/punto-limpo)

 

Folleto ecogondomar.jpg

Mércores, 22 Abril 2020 19:58

Gondomar solidario e comprometido

A colaboración da veciñanza de Gondomar está a ser fundamental na loita contra o avance do COVID19 cumprindo co confinamento e permanecendo nas súas casas dende o pasado día 14 de marzo, cando entrou en vigor o decreto de alerta sanitaria. Pero a colaboración vai en moitos casos máis alá como é o caso do noso veciño Suso que está a traballar de forma incansable na construcción de pantallas para facilitar a aqueles sectores que as precisen. Hoxe entregou unha partida o concello, que colaborou coa a aportación do material para a súa confección. O seu esforzo , como de outros moitos que están todos días na primera liña, agradecerémolo sempre.

 

entrega pantallas construidas vecino.jpg

Esta nova ferramenta, xestionada e financiada ao cento por cento polo concello, permitirá ao sector hostaleiro xestionar as súas vendas de maneira online e prestar un servizo a domicilio dos seus produtos, que se implantará paulatinamente a todo o comercio local que queira acollerse ao mesmo de maneira totalmente gratuíta.

O goberno local poñerá en marcha este servizo durante o estado de alarma e despois do mesmo ata que volva a normalidade, non descartando a súa implantación de maneira indefinida de ter demanda e así incentivar as compras no municipio e potenciar o pequeno comercio local.

O próximo día 03 de maio, coincidindo coa celebración do Día da Nai, servizo que comezaría a funcionar esta plataforma facilitando aos locais de restauración ou hostalería que permanecen pechados publicitar os seus menús, ofertas e ofrecer o seu servizo a domicilio aos clientes que o precisen. Os pedidos faranse previamente e abonaranse directamente a través da plataforma.

Así esta iniciativa foi anunciada polo alcalde, Paco Ferreira, despois de ser analizada e consensuada con representantes e asociacións do sector hostaleiro (OVALMI, a Asociación de Placeiros de Gondomar) ás que se sumou a Asociación de Empresarios do polígono da Pasaxe) cos que se mantivo un contacto diario para coñecer cales son as súas principais demandas e retos, unha vez que se levante o estado de alerta sanitaria e póidase regresar á actividade.

Neste sentido o alcalde, subliñou que “como administración temos que estar aí e axudar en todo o que podamos, é o momento de reinventarnos ante unha nova realidade que se nos presenta. Lembrando que este sector, como outros, enfróntanse a un período de incerteza porque aínda non teñen claro como nin cando poderán abrir é preciso non quedarnos atrás e promover iniciativas que faciliten un regreso progresivo á actividade e minimice os prexuízos que a nosa hostalería sufrirá”.

O alcalde tamén adiantou que os restaurante, bares e cafeterías este ano quedarán exentos do pago da taxa de terrazas, e que os servizos municipais están a estudar a posibilidade de aplicar esta medida noutros impostos que lles afecten directamente, co fin de paliar e axudar no posible as perdas que este ano sufrirán os negocios de Gondomar.

  

Nos próximos días manteranse contactos con outros sectores do municipio, como o do comercio, aos que se podería estender o uso desta nova ferramenta de venda online, e outras medidas de axuda sen descartar que “a longo prazo se poida abrir a todos aqueles que estivesen interesados en sumarse a ela converténdose nun servizo máis para potenciar e facilitar as vendas a domicilio nunha era onde non podemos deixar de reinventarnos e ir coas novas tecnoloxías”, concluíu Paco Ferreira.

comercio de Gondomar.jpg

 

Martes, 21 Abril 2020 16:50

Qué libros marcaron a túa vida?

Cóntanos a túa experiencia coa lectura o todo sobre eses libros que influíron na túa vida. 

Envíanos esas experiencias a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e o difundiremos a través do Instagram da OMIX.

 

da man de quen comenzaches a ler__.jpg

As redes sociais do concello de Gondomar quérense converter esta semana no fío condutor da celebración do Día do Libro a través dunha iniciativa, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coa Biblioteca Municipal do municipio, na que se convida a participar a todos os cidadáns a sumarse á celebración desta data recomendando as súas lecturas favoritas.

O obxectivo é crear unha cadea de libros e títulos a través das redes contestando a dúas preguntas sinxelas: grazas a quen empezaron a ler e que libros lembran como os máis especiais. Desta maneira búscase espertar o interese pola lectura, achegando desde o concello o seu gran de area ao sector editorial e promovendo o apoio ao mundo da literatura, un gran aliado, sen dúbida, no período de confinamento das persoas nas súas vivendas durante o estado de alerta sanitaria.

Os interesados en participar poderán facelo a través da conta de Instagram da OMIX ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. recomendando tres libros e agradecendo á persoa que lles abriu as portas ao mundo da lectura.

Todas as mensaxes serán subidas de forma anónima creando unha cadea de títulos cos que recoñecer, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a importancia da lectura e todo o que reporta a quen se achega a ela.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en marcha nos últimos días unha serie de videoconferencias con diferentes Asociacións empresariais e de comerciantes do municipio. O obxectivo destes encontros virtuais é coñecer de primeira man as necesidades destes profesionais e traballar conxuntamente na procura de iniciativas innovadoras que lles permitan voltar a normalidade canto antes, e facilitando as ferramentas e medios que estén ao alcance da administración para que os perxuizo do peche obrigado polo estado de alarma que estamos a vivir, sexa o menor posible.

 

WhatsApp Image 2020-04-21 at 21.14.15.jpeg

Martes, 21 Abril 2020 10:44

Nova pasarela sobre o río Zamáns

Pouco a pouco iremos voltando a normalidade e nese proceso, e pese aos tempos difíciles que estamos a vivir, se segue a traballar no proceso transformador de Gondomar, con obras como as realizadas na nova pasarela sobre o río Zamáns que se marcan como obxectivo facer a nosa localidade máis transversal, eaccesible e convertila nun concello de referencia.

 

pasarelam1.jpg

pasarela 2.jpg

Esta semana arrancarán os cursos de formación on-line que o Centro de Información da Muller (CIM) do concello de Gondomar desenvolverá , financiados a través da Secretaría Xeral de Igualade e con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos.

Ao longo desta semana comenzarán a impartirse os dous primeiros cursos, concretamente, monitor/a de comedor escolar e monitor/a de transporte escolar.

Lembrade que esta é a derradeira semana na que se admitirán solicitudes para participar nalgún dos restantes cursos que se van impartir e para os que aínda queda alguna praza para completar (educación para a igualdade, prevención de riscos en actividades tempo libre, hixiene e manipulación de alimentos, e, técnicas de comunicación con persoas dependentes)

 

Cartel 1.jpg

Página 43 de 98

Rss