^ Ir arriba

novas

Martes, 21 Abril 2020 10:45

Encontros virtuais con sectores estratéxicos de Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en marcha nos últimos días unha serie de videoconferencias con diferentes Asociacións empresariais e de comerciantes do municipio. O obxectivo destes encontros virtuais é coñecer de primeira man as necesidades destes profesionais e traballar conxuntamente na procura de iniciativas innovadoras que lles permitan voltar a normalidade canto antes, e facilitando as ferramentas e medios que estén ao alcance da administración para que os perxuizo do peche obrigado polo estado de alarma que estamos a vivir, sexa o menor posible.

 

WhatsApp Image 2020-04-21 at 21.14.15.jpeg