^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, presidiu a primeira mesa local do comercio celebrada tralas pasadas eleccións municipais. Nela abordáronse diferentes cuestións relacionadas co sector, entre elas, a intención de trasladar a celebración do mercadillo semanal aos martes.  

A edil responsable da área, Rocío Goberna, explicou que a medida entrará en vigor antes do verán e que é froito de varios meses de traballo e consenso cos representantes da Asociación Galega de Vendedores Ambulantes, comerciantes e placeiros. Co cambio da celebración de sábado a martes búscase promover o máximo número de asistentes, á vez de garantir que a montaxe e disposición dos postos non afecte ao aparcamento da Praza Rosalía, onde ata o de agora viña situándose.

Ademais do día de celebración o mercadillo cambia de lugar e ocupará a contorna da Praza de abastos, xunto ao río Zamáns, no que de momento se rexistraron un total de 24 postos, 19 máis que os que asistían ata o de agora as fins de semana.

Desde o departamento de Comercio advirten de que tamén está previsto un endurecemento no control das obrigacións dos comerciantes por parte das autoridades, que esixirán a documentación e que estean ao día no pago das taxas. 

A mesa local de comercio que na súa orde do día tamén abordou outras cuestións como as melloras interiores que se pretenden acometer na Praza de Abastos, as restricións no aparcamento situado na parte traseira, ou, a celebración de diferentes eventos do comercio como a Feira  Portobelo ou o Rastrillo de Primavera. 

 

MESA LOCAL COMERCIO 1.jpg

O alcalde do municipio, Paco Ferreira, trasladou esta idea á Directora Xeral de Administración Local, e presidenta da Comisión Heráldica de Galicia, Marta Fernández Tapias, na súa primeira visita institucional a Gondomar.

Paco Ferreira expuxo a intención do seu goberno de poñer en marcha o proceso que permita dotar deste símbolo ao municipio, sintetizando nel “as características que nos definen como sociedade, como pobo, tanto xeográficas como históricas, tal e como se fixo no seu día co noso escudo”. 

Unha idea que aplaudiu a responsable do goberno autonómico que como presidenta da Comisión Heráldica de Galicia comprometeuse a facilitar e iniciar os trámites necesarios para dotar a Gondomar dunha bandeira canto antes, traballo que explicou será máis sinxelo porque se traballará xa sobre o propio escudo do municipio.

O alcalde anunciou que formalizará a petición en breve. Unha vez superado este paso, expertos da Comisión  Heráldica trasladaranse ao concello para asesorar e colaborar no deseño da bandeira, elaborando as propostas e memorias  heráldicas necesarias que deberá aprobar o pleno da corporación por maioría absoluta.

Tras a exposición pública e resolución de alegacións, remitiranse á Comisión  Heráldica de Galicia para que emita o informe, preceptivo e vinculante, que se elevará ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Ademais, nesta primeira visita institucional o alcalde aproveitou para lembrar a importancia da colaboración entre administracións, demandando a mediación da Directora  Xeral en cuestións como as futuras obras que acometerá a Xunta de Galicia na contorna da Pasaxe. 

“É importante que traballemos da man neste ámbito, tendo en cuenta que practicamente ao mesmo tempo desde o goberno local poñerase en marcha o reparcelamento do polígono e, o obxectivo é optimizar esforzos e ocasionar as menores molestias posibles a veciños e empresarios”, sinalou Paco Ferreira.

Durante a súa visita mostrouse Marta Fernández Tapias o novo vehículo todoterreo da Policía Local de Gondomar, adquirido ao amparo do Fondo de Compensación autonómico e que se destinará a funcións de protección do medio ambiente e do espazo natural. 

foto 17.jpg

 

O Concello de Gondomar, a través do seu departamento de Medioambiente, facilitará a información necesaria aos veciños do municipio que queran sumarse ao Plan de Actuacións de loita contra as enfermidades do castiñeiro no 2020.

Os interesados poderán solicitar o novo modelo para participar no tratamento experimental de distribución de cepas hipovirulentas para combater a enfermidade coñecida como “cancro do castiñiero”.

Ademáis informaráselles sobre que pasos seguir unha vez cumplimentada a documentación, e os organismos aos que dirixirse para que sexan atendidas as solicitudes.  Como en anteriores ocasións, deberán presentarse nas xefaturas territoriais de Medio Rural, servizos provinciais de Montes, oficinas dos distritos forestais ou agrarias comarcais.

 

CANCRO CASTIÑEIRO 2.jpg

Remodelación e acondicionamento das estradas, cunetas e recollidas de pluviales en Guntín e Regadas (parroquia de Borreiros).

83142679_2451783501750864_8142037483769561088_o.jpg

83149579_2451788998416981_8432365899905761280_o.jpg

83030653_2451788988416982_2908656959290867712_o.jpg

83827524_2451783565084191_647199628172722176_o.jpg

83106104_2451783595084188_3856620236530778112_o.jpg

84122079_2451789071750307_5240213392244867072_o.jpg

83073854_2451789065083641_6250791855231860736_o.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, califica de ''necesaria e integradora como exemplo claro da convivencia real e diaria dos dous idiomas, o castelán e o galego, existentes e utilizados no noso municipio e na nosa comunidade autónoma''.

“Os administrados serán atendidos no idioma que soliciten formalmente, aínda que nun primeiro momento a comunicación realícese en galego. Este feito non impedirá en ningún momento poidan cubrirse en castelán ou mesmo facilitar a súa tradución o castelán se así o requiren".

“O concello segue dando pasos por diante de moitos, ao ser dos primeiros en contar cunha ordenanza de normalización lingüística”, concluiu o alcalde.

 

83029740_2451045948491286_2912239262663442432_n.jpg

O concello de Gondomar ven de publicar as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que se busca una vez máis recoñecer "a entrega e dedicación dos nosos/as deportistas, clubes ou institucións deportivas, que en moitísimos casos están a levar o nome do noso municipio ao máis alto e a todos os recunchos do mundo"

Así o manifestou o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto a responsable de Deportes, Nuria Lameiro, desta gala que "xa se convertiu nunha cita ineludible para nós coma para todos/as os/as vecinos/as do noso municipio".

O prazo para presentar as diferentes cantidaturas xa está aberto e finaliza o vindeiro 29 de febreiro. Calquer club, cidadán, institución ou asociación poderá presentar ata tres candidatos/as a una das nove categorías recollidas nas bases.

O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o xurado encargado de seleccionar os ganadores nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de 2020. A V Gala do Deporte terá lugar o próximo 04 de abril, no Pabellón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

Descarga as bases da Gala do Deporte na seguinte ligazón: https://concellodegondomar.gal/…/bases-da-gala-do-deporte-2020

 

82962499_2446322058963675_8424619522660499456_o.jpg82439224_2446322222296992_7798280589299154944_o.jpg

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, ven de publicar un BANDO informando sobre os traballos de xestión de biomasa que se van realizar nas franxas relacionadas co tendido de suministro da rede eléctrica.
Os titulares dos terreos, se o desexan, poderan executar eles estes traballos previamente, e de non ser o caso deberán facilitar as labores a empresa colaborada que os acometer en nome de Unión Fenosa Distribución SA.

Ante calquera dúbida podon dirixirse á empresa a través de calquera destes medios:
Jose Luis Mosquera Souto
Tlf.: 691515286
Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

 

O goberno local, a través da súa concellería de Cultura, contempla un total de 6000 euros para premiar ás comparsas que se decidan a participar este ano no Desfile Concurso do Entroido do municipio, que se celebrará o vindeiro domingo día 23 de febreiro a partir das 16.30 horas cun percorrido a través das principais rúas do centro urbano gondomareño.

Todas as agrupacións interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 09 de febreiro, último día de inscrición, han de estar compostas por un mínimo de 20 persoas e cumprir os requisitos recolleitos nas bases reguladoras, xa publicadas. No caso de que o número supere o límite de participación (15) a concellería resérvase o “dereito de selección final das comparsas que concursarán, sendo as restantes convidadas sen dereito a remuneración ou premio”.
A comparsa gañadora recibirá 900 euros, a segunda 700 euros e, o terceiro clasificado recibirá 500 euros, premiándose ademais con 300 euros a mellor carroza do desfile. Tamén están contempladas 6 axudas de 350 euros para as seguintes clasificadas (de 4ª a 9ª posición) e de 250 euros para as clasificadas entre o décimo e o décimoquinto posto.
O vestiario e maquillaxes elixidos, así como a escenografía e deseño de carrozas serán algúns dos elementos que o xurado – presidido polo alcalde, Paco Ferreira, e composto para a ocasión por representantes do mundo social, artístico e cultural- terá en conta á hora de puntuar as agrupacións participantes, valorándose tamén criterios como que a música sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos.
Igualmente o xurado se reserva a posibilidade de anular a axuda ás comparsas que non cumpran cos requisitos esixidos ou a aquelas que “interfiran co desfile doutras, inciten á xenofobia, á violencia, malos tratos animais ou temáticas que inciten á violencia de xénero”.
O goberno local ultima os detalles da programación do Entroido 2020 que arrincará, como é tradicional, co desfile dos colexios do municipio, nesta ocasión previsto para o venres 21 de febreiro, e prolongarase ata o mércores 26, no que se celebrará o enterro da sardiña coas comparsas que participaron no desfile.

 

2020-01-24 16.42.46.jpg

Mércores, 22 Xaneiro 2020 13:08

Bases Gala do Deporte 2020

Xa está dispoñible para descarga as bases da Gala do Deporte 2020

 

BASES GALA DO DEPORTE 2020.jpg

A cita, que cumpre cinco anos, foi promovida polo goberno de Paco Ferreira na súa anterior lexislatura e consolidouse no tempo como unha cita ineludible para o mundo do deporte.

O concello de Gondomar publicou as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que, por quinto ano consecutivo, búscase recoñecer “a entrega e dedicación de persoas, clubs ou institución de Gondomar no mundo do deporte, que coa súa actividade, ademais de transmitir valores inherentes e necesarios para todos, en moitísimos casos están a levar o nome de Gondomar todo o máis alto e todos os recunchos do mundo”.
Así o manifesta o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto á concelleira de Deporte, Nuria Lameiro, desta Gala que naceu auspiciada polo seu goberno na anterior lexislatura e que “xa se converteu nunha cita ineludible para nós como para todos os veciños e veciñas do noso municipio”.
O prazo para presentar as diferentes candidaturas finaliza o próximo 29 de febreiro e poderán concorrer a calquera de nove categorías recollidas nas bases: premio ao mellor deportista masculino; premio á mellor deportista feminina; premio ao mellor deportista revelación masculino e á mellor deportista revelación feminina; premio ao mellor club ou entidade deportiva; premio ao patrocinio e colaboración co deporte; premio á traxectoria deportiva; premio ao mellor evento do ano; e, premio aos valores humanos.
Calquera club, cidadán, institución ou asociación poderá propoñer un máximo de tres candidatos/as para que sexa recoñecida o seu labor nalgunha das citadas categorías, sempre que cumpran coas condicións establecidas nas bases e “reúnan os méritos ou requisitos suficientes para concorrer ao premio”, aos que tamén o xurado ten a posibilidade de presentar candidaturas.
Concello de Gondomar

 

O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o xurado encargado de seleccionar os gañadores/ as nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de 2020. A entrega dos galardóns terá lugar o 04 de abril, no Pabelllón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

_MG_7331 (1).jpg

Página 46 de 98

Rss