^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Ante o regreso a actividade do pequeno comercio e con el a reapertura das copisterías, o concello pon fin ao servizo de fotocopias e entrega de deberes a estudantes do municipio.

Conclúe esta actividade excepcional que se puso en marcha durante o periodo do confinamento motivado pola alarma sanitaria para axudar a aquelas familias que non dispoñían dos medios necesarios para que os seus fillos e fillas tiveran acceso ao material escolar que precisaban e se lles facía chegar dende os colexios e institutos semanalmente.

 

fotocopias.jpg

Mércores, 13 Maio 2020 09:31

REAPERTURA DO PUNTO LIMPO DE GONDOMAR

Mañá mércores 13 de maio o punto limpo de Gondomar volverá a abrir as súas portas aplicando as normas impostas polas autoridades sanitarias.

Será imprescindible a cita previa a través do teléfono 900 107 382. Non se atenderá a ninguén que se achegue sen tela.

O aforo limitarase a dúas persoas, deberán manterse as normas de distanciamento social dos dous metros e seguir as indicacións do personal do punto limpo. Recoméndase o uso de luvas e mascarilla.

 

️Cita previa no 900 107 382

Lunas a xoves: 16.00 a 19.00 horas

Venres e sábado: 09.00 a 13.00 horas

 

 

APERTURA PL.jpg

O concello de Gondomar non se queda atrás e no seu percorrido inclúe a todos e todas. A aposta pola súa mocidade é un obxectivo que persigue continuamente a a concellería de Xuventude promovendo actividades e poñendo ferramentas ao seu alcance, sen perder de vista as súas demandas e modas. Por eso a OMIX renova e actualiza a súa imaxe buscando achegarse aos valores dos rapaces como son a frescura, a vitalidade, dinamismo, diversidade…

Información fiable, próxima e exhaustiva, pasando por formación de calidade e permanente asesoramento infividualizado ao que se engade unha oferta variada e innovadora de oportunidades, recursos, espazos e actividades se poñen a disposición diariamente a través da OMIX, que segue a traballar para estar atender as vosas demandas. Buscádenos. Non nos perdades de vista.

difusión logo.jpg

Non parece haber segredos para os nosos menores á hora de enfrontarse ás novas tecnoloxías, que nestes días de confinamento convertíronse en grandes aliadas.

Aínda así expertos lembran a importancia de establecer un control sobre o uso destas tecnoloxías e por elo o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) pon a disposición de cidadáns, empreas e familias o teléfono gratuito 017.

Su obxectivo, proporcionar asesoramento psicosocial, técnico e en aspectos legais, ligados a situacións de risco e conflitos que poidan experimentar os menores en Internet, así como detectar posibles adiccións.

Este servizo público, gratuito e confidencial resolve dúbidas que poidan xurdir entorno o manexo dos nosos nenos de internet… que debemos ter en conta?

Consultar cales son os contenidos inadecuados o perxudiciales para o menor; cando estamos ante un caso de uso excesivo das pantallas e posible adicción; que pautas ter para lograr a mediación parental, de acompañamento o supervisión dos nenos e adolescentes; cal é o equilibrio dixital adecuado, ou, pautas para o uso, configuración segura e protección de dispositivos, son algunhas das materias sobre as que poderemos preguntar no 017.

Ademáis deste teléfono, activo calquera día do ano entre as 09.00 e as 21.00 horas, o INCIBE pon a disposición de menores e o seu entorno os contidos de Internet Segura for Kids (IS4K).

NIÑO MOVIL.jpg

Luns, 11 Maio 2020 13:11

FASE 1 DA DESESCALADA XA EN MARCHA

Dende este luns 11 de maio Gondomar, e toda a comunidade de Galicia, camina hacia adiante no plan de desescalada aprobado polo Goberno Central ao entrar na fase 1. Un avance que permite flexibilizar restriccións vixentes ata o de agora, como por exemplo, a posibilidade de abrir as terrazas ou a apertura dos establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados. Os lugares de culto, os velatorios ou as normas de hixiene a ter en conta en cada unha das novas situación se recollen nesta nova primeira fase, que podedes atopar no seguinte cadro. Lembrar que o éxito deste avance da desescalada depende de todos nos, da responsabilidade individual pensando non so na nosa saúde se non na de toda a sociedade.

 

fase 1.jpg

Xa está aberto o prazo de inscrición para o acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2020/2021. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moito máis.
Máis información: 986360746(mañás) ou 986389283(tardes), na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar/ ou enviando un correo electrónico a: cmus.elemental.gondomar@edu.xunta.es

 

CARTELES INSCRICIÓN vento madeira Conservatorio Gondomar 2020.png

Dende este pasado luns 04 de mayo os establecimientos e loais comerciais minoristas e de actividades de servizos profesionais poden reanudar a súa actividade dentro da fase cero da desescalada posta en marcha polo Goberno Central, que establece unha serie de requisitos que deben cumprir neste regreso progresivo a “nova normalidade”. Sistema de cita previa, un único cliente por traballador, horario preferente para maiores de máis de 65 anos, así como a adopción das medidas de hixiene estipuladas polas autoridades son algunhas das normas a cumprir. No seguinte cadro aparecen resumidas para aclarar calquera dúbida que teñades. Lembrade que a loita contra o virus depende de todos.

 

minoristas y pequeños comercios.jpg

Página 41 de 98

Rss