^ Ir arriba

novas

Martes, 21 Abril 2020 15:47

Gondomar celebrará o Día do Libro creando unha cadea virtual de lecturas

As redes sociais do concello de Gondomar quérense converter esta semana no fío condutor da celebración do Día do Libro a través dunha iniciativa, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coa Biblioteca Municipal do municipio, na que se convida a participar a todos os cidadáns a sumarse á celebración desta data recomendando as súas lecturas favoritas.

O obxectivo é crear unha cadea de libros e títulos a través das redes contestando a dúas preguntas sinxelas: grazas a quen empezaron a ler e que libros lembran como os máis especiais. Desta maneira búscase espertar o interese pola lectura, achegando desde o concello o seu gran de area ao sector editorial e promovendo o apoio ao mundo da literatura, un gran aliado, sen dúbida, no período de confinamento das persoas nas súas vivendas durante o estado de alerta sanitaria.

Os interesados en participar poderán facelo a través da conta de Instagram da OMIX ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. recomendando tres libros e agradecendo á persoa que lles abriu as portas ao mundo da lectura.

Todas as mensaxes serán subidas de forma anónima creando unha cadea de títulos cos que recoñecer, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a importancia da lectura e todo o que reporta a quen se achega a ela.