^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

BA.jpg

RE.jpg

A portavoz da Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixitaltrasladou o compromiso do Goberno de España de que no 2025 a maioría da poboación do territorio nacional terá o 100% de conectividade, para o que se contará cun investimento de 250 millóns de euros, sendo Galicia e os seus municipios un obxectivo prioritario.

 ​“A dixitalización e conectividade é un dos grandes retos e compromiso do Goberno que preside Pedro Sánchez, porque é consciente de que é unha das balanzas necesarias para transformar o país”. Así o indicou a deputada Ángeles Marra no encontro mantido esta mañá co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, no que se lle trasladaron os avances que neste ámbito déronse desde o goberno de Gondomar.

​Paco Ferreira mostrou o seu agradecemento á oferta de “traballar man a man coGoberno de España nun asunto tan importante como este para o desenvolvemento da nosa localidade e facilitar a vida dos seus cidadáns”.

​Respecto a Gondomar, Ángeles Marra, apuntou que está en contacto directo coas distintas operadoras que traballan no municipio “para coñecer en todo momento que pasos están a darse e cara a onde para lograr os obxectivos e prazos fixados polo noso Goberno”.

 Plan Único

​A deputada socialista lembrou que o actual plan PEBA (Programa de Extensión da Banda Ancha de nova xeración) a Galicia destináronse 102 millóns de euros dos que 80 deles investíronse nos tres últimos anos do goberno de Pedro Sánchez, “o que proba o firme compromiso do noso presidente coa comunidade de Galicia e a conectividade do seu territorio”.

Nese ámbito seguirase traballando agora coa o Plan Único cunha dotación “sen precedente ata o de agora” de 250 millóns de euros e que se procederá áadxudicación ás operadoras, a finais de setembro, para que poñan en marcha este proceso nas parroquias e lograr que nun período de catro anos logrouse toda a súa cobertura.

​Ademais os fondos europeos de recuperación económica que recibirá España destinarán unha partida de 2000 millóns de euros para levar a conectividade a todos os ámbitos sen esquecer a dixitalización das administracións públicas, así como máis de 1000 millóns para despregar o 5 G “que tamén terminará chegando a todos os lugares e unha tarefa na que a colaboración dos concellos tamén é esencial”, manifestou Ángeles Marra.

​O alcalde Paco Ferreira agradeceu o compromiso adquirido polo Goberno de Pedro Sánchez e acordou elaborar un calendario de reunións periódicas coa portavoz da Comisión de Asuntos económicos e Transformación Dixital “para seguir avanzando nuncamiño que puxemos en marcha e que agora traballando man a man co executivo español será imparable e permitiranos evitar todos os obstáculos que ata o de agoratopamos”. 

 

Gondomar 16 de xullo de 2021

Aforo.jpg

.A volta desta divertida competición de obstáculos para nenos de 3 a 12 anos, cun acompañante adulto, era máis que esperada como demostra o feito de que as 400 prazas dispoñibles cubríronse en poco máis dunha semana e media.

Agora todo se prepara para cubrir os dous circuítos diferentes que discorrerán polo Parque da Coelleira o próximo 7 de agosto, adaptados a diferentes idades e nas que os 200 equipos que se darán cita neles deberán demostrar as súas habilidades á vez que se divirten.

#xuventude #viveodeporte #verán21

Captura de pantalla 2021-07-15 a las 20.47.22.jpg 

​As súas cancións forman parte do recordo de moitas e moitos e destacou ao longo da súa ampla traxectoria por potenciar o idioma galego no ámbito da música. Este veciño de Gondomar soubo demostrar que a  lingua galega ten cabida en toda clase de estilos desde o folk ata ao  blus. 

​Gondomar gozará unha vez máis da música de Urbano Cabrera, que actuará mañá venres, 16 de xullo, a partir das 22.30 horas da noite, acompañado por un veciño e músico da localidade á guitarra, Juanchi Vázquez.

​Os asistentes poderán gozar da súa música, a máis recente e de temas clásicos, composicións con cuidadas letras nas que  mistura temáticas diferentes como as sociais, reivindicativas, de rebeldía ou de amor e desamor. 

​O propio Urbano Cabrera convida o público a asistir ao seu concerto, mañávenres 16 de xullo, a partir das 10.30 horas na Praza Paradela.

 

https://youtu.be/zJMiOaj5gec

_DSC4246.jpg

A situación da pandemia desaconsellou render festa e homenaxe a Don Carnal no mes de febreiro, pero Gondomar, co seu alcalde á cabeza, Paco Ferreira, non renunciaron a súa celebración que este sábado farase ao grande na Praza Paradela, onde non faltará música, grupos de animación, e sobre todo moita cor e diversión.

“O Entroido volverá” era o retrouso do vídeo editado polo departamento de Cultura o pasado mes de febreiro cando se anunciaba a suspensión destas festas. Poñíanse uns puntos suspensivos “a un programa que tiñamos claro que iamos recuperar”, afirma o alcalde Paco Ferreira, quen no seu día xa se comprometeu “a celebralo nos meses de verán, a desempoar disfraces, máscaras e as ganas de divertinos no mes de xullo”.

De esta forma este sábado 17 de xullo a partir das 17.30 horas darase pistoletazo de saída á que será a I Edición do Entroido de Verán de Gondomar, á que se convida á cidadanía pero tamén a todos e todas os que estean interesados en visitar o municipio para sumarse a esta festa coas súas mellores galas carvaleras para rir e pasar un bo intre.

MÚSICA E ANIMACIÓN

O Entroido de Verán virá acompañado polo grupo Sara Animación que durante toda a tarde animará as rúas coa súa “Fantasía de circo” na que 10 personaxes fantásticos e relacionados coa vida circense animarán as rúas do centro de Gondomar co seu carro musical, desde o que convidarán a bailar a grandes e pequenos, aos que se propoñerán xogos para que se somen a eles durante toda a tarde.

E para a ocasión de novo en Gondomar os acordes e a música das tan esperadas orquestras que volven aos poucos a soar nas localidades e recuperar a súa actividade tras un ano realmente crítico para o sector. Na Praza Paradela, a partir das 21,00 horas, aproximadamente, a Orquestra Trío Azar amenizará o serán deste entroido tan esperado e que Gondomar confía en que se festexe ao grande, sentando un precedente que sirva para pensar en novas edicións para os próximos anos.  

photo_2021-07-14_09-24-41 (2).jpg

A diversión non está rifada coa aprendizaxe e a sensibilización en materia medioambiental. Os e as participantes no campamento urbano "Gondoverán", organizado pola concellería de Igualdade do goberno local, descubrírono participando nun taller sobre compostaxe no que crearon a súa propia maceta autoregante.

Todos e todas puideron descubrir de preto os microorganismos que participan no proceso de crecemento dunha planta, neste caso dunha leituga, que levaron á súa casa para poder ver o seu desenvolvemento e posteriormente poder consumila.

O obradoiro responde á filosofía do campamento Gondoverán que promove os valores baseados na empatía, cooperación e na educación baseada na igualdade e hábitos saudables, así como de respecto e coñecemento do medioambiente.

 #medioambiente #futuro #cosadetodosytodas #Gondomarsostible

photo_2021-07-14_09-24-40.jpg 

photo_2021-07-14_09-24-41.jpg

 

 

escudo_concello_gondomar-01.png

​O goberno de Gondomar traballa na localización e control das vertedurasincontroladas no municipio e na rede de saneamento segundo o acordado coa administración autonómica coa que a colaboración e máxima. 

Os técnicos do Plan de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, así o corroboraron na inspeccións rutineiras no dominio público hidráulico do municipio.

Respecto a vertedura que afectaba o río, ao seu paso polo lugar da Rocha (Vincios), quedou correxida tras a súa localización videográfica e robótica informática, que confirmou que o problema debíase á saturación do colector de saneamento e a entrada en carga do mesmo, problema que foi solventado con éxito.

 216256066_2866710180258192_6842851871860882649_n.jpg

 

​O concello de Gondomar despídese da súa fin de semana máis longa en honra ao seu patrón, San Bieito, ao que este ano se rendeu a homenaxe que por culpa da pandemia no 2020 non se lle pudo facer. A esta celebración sumáronse, como é tradicional, as festividades de San Cristovo e San Antonio.

​Para a ocasión, o goberno do concello, a través da súa concellería de Cultura, desenvolveu un programa amplo pensado para todos e todas volvendo soar no parque de As Cercas a música das orquestras que tanto se botaba de menos, así como as dúas actuacións que se desenvolveron na Praza Paradela.

​Música e postos, que xunto ás procesións e actos litúrxicos, permitiron recuperar en certa maneira a “normalidade” tan esperada, aínda que en todo momento tendopresentes as medidas de seguridade sanitarias aínda vixentes, como é o uso da máscara ou o control de aforo nos concertos.

​Os acordes de ASSIA, a orquestra Marbella, La Patrulla ou La Banda de Ayeramenizaron as noites de venres a luns, ao que se sumaron a actuación da Agrupación Musical de Vincios e aos diferentes actos litúrxicos celebrados durante todo a fin de semana, entre os que cabe destacar a procesión de San Cristovo coa súa tradicional  beizón aos coches e conductores, e a procesión central coa que  se rendeu homenaxe a San Benito, patrón do municipio.

215689608_2867635976832279_3469132837016549172_n.jpg

 

215366883_2866026610326549_4905836895024216080_n.jpg

214501302_2867635723498971_2372812599763088350_n.jpg

202456606_2865992446996632_5770469351776989354_n.jpg

 

 

assi.jPG

marbella.jpg

A música e espectáculo das grandes orquestras regresa esta fin de semana a Gondomar, coincidindo coa celebración das súas festas patronais. Este sábado 10 de xullo o grupo ASSIA actuará no parque das Cercas a partir das 22.00 horas, mesmo lugar onde o domingo 11 soarán os temas da orquestra Marbella.

Os interesados en asistir deberán reservar a súa entrada a través do despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal/ que será gratuíta pero servirá para acceder ao recinto hasta completar o aforo de 330 persoas permitido neste momento. Ademais esixirase o uso da máscara durante toda a actuación.

Desde a concellería de Cultura apelan á colaboración e responsabilidade da cidadanía para garantir “que podamos gozar de boas actuacións sen poñer en risco a nosa saúde nin a dos demais, tal e como os veciños e veciñas de Gondomar demostraron ata o momento.”

 san bieito.jpg

Entre os días 9 e 12 de xullo Gondomar renderá homenaxe ao seu patrón San Bieito cunprograma deseñado para a ocasión no que xunto aos actos litúrxicos e as tradicións, non faltará a música para gozar das festas patronais do municipio.

 A festa arrincará o venres 9 co concerto de "La Banda de ayer" na Praza Paradela. Concerto ao que se sumarán o do grupo "Assia" o sábado 10, na pista de As Cercas; o mesmo esceario onde actuará a "Orquestra Marbella" o domingo 11; e, pcoa actuación de "La Patrulla" que poñerá o broche final a estas celebracións.

 No programa de festas de San Bieito non podemos esquecer a tradicional "Caravana de San Cristovo" con saída desde Couso, o sábado 10 ás 11.30 horas ou os actos litúrxicosque se desenvolverán durante os catro días, así como o concerto da Agrupación Musical de Vincios, o domingo 11 ás 13.00 horas.

 ¡Non faltedes, esperámosvos en Gondomar!

 

Consultade o programa

 

#Gondocultura #verán2021 #Sanbieito

2023aaa3-8e5c-4b63-bb2c-c9d4a664a872.jpg

Máis de 150 usuarios participaron este ano nas Escolas Deportivas de Gondomar, que viron reducida a súa duración como consecuencia da pandemia, pero aínda así foron un éxito de asistencia.

O goberno de Gondomar, a través do seu departamento de Deportes, dirixido por Nuria Lameiro, clausurou as Escolas Deportivas que veñen celebrando nas instalacións municipais dende o pasado mes de abril. Os seus usuarios dinlles adeus coa confianza de poder repetir o próximo curso e xa en condicións acordes á normalidade que “todos estamos desexando recuperar canto antes e cara á que camiñanos”, afirmou o rexedor Paco Ferreira. 

Entre os meses de marzo e xuño os participantes nestas Escolas, suxeito o seu desenvolvemento en todo momento ás normativas COVID19 que se ían marcando e medidas de seguridade sanitarias, puideron gozar do deporte, iniciándose en moitos casos en modalidades que ata o de agora non probaran.

Escolas pensadas para toda as idades e que na edición 2020-2021 ofreceron ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, judo, balonmán, baloncesto e patinaxe, cubríndose toda as prazas dispoñibles en cada unha das modalidades.

Página 17 de 98

Rss