^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

escudo_concello_gondomar-01.png

As actividades estarán suxeitas á normativa covid19 vixente e respectando os aforos e indicacións que recolle a Xunta na orde deo 22 de xullo de 2021 que establece as medidas de prevención específicas para cada concello.

 Este xoves, a partir das 22.30 horas na Praza da Paradela retómase o programa de actividades “Gondocultura” coa actuación do artista gondomareño Rubén de Lis, suspendido a pasada fin de semana debida ás pésimas previsións meteorolóxicas anunciadas para aqueles días.

Será a primeira dunha serie de actividades que se retoman e desenvolveranse ao longo de toda a fin de semana como a actuación do grupo “La Franga”, o venres a partir das 22.30 horas ou a actuación do premiado espectáculo circense “Xampatito Pato “Só”, que chega a Gondomar o sábado 31 á Praza Paradela. Os asistentes poderán gozar do espectáculo galardoado en numerosos festivais no que o seu creador, Jesús Velasco, preséntanos un personaxe obsesivo, cuadriculado e rodeado de caixas que escapan ao seu control. Desde o caos xorde un universo onde non faltará a tolemia cómica que fará a delicia de todos.  

Gondocultura pechará a fin de semana coa actuación da Burgas Big Band, concerto que vén da man de Musigal promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra. Sobre o escenario da Praza da Paradela 15 artistas que tocarán clásicos de Swing, Twist, Boleros, Rock and Roll… que non deixarán a ninguén indiferente.  

 Reserva entradas

 O goberno local de Gondomar lembra que o sector da cultura demostrou en todo momento ser seguro e que é un dos máis prexudicados durante a pandemia. Por iso manteranse as actuacións en espazos abertos, e “en todo momento atendendo a normativa vixente covid19, suxeita neste momento á orde da Xunta publicada o pasado 22 de xullo no Diario Oficial de Galicia”.

Luns, 26 Xullo 2021 23:11

DÍA DAS AVOAS E AVÓS

escudo_concello_gondomar-01.png

O día 26 de xullo marcouse en 1998 no calendario como a xornada para render homenaxe ás avoas e aos avós, aos nosos maiores. Eles son a nosa historia e un cúmulo de experiencia que debemos aproveitar e ter sempre en conta.

Unha homenaxe, máis que merecida que nunca, que rendemos aos maiores este ano. Eles e elas que foron loitadores e vítimas directas da pandemia covid19, e que agora moitos/as volven sorrir algo máis tranquilos/as tras haberse vacinado e poder compartir tempo coas súas familias, cos seus netos e netas.

A todos eles e todas elas, a eses avós e avoas que sempre están dispostos a guiarnos, a ensinarnos e demostrarnos tantas cousas...PARABÉNS!!!

E a quen gozades deles e delas aínda, lembrade o lema elexido este ano na súa xornada: "Dilles que os queres".

 

 

​O Concello Gondomar despide esta semana a I Edición do curso de Skate, organizado pola concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, para facilitar ámocidade a iniciación neste deporte urbano, e coñecer ademais das súas técnicas os seusbeneficios.

​Durante dúas semanas un total de 24 mozos e mozas participaron de luns a venres nestas clases nas que un monitor dáballes a coñecer as principais técnicas para manterse enriba das súas tablas, sempre primando a responsabilidade e a seguridade. Curso que nace coa vocación de perdurar no tempo dado o interese que esperta entre as novas xeracións. 

​Os participantes gozaron e divertíronse tentando aprender os principios básicos do skate, un deporte do que tamén puideron coñecer, a través da información facilitada polo instructor, que tras as piruetas e saltos existen outros beneficios como son a mellora da coordinación e o equilibrio, a creatividade, o espírito de superación ou que é un bo medio para fomentar a nosa paciencia e liberar tensións. ​

​Este I Curso de Skate, que se desenvolveu nas pistas inauguradas a finales do ano pasado no Concello de Gondomar, forma parte do programa de actividades organizado pola Concellería de Xuventude atendendo ás demandas dos máis novos e novas neste tempo de verán, alternativas pensadas para desenvolver no seu tempo de vacacións facilitando tamén a conciliación familiar.

photo_2021-07-22_12-43-24.jpg

photo_2021-07-22_12-34-53 (2).jpg

photo_2021-07-22_12-34-53 (2).jpg

photo_2021-07-23_12-17-00.jpg

 

 

 rally rias baixas dos.jpg

 

 

A proba chega este sábado á localidade onde os participantes terán un control de paso e realizarán tramos cronometrados na estrada Vilas-Prado.

​A 54 Edición do Rallye Rías Baixas, emblemática proba de motor a nivel nacional e internacional, regresa este sábado a Gondomar onde realizará tres tramos do percorrido e outros tantos pasos de control. Todo está preparado para que os cidadáns do municipio e visitantes poidan gozar do paso veloz dos condutores, así como dos diferentes vehículos participantes nesta ocasión.

​“É unha satisfacción para o noso municipio, no que existe unha clara afección polo motor, recuperar o son dos coches do Rallye Rías Baixas, proba puntuable para o campionato de España de Rallyes de Asfalto”, sinala o alcalde Paco Ferreira, quenfelicitou ao equipo da Escuadra “polo esforzo que realizan ano tras ano e que permitiumanter viva esta proba co seu tesón e esforzo e, sobre todo ilusión, que lles impedironrenderse a pesar dos momentos difíciles que deixamos atrás”.

​Por outra parte agradeceu o traballo que os voluntarios e as forzas da ordepública realizan para garantir a máxima seguridade en todos os trazados, e apelou á responsabilidade do público para que respecten todas as indicacións e sinalizacións que hai e “así poder gozar plenamente dunha proba sen riscos innecesarios”.

 Peche de rúas, punto control e tramos 

 O paso da proba polo centro da vila, onde se realizarán os controis, obrigará a pechar o tráfico á circulación o mesmo sábado entre as 08.30 e as 20.30 horas na Avenida de Elduayen e Eduardo Iglesias, entre as rúas Otero Pedrayo e Manuel Losada, prohibíndose o estacionamento no parking xunto a Casa Peralba, que quedará reservado para a organización. O control de paso situaráse en este tramo e realizarase ás09.15 horas, ás 13.00 horas e ás 17.00 horas. 

​Como en anteriores edicións a proba rexistrará tres pasos cronometrados polo municipio, concretamente no tramo Vilas-Prado dirección Porriño (10,65 quilómetros), onde se establecerán puntos controlados por comisarios ecronometradores, así como de seguridade onde deberá situarse o público que queiragozar do espectáculo. Este tramo pecharase á circulación unha hora e media antes de cada pasada, previstas as 10.00, as 14.12 e, por último, a 18.24 horas.

 

photo_2021-07-21_10-48-23.jpg

photo_2021-07-21_11-38-25 (5).jpg

O concello de Gondomar suma un novo desfibrilador semiautomático nas súasinstalacións, concretamente non Centro de Desenvolvemento Local (CDL). Este novo equipo foi cedido pola Sociedade Atlética do Val Miñor, que se adestra en dependencias municipais do concello de Gondomar.

​Desta forma a localidade suma un total de 5 sistemas de Recuperación Cardiopulmonar cubrindo a totalidade de zonas que son empregadas por un número considerable de persoas de diferentes rando de idade, dotándoas así deste material que é indispensable e que permite preveer calquera continxencia que poida ocorrer.

​Así neste momento están equipados con desfibrilador, e correctamente sinalado, o Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, os campos de fútbol municipais de As Cercas e As Gaiandas, o Auditorio Municipal- Conservatorio e o CDL, aos que desde o concello de Gondomar espérase poder sumar novos dispositivos en breve. 

Está demostrado que o uso dos desfibriladores nun período máximo de dez minutos posteriormente ao inicio da parada, pode aumentar as posibilidades de supervivencia ata un 70%.

Así mesmo confíase en poder continuar cos cursos de RCP e primeiros auxilios que se viron interrompidos como consecuencia da pandemia, estudando xa a posibilidade de poder poñelos en marcha en canto as medidas sanitarias actuaispermítano.

 

Adiado.jpg

 ​O concello de Gondomar, a través da súa Concellaría de Cultura, anuncia o aprazamento das actividades previstas para esta fin de semana ante as malas previsiónsde tempo que se esperan para os tres días, no que a choiva, segundo os pronósitcosmeteorolóxicos, serán unha constante.

​Estúdanse xa novas datas para recolocar as actividades previstas para as tres xornadas: o concerto de Rubén de Lis, a actuación do Soño de Calíope e a proxecciónda película “María Soliña”, dentro do ciclo “Cinema na rúa”. O novo calendario será anunciado no momento correspondente.

 

 escudo_concello_gondomar(sin fondo).png

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a resolución que aproba as bases reguladoras destas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, cunha dotación de 500.000 euros distribuídos en dúas anualidades: 100.000 euros para 2021 e 400.000 para 2022. O 40% do importe destinarase a mellora do estado das instalacións para a captación e almacenamento de auga en comunidades de usuarios de ata 50 membros, e o 60% restante para aquelas comunidades de usuarios con 51 ou máis membros.

O importe da axuda será dun máximo do 80% do investimento da actuación proposta, cun límite máximo de quince mil euros por solicitude (IVE incluído), e o 20 % restante do orzamento total será financiado directamente pola comunidade .

Estas subvencións serán compatibles con aquelas que, para a mesma finalidade, outorgen outras administracións.

 

Maís información e bases: https://bit.ly/2W2Ul2X

217605000_3026789097643197_7513525500773744353_n.jpg

O vindeiro domingo 25 de xullo Gondomar sumarase ás máis de 260 cidades repartidas por trinta paises dos cinco continentes nas que lucirá o deseño da alfombra floral do Xacobeo 21-22.

Lucirá ante a Igrexa de San Benito onde será confeccionada polas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de San Benito dentro do proxecto Mundial da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, da que precisamente os alfombristas da nosa vila son membros fundadores. 

Aínda que o deseño será común, cada colectivo alfombrista utilizará a súa propia técnica e estilo, usando para iso os materiais que prefiran.

#Gondomar #tradicións #camiñodesantiago

20210630_110502.jpg

IMG_20210701_122345.jpg

Preto de 40 mozos de entre 8 e 13 anos recibiron durante unha semana formación teórica e práctica sobre as ferramentas e medios existentes para realizar un uso responsable e intelixente da internet.

 A idade media do uso dos dispositivos conectados a internet é cada día menor econscientes dos perigos que entraña un uso incorrecto deles, desde o departamento de Xuventude do concello de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolveuse un curso sobre ciberseguridade dirixido aos máis novos/as, sector de poboación vítimamáis frecuente dos ataques informáticos. 

​Impartido por unha enxeñeira informática e unha divulgadora científica o obxectivo da actividade era reflexionar cos/as participantes sobre o uso de internet, facilitarlles as ferramentas para tomar precaucións necesarias e protexerse de ameazasexternas, así como recoñecer os comportamentos que poden ser perigosos como usuarios ou para terceiras persoas.

​De feito o número de ciberataques en España, segundo últimas informaciónspublicadas, creceu nun 125% respecto ao último ano, e o sector da mocidadeconverteuse nunha diana fácil para os ciberdelincuentes ou para o ciberacoso a través das múltiples redes sociais que manexan.

O curso partiu de tres premisas: usar intelixentemente internet, ser amable na rede e ser valente “manténdonos sempre seguros ou en alerta”. Así durante as dúas semanas fixáronse conceptos sobre “que é o ciberespazo e a cibersieguridad para avanzar despois sobre a diferenza entre o uso e o abuso das redes sociais, os hackers bose malos ou sobre como recoñecer a quenes queren facerse cos nosos datos.”

Unha cuestión importante que non se quixo deixar atrás é o problema das adicciones dixitais e videoxogos que estas novas tecnoloxías están a crear entre os nosose nosas mozas, cada vez un problema máis real na nosa sociedade que require da intervención de especialistas.

4502ad9a-980c-4e96-bc28-cea7b310cf78.jpg

 

O grupo actuará este sábado 17 de xullo, dentro do programa preparado para a celebración do I Entroido de Verán de Gondomar. Ás 22.00 comezará a súa actuación e, como ocorreu nas festas patronais, será necesario reservar praza adquirindo as entradas (gratuítas) no despacho de billetes electrónico do concello http://taquilla.concellodegondomar.gal. 

Este sistema manterase todo o verán para aquelas actuacións nas que o público estea de pé para garantir o aforo que impoñen as normas de seguridade sanitarias vixentes na actualidade. 

Gondomar 16 de xullo 2021

Página 16 de 98

Rss