^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Venres, 08 Octubro 2021 10:45

DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA

concello azul dixelia.jpg

Gondomar tínguese de azul turquesa, para sumarse á campaña 

#UnidosPorLaDislexia, impulsada pola Federación Española de Dislexia, para visibilizar este trastorno e as outras dificultades específicas de aprendizaxe que, segundo a OMS, afectan en conxunto a un 10% da poboación mundial. 

 O obxectivo da xornada, facer visible este trastorno da aprendizaxe lecto-escritura que representa entre o 3 e o 6% da poboación infantil, especialmente en idadescomprendidas entre os 7 e 9 anos.

 #Gondomar #DiaInternacionalDeLaDislexia

 

II GLADIATOR KIDS.png

O vindeiro sábado 16 de outubro celebrarase finalmente esta divertida carreira de obstáculos para grande e pequenos, e que o goberno local pospuxo o pasado mes de agosto como precaución ante o aumento de casos da COVID en toda España. Agora vén con moitas ganas e probas que farán rir a máis dun e dunha.

A proba mantén o número de inscricións cubertas no seu momento, preto de 200, e desde as concellerías de Deportes e Xuventude, organizadoras deste evento, pídese a quen non poidan participar polo cambio de data que o comuniquen chamando ao teléfono 986 369 746 ou ben enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

O Parque da Coelleira converterase, por primeira vez, no circuíto que deberán cubrir os corredores e as corredoras, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que deben participar acompañados por un adulto. A Gladiator Kids é unha carreira na que a competitividade se deixa ao carón para dar paso a momento divertidos e compartir unha experiencia distinta e de colaboración entre os participantes. 

A entrega de dorsais realizarase a partir das 15.00 horas e as probas arrincarán ás 16.00 horas. En primeiro lugar participará o grupo integrado por pequenos e pequenas de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Unha hora máis tarde, ás 17.00 horas, será a quenda dos participantes cuxas idades estean entre os 7 e os 12 anos

En ambos os circuítos atoparanse con diferentes retos, sempre adaptadas a idade dos participantes, nas que se poñerá a proba as súas habilidades á hora de facer fronte a obstáculos que atoparán no percorrido que deberán ir sorteando ata chegar á meta, un obxectivo que vén marcado sobre todo polo “carácter lúdico e non competitivo, primando a diversión e o momento que se comparte coa familia”. 

 
vincios 9 outubro.jpg
 
 
Gondomar e as súas parroquias teñen moitos recunchos que descubrir e
desde o concello esta fin de semana arrinca o programa "Descobre Gondomar, paso a
paso”, promovido polo goberno a través da súa concellería de Turismo. Inicia a súa
andaina na parroquia de Vincios coa colaboración da súa asociación de veciños e a súa
Comunidade de Montes. 
 
Trátase de aproveitar a chegada do outono para ofrecer á veciñanza actividades
que promovan hábitos saudables ao tempo que permitan gozar do contorna, coñecer
a súa riqueza etnográfica, cultural e histórica, e tamén respectar tradicións tan propias
da época como son a celebración dos magostos.
 
A andaina prevista terá unha duración aproximada de dúas horas, partindo ás
16.00 h. dende o Centro Cultural para visitar o Monte Galiñeiro. Unha vez rematada e
de volta o punto de saída os participantes poderán gozar dun magosto, con castañas
de balde, e dunha tarde amenizada coa actuación de diferentes grupos folclóricos da
parroquia e locais.
 
#Gondomar # tradicións #magosto # habitossaudable
 
241179360_2907690989493444_3092080375285148391_n.jpg
 
O goberno local estuda os usos que dará á Casa Peralba, tras a súa adquisión hai algo
máis de dous meses e a súa inclusión no patrimonio municipal. O alcalde, Paco
Ferreira, lembra que desde un principio “tivemos claro que esta recuperación é para o
pobo de Gondomar e os seus habitantes, para que a poidan gozar e por iso
buscaremos os usos sociais que se lle poidan dar, así como convertelo nun punto de
encontro das nosas xentes”.
 
Entre as ideas que toman corpo atópanse a de situar na Casa Peralba a futura
biblioteca pública –a sala de préstamo e de lectura – na edificación principal e un
centro da terceira idade na auxiliar, onde se situaban a vivenda do servizo, o garaxe e
as cuadras.
 
Será o proxecto o que detalle como se desenvolverá a rehabilitación da casa e a
localización dos distintos servizos. De momento encargouse un pequeno proxecto ao
arquitecto gondomareño Antonio Soliño para realizar unha operación de mantemento.
Aínda así, o goberno local xa traballa no proxecto para desenvolver os futuros usos da
vivenda e solicitouse un encontro co prestixioso arquitecto portugués, Eduardo Souto
de Moura, premio Pritzker 2011, aínda que a súa contratación -recoñece o rexedor-
dependerá dos custos que “haberá que valorar e saber a capacidade do concello para
asumilo”.
 
Mentres tanto os operarios municipais arromban a leira para utilizar as súas máis de
3000 metros cadrados na celebración de actos culturais e eventos relevantes do
municipio.
 
 
241362504_2907690759493467_3041408244855040585_n.jpg
 
Luns, 04 Octubro 2021 19:26

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

aninmales-dia-mundial.jpg
O 4 de outubro celébrase o día internacional dos animais, xornada coa que se nos
lembra que, aínda que somos a especie máis evolucionada, iso non lle quita os dereitos
e protección ao resto dos animais do planeta. Todos formamos parte dunha cadea
coñecida como o ciclo da vida, e a destrución de calquera especie xera grandes
estragos na natureza.
 
Moitos forman parte dos nosos día a día, acompáñannos e arríncannos sorrisos en
máis dunha ocasión. Coidémoslos e denunciemos calquera situación de malos tratos
animais que coñezamos.
 
#Gondomar #diainternacionalanimales #ellosnoloharían

244413384_2927172734211936_7613167992585321508_n.jpg

El concello de Gondomar acolleu este sábado a primera edición da proba Grava Polbo, posposta un ano por mor da pandemia. É a primeira vez que se celebra en Galicia unha proba exclusivamente para bicicletas gravel, e Gondomar foi a saída e meta dela, cun alto número de participantes procedentes de diferentes puntos de Galicia e tamén de Asturias, Cantabria e Portugal.

Por diante 100 quilómentros -54 para os que se decantasen polo recorrido curto- e 2.500 metros de desniveles polas estradas, postas e carreiros dos montes de Gondomar, Vigo, Mos , Porriño e Tui. Unha proba que os graveleiros gozaron o máximo a pesar da choiva e a néboa que os acompañaron durante o recorrido.

José Carlos Almeida de Jonis Bike foi o primeiro en cruzar a meta de entre os que optaron polo percorrido curto, logrando un tempo de 2 h. 55”. A trece minutos e medio seguiulle Fernando César Míguez do Club Tres Lunas Valdeorras e o terceiro posto foi para Nicolás Lorenzo.

Pola súa banda, Alejandro González do Xtremebike, foi o primeiro clasificado do percorrido de 100 quilómetros, cruzando a meta cun tempo acumulado de 4 horas e 9 minutos. O segundo posto fo para Aljandro Fernández do C.C. Cidade de Lugo, e o terceiro para Javier Laredo de Bici O.

Finalizada a proba, a experiencia continuou cun dos símbolos de identidade desta proba: o polbo. Aos poucos metros da meta os/as participantes pudieron gozar dunha tapa e un refrixerio como broche final da proba deportiva. 

 

244338029_2927173194211890_4770718518863682617_n.jpg

244416774_2927173277545215_7696328239242742195_n.jpg

244358177_2927172690878607_5199519900570073871_n (1).jpg

244391253_2927172844211925_5948072506608507198_n.jpg

244410643_2927173070878569_887991250959985314_n.jpg

244306964_2927172654211944_8501206788758883886_n.jpg

 

244399988_2927449344184275_7959701081255967706_n.jpg

 

 

Preto dunha treintena de persoas, entre participantes, organización, equipo de apoio e loxístico, participaron na II edición do Camiño do Irmandamento, que regresou á estrada tras un ano de ausencia por mor da pandemia. O domingo chegaban a vila irmá onde eran escoltados na entrada por axentes da policía local e recibidos por representantes políticos na Cámara Municipa lusa. 

“Cando hai dous anos puxemos en marcha o Camiño do Irmandamento foi coa vocación de convertelo nun roteiro habitual e nun referente, e por iso, unha vez relaxadas as medidas da pandemia poñémonos en marcha de novo nesta segunda edición”, afirmou o alcalde Paco Ferreira, quen, do mesmo xeito que na anterior edición, acompañou ao pelotón de veciños e veciñas que se sumaron a este roteiro cicloturista ata o país veciño. 

Un total de 18 participantes, acompañados por un equipo técnico e de apoio loxístico, dábanse cita este sábado ás 9:00 da mañá na Praza de Paradela, punto de saída da primeira etapa, un percorrido de 85 quilómetros, pasando Tomiño para cruzar a ponte internacional e desde Vilanova de Cerveira continuar ao longo da N-13 pola costa ata Esposende, pernoctaron.

A segunda etapa, o domingo 3 de outubro, cubriron a distancia restante ata a homónima Gondomar, cun total de 60 quilómetros, que transcurriron por Póvoa de Varzím, Vila do Conde, O Porto, e, finalmente, a Cámara Municipal de Gondomar onde o grupo foi acompañado na súa entrada por axentes de policía local en bicicleta ata a Cámara Municipal gondomareña onde os representantes políticos deron a benvida os integrantes desta II edición do Camiño de Irmandamento Gondomar-Gondomar. 

O regreso, como na súa primeira edición, realizouse en vehículos homologados para o transporte das bicicletas, estimándose a hora da chegada á Estación de autobuses do municipio galego ás 18.00 horas do mesmo domingo día 3 de outubro. 

IMG_0077.jpg

244130459_2926447370951139_8097801739646492870_n.jpg

244135278_2926447470951129_1441169985382636254_n.jpg

244412314_2927359210859955_3230794006965909486_n.jpg

244399988_2927449344184275_7959701081255967706_n.jpg

 

photo_2021-10-01_10-28-13.jpg

ARRANCA O PROGRAMA DE "GONDOCULTURA OUTONO 21"

Xa estamos en marcha, e inauguramos o noso programa hoxe venres, ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobío cunha estrea absoluta en Gondomar: "A música non amansa ás Bestas", de Limiar Teatro e en coprodución artística co concello de Gondomar. 

Coa música como fío condutor presentarasen ao público cuestións que só el poderá responder. A través do teatro, a música e a comedia que se integran na obra nos conduce a reflexionar sobre a sociedade pasada, presente e futura.

Reservade vosas entradas xa en : 

https://taquilla.concellodegondomar.gal 

 Imagen1.jpg

photo1633001816 (1).jpeg

Todo está preparado para que este sábado, día 2 de outubro, celébrese no Baixo Miño (Pontevedra) a esperada Grava & Polbo, a primeira proba ciclista que se celebra en Galicia con bicicletas  gravel. Coa saída e a chegada situada na Praza Paradela do Concello de Gondomar, o percorrido abarcará ata 100 quilómetros por estradas, pistas forestais e carreiros cun desnivel positivo de 2.500 metros. Todo un reto e nunhacontorna única para os amantes desta modalidade que se practica sobre unha bicicleta de guiador curvo ao estilo do ciclismo de estrada de gran fondo, pero con cadro e rodas adaptadas para terreos fóra do asfalto.

“O obxectivo de Grava & Polbo é axuntar nunha única proba desta nova modalidade tanto aos participantes que buscan un percorrido esixente e de alta competición, como aos que prefiren gozala doutra maneira, máis relaxada”, comezaexplicando José Comesaña, un dos organizadores da proba. “Escollemos Gondomar porque nos parece o lugar idóneo para iso e estamos seguros de que aos participantes tamén lles vai a encantar”.

Pola súa banda o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, afirma que “unha vez máis o municipio acolle unha proba ligada co ciclismo, un deporte con gran arraigamento e seguidores/ as no noso municipio”. Mostrouse convencido de que será unha xornada de esforzo e diversión unidos, nas que os participantes darán todo de si para “deixarnos con ganas de máis e a celebración de novas edicións”.

En total, 100 quilómetros repartidos entre asfalto, pistas forestais e carreiros. Un percorrido esixente pola combinación de quilómetros e desnivel acumulado -2.500 metros- pero adaptado para todos os niveis: no quilómetro 43, os participantes poderánescoller entre realizar o percorrido completo ou tomar unha desviación para terminar cun total de 54 quilómetros.

 Os avituallamientos e o polbo, aceno de identidade de Grávaa & Polbo

Son, sen dúbida, un dos puntos fortes da proba. Ao longo de todo o percorrido de Grava&Polbo, os participantes atoparán catro puntos de avituallamiento e o cuarto deles, situado no quilómetro 70, será especial. O Mavic Lounge Bar ofrecerá unha experiencia diferente que os participantes poderán gozar con tranquilidade, e é que os cronómetros de cada competidor pararanse nada máis chegar a este punto e reactivaranse ao retomar a carreira, de maneira que o tempo desta parada non contará para o resultado final.

Unha vez cruzada a liña de meta e terminada a proba, a experiencia continúa cunha dos acenos de identidade do evento: o polbo. A cen metros da chegada situaraseun “pulpeiro” para que cada gravelero poida recoller a súa tapa e a súa bebida como broche final de Grávaa & Polbo.

photo_2021-09-29_13-42-18.jpg

O xurado do certame anual visitou esta mañá a vila, acompañado polo alcalde, Paco Ferreira, e o edil de Medio Ambiente, Brais Misa, así como polos técnicos do departamento que explicaron as actuacións executadas no último ano para avanzar na mellora ambiental e social do  concello.

Os membros do xurado recibiron as explicacións sobre a memoria desenvolvida para a  ocasión na que destaca a recente adquisición e limpeza da Casa Peralba para destinar a usos sociais da veciñanza nun futuro. “Un investimento importante para o noso concello e que reverterá na mellora non só do seu aspecto se non tamén da calidade de vida dos nosos habitantes”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.

Nesa mesma dirección a construción do novo parque canino-lúdico atendendo unha demanda social existente na maior parte das localidades como é a dotación de espazos para o uso e goce das mascotas, que neste caso completouse cun parque biosaudable. Suma Gondomar, en busca dese terceiro galardón, a mellora das zonas  verdes coa inclusión de novas xardineiras ornamentais, como a que loce nas inmediacións do campo de fútbol de  As Cercas.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mostrou a súa confianza en sumar este ano unha flor de honra máis de “Vilas en Flor” e reiterou o seu compromiso firme “de seguir traballando por facer de Gondomar unha localidade sostible e referente en materia de dinamización ambiental e paisaxística”.

O certame “Vilas en flor” está organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de  Viveristas do Noroeste e a Asociación  Galega de Empresas de  Xardinería, e esta é a terceira edición na que participa Gondomar que o pasado ano foi distinguido con dúas flores de honra por o “gran  esforzo en  dixitalizar  as zonas verdes” e  as  boas  actuacións non núcleo urbano.

Página 11 de 98

Rss