O concello de Gondomar despídese da súa fin de semana máis longa en honra ao seu patrón, San Bieito, ao que este ano se rendeu a homenaxe que por culpa da pandemia no 2020 non se lle pudo facer. A esta celebración sumáronse, como é tradicional, as festividades de San Cristovo e San Antonio.
Para a ocasión, o goberno do concello, a través da súa concellería de Cultura, desenvolveu un programa amplo pensado para todos e todas volvendo soar no parque de As Cercas a música das orquestras que tanto se botaba de menos, así como as dúas actuacións que se desenvolveron na Praza Paradela.
Música e postos, que xunto ás procesións e actos litúrxicos, permitiron recuperar en certa maneira a “normalidade” tan esperada, aínda que en todo momento tendopresentes as medidas de seguridade sanitarias aínda vixentes, como é o uso da máscara ou o control de aforo nos concertos.
Os acordes de ASSIA, a orquestra Marbella, La Patrulla ou La Banda de Ayeramenizaron as noites de venres a luns, ao que se sumaron a actuación da Agrupación Musical de Vincios e aos diferentes actos litúrxicos celebrados durante todo a fin de semana, entre os que cabe destacar a procesión de San Cristovo coa súa tradicional beizón aos coches e conductores, e a procesión central coa que se rendeu homenaxe a San Benito, patrón do municipio.