A diversión non está rifada coa aprendizaxe e a sensibilización en materia medioambiental. Os e as participantes no campamento urbano "Gondoverán", organizado pola concellería de Igualdade do goberno local, descubrírono participando nun taller sobre compostaxe no que crearon a súa propia maceta autoregante.
Todos e todas puideron descubrir de preto os microorganismos que participan no proceso de crecemento dunha planta, neste caso dunha leituga, que levaron á súa casa para poder ver o seu desenvolvemento e posteriormente poder consumila.
O obradoiro responde á filosofía do campamento Gondoverán que promove os valores baseados na empatía, cooperación e na educación baseada na igualdade e hábitos saudables, así como de respecto e coñecemento do medioambiente.
#medioambiente #futuro #cosadetodosytodas #Gondomarsostible