^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

• A recuperación do Peto de Piñeiro e a súa contorna recoñecidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) pola súa calidade e achega a sociedade.
• Na presente edición foron 69 as propostas presentadas aos Premios Gran de Área.

O proxecto de recuperación do contorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, desenvolto polo arquitecto Santos Vila González, foi distinguido con este galardón que, anualmente, concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e que destaca o proxecto por recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a vila coa Igrexa de San Miguel, en Peitieiros.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, manifestou a súa satisfacción ante este recoñecemento “para o noso pobo, no que traballamos para que se converta nun referente de espazos públicos pensados para a veciñanza e o seu goce”.

A actuación executada contou cun investimento de 48.656 euros no marco do Plan Concellos da Deputación, e centrouse na contorna do Peto de Ánimas de Piñero co obxectivo de reurbanizar esta zona destacando o seu valor patrimonial. Para iso creouse un espazo de protección en torno ao Peto de Ánimas e habilitáronse dous accesos á praza refundida mediante dous chanzos.

A execución deste espazo aberto crea unha bancada con dúas plataformas de madeira a forma de banco “para fomentar o encontro dos cidadáns, delimitándose coa plantación de árbores e dotándo de iluminación todo o espazo.”

Paco Ferreira subliña que “recuperar aos poucos a gran riqueza patrimonial e etnográfica coa que contamos é un dous obxectivos deste equipo. Estas pezas forman parte da nosa historia e, sen dúbida, é un atractivo turístico que se suma aos moitos que xa ten Gondomar, e neste sentido seguiremos traballando”.

Por último, o alcalde congratúlase do cambio de tendencia logrado nestes últimos anos no que Gondomar “ocupa as páxinas de actualidade coa aprobación e posta en marcha de proxectos que están a convertilo nun referente no sur da provincia de Pontevedra, lonxe da imaxe negativa que o perseguía en anteriores lexislaturas”.

 

124033030_2694680160794529_5039113743691994612_o.jpg

peto 2.jpg

Tuesday, 10 November 2020 16:28

Gondomar apoia a súa hostelería

Ante o peche obrigatorio ao que se viu obrigado o sector a hostalería este mes dende o Goberno de Gondomar séguese apostando por iniciativas dirixidas a apoiar aos nosos hostaleiros. Por iso ampliarase a data do I Concurso de Tostas de Outono, organizado pola concellería de Comercio, ata o próximo día 10 de xanerio. Lémbrase tamén que todos e todas os que estean interesados poderán seguir degustando e puntuando as tostas en concurso naqueles locais que as serven para levar ou a domicilio.
Son moitos os establecementos que prestarán este servizo durante este mes, tal e como se recolle na relación adjunta.

 

4d8ce33b-44ff-49bf-8519-e7484573657b.jpg

 

6ef2bff9-f1e4-43ce-b22e-7b2c992765c2.jpg

 

 

consume en gondomar.jpg

 

• O xurado deu a coñecer o fallo nas últimas horas e destaca o “gran esforzo en dixitalizar as zonas verdes” e as boas actuacións no núcleo urbano.
• O concello suma unha flor respecto a a edición do ano anterior.

O xurado do Certame “Vilas en flor” emitiu este pasado mércores o fallo que outorga as súas distincións aos concellos participantes, recibindo nesta ocasión o Gondomar dúas “Flores de honra”, galardón co que se distingue o traballo realizado no ámbito da xestión e o mantemento dos espazos verdes.
Suma así Gondomar unha flor respecto á anterior edición tendo no seu haber neste momento dúas, do mesmo xeito que concellos como A Guarda, Salceda de Caselas ou Cambados, entre outros. No seu fallo o xurado recoñeceu o “gran esforzo realizado pola vila en dixitalizar as zonas verdes, con códigos QR en cada unha indicando as especies e elementos singulares”, roteiro botánico que transcorre polo centro do municipio.
Ademais o xurado subliña no seu fallo as boas actuacións na entrada do núcleo urbano e “o deseño dun gran paseo fluvial incorporando as zonas verdes en tres das edificacións”, ao que suma o descubrimento de novos espazos lúdicos para desenvolver actividades de recreo.
O certame, organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría, márcase como obxectivo promover a mellora ambiental social e económica dos concellos participantes (25 nesta edición), así como dinamizar o sector do paisaxismo e ornamentación como selo de calidade e reclamo turístico.

 

b5bdd20e-ee44-4915-9c48-14dc994c920c.jpg

WhatsApp Image 2020-11-05 at 16.00.17.jpeg

A colaboración entre a adminstración pública e o sector privado, pensando nas persoas con máis necesidades neste momento, volveuse a concretar en Gondomar nesta ocasión da man da oficina de Caixabank neste municipio, que doará 8.000 euros para adquisición de alimentos e primeira necesidade que, mensualmente a través da concellaría de Benestar Social fanse chegar a veciñanza con problemas económicos.
O alcalde Paco Ferreira, maila concelleira Nuria Lameiro, agradeceron hoxe a aportación ao director de Caixabank en Gondomar, Alberto Sorribes, e a súa directora de Área de Negocio Pontevedra Sur, Elena Rodríguez.

 

 

ec4ce48d17b0bda36087b2cf3d86aa55_Generic.jpg

A Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar organiza unha Campaña de Nadal de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Gondomar, e axudar e contribuír ao desenvolvemento económico e social e dinamizador do noso concello.

A campaña constará duns rascas, con premios de carácter económico que deberá entregar cada establecemento adherido aos seus clientes por compras superiores a 20€.

As empresarios interesados en participar deberán inscribirse e presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello (sempre que vaia a nome da persoa xurídica) de luns a venres de 9:00 a 14:00 ou mediante sede electrónica descargando a solicitude na ligazón da páxina web www.concellodegondomar.gal 

O período de presentación será dende o día 01 ao 9 de novembro, ambos incluídos, e as solicitudes presentadas fora de prazo non serán admitidas.

A campaña vaise celebrar dende o dia 4 de Decembro ata o 7 de Xaneiro ambos incluídos, no reparto dos rascas entre a clientela, e dende o 15 de Xaneiro ata o 28 de Febreiro para trocalos.

Para máis información preme aquí

cartel_xenerico_nadal.jpg 

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, renovou os convenios de colaboración anual con diferentes entidades sociais do municipio e da comarca, a través da concellaría de Benestar Social, cunha dotación total de 10.000 euros. A firma enmárcase dentro da política do executivo de facilitar as ferramentas e medios posibles ás organizaciónsdeste tipo ou comunitario que coa súa actividade redundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar.

É o caso do Centro Juan María, que atende a mozos/as do municipio de Gondomarasí como da comarca do Val Miñor, e que percibirá unha axuda de 3000 euros para o desenvolvemento de actividades e atención dos alumnos/as que nel aténdense.

Ademais tamén se asinaron os convenios de colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, cunha dotación de 2000 euros, así como con Autismo Vigo e a Asociación de Axuda ao  Pobo  Saharahui, cunha dotación de 2000 euros e 1000 euros anuais, respectivamente.

Por último, o concello de Gondomar achegará unha axuda de 2000 euros áAsociaciónAvelaíña dedicada á atención de persoas con problemas de saúde mental.

pobo saharahui 4.jpg

autismo 2.jpg

0d2f0b26-3062-4c6d-a177-1fda64b02a2a (1).jpg

AVELAIÑA 3.jpg

 

775d81c5-21d9-41f1-9cd6-7154b11e3d74.jpg

• Ferreira subscribiu os convenios de colaboración anual coas asociacións incrementando a dotación orzamentaria en cada un en 350 euros.
• Por primeira vez súmase a ANPA do C.R.A. Antía Cal, que percibirá 1.500 euros.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, subscribiu esta semana os convenios de colaboración que o goberno local, a través da concellería de Educación, mantén anualmente coas Asociacións de Nais e País (ANPAS) dos centros educativos públicos do municipio, cunha dotación total de 9.900 euros.
A firma enmárcase dentro da política do executivo de facilitar as ferramentas e medios posibles ás entidades de carácter social ou comunitario que coa súa actividade redundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar.
Neste caso, aténdese un sector importante como é a educación das novas xeracións, tal e como lembra o rexedor, que engade que se fixo o esforzo de incrementar as partidas respecto ao ano pasado porque “sen dúbida toda axuda para afrontar a volta ao cole neste momento que vivimos é necesaria e as administracións debemos estar aí, na medida do posible”.
Así subscribiron o convenio as representantes das Anpas dos Centros de Educación Infantil e de Primaria (CEIP) Xosé Neira Vilas, Souto Donas, Chano Piñeiro e Serra de Vincios, que recibirán unha subvención de 2.100 euros cada unha delas. Este ano súmase o ANPA do Colexio Rural Agrupado Antía Cal que por primeira vez subscribiu o convenio anual co concello, dotado con 1.500 euros.

NEIRA VILAS 3.jpg DONAS 1.jpg

CHANO PIÑEIRO 3.jpg CEIP SERRA VINCIOS 1.jpg

ANTIA CAL 5.jpg

 -O goberno renovou o convenio de colaboración dotado con orzamento de 2000 euros.

 -Nos primeiros oito meses do ano AECC realizou 123 intervencións no municipio.

 ​O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de ServizosSociais, Nuria Lameiro, renovaron este mañá a cooperación que manteñen coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro (AECC). O rexedor subscribiu xunto aopresidente da delegación da organización en Gondomar, Jose Luis Chamorro, o convenio de colaboración anual, dotado cun orzamento de 2.000 euros. 

​A firma enmárcase dentro da política do goberno local de facilitar as ferramentase medios posibles ás entidades de carácter social ou comunitario que coa súa actividaderedundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar, “ao que, sen dúbida o concello ten que contribuír, porque son estas asociacións as que teñen contacto directo coas necesidades de moitas persoas”, manifestou o alcalde Paco Ferreira.

​A colaboración coa delegación local de AECC en Gondomar é unha realidadecomo demostran as cifras facilitadas polos seus profesionais que, xunto á rede de voluntariado, entre os meses de xaneiro e agosto de 2020 realizaron un total de 123 intervencións no concello de Gondomar, prestando algúns dos seus programas ouservizos gratuítos como a atención  psicolóxica, social, programas de prevención, voluntariado ou “infocáncer”.

​Cabe destacar a cooperación establecida entre o concello de Gondomar e a asociación durante o período de estado de alerta sanitaria entre os meses de marzo e xuño prestando o seu apoio, en colaboración cos Servizos Sociais do municipio, a aquelas persoas que sentían soas,  desantendidas ou desinformadas prestando unhaatención a través de servizos telemáticos e dixitais. Un servizo que se prestou non só a enfermos de cancro, se non tamén a persoas afectas pola covid19 ou que perderon un familiar durante ela.

Captura de pantalla 2020-10-27 a las 9.11.49 copia.jpg

Ante as novas recomendacións emitidas polo Comité Clínico ao SERGAS, que decretou a entrada en fase 2 da nosa comunidade a partir desta medianoite, e o continuo incremento de contaxios en todo o país, o concello de Gondomar suspende os actos programados no seuprograma "Cultura de Outono".

 Gondomar aposta pola prevención e apela a responsabilidade social como ferramentas básicas para frear o incremento de casos e frear a curva que está rexistrando un sentido ascendente nos últimos días.

Captura de pantalla 2020-10-21 a las 19.56.06 copia.jpg

O goberno Gondomar segue desenvolvendo actuacións encamiñadas a fomentar actividades obras ou investimentos destinados á consecución de obxectivos de carácter social ou comunitario, ou que redunden no beneficio da colectividade de veciños e veciñas da localidade.

No marco desta filosofía o goberno local, a través da súa concellería de Medioambientee Transición Ecolóxica, acaba de renovar a súa colaboración anual coa  Asociación Protectora  Proxecto Gato. Así o alcalde, Paco Ferreira, subscribiu este martes o convenio de colaboración coa representante da citada organización, Fátima Lago, cunhadotación de 2000 euros para o desempeño das súas actividades no municipio.

Captura de pantalla 2020-10-21 a las 19.52.16 copia.jpg

Page 33 of 98

Rss