^ Ir arriba

Novas Comercio

Campaña de Nadal “No Nadal merca en Gondomar”

A Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar organiza unha Campaña de Nadal de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Gondomar, e axudar e contribuír ao desenvolvemento económico e social e dinamizador do noso concello.
A campaña constará duns rascas, con premios de carácter económico que deberá entregar cada establecemento adherido aos seus clientes por compras superiores a 20€.
As empresarios interesados en participar deberán inscribirse e presentar a solicitude de inscrición (descarga debaixo) no Rexistro Xeral do Concello (sempre que vaia a nome da persoa xurídica) de luns a venres de 9:00 a 14:00 ou mediante rexistro online na sede electrónica.

O período de presentación será dende o día 01 ao 9 de novembro, ambos incluídos, e as solicitudes presentadas fora de prazo non serán admitidas.

A campaña vaise celebrar dende o dia 4 de Decembro ata o 7 de Xaneiro ambos incluídos, no reparto dos rascas entre a clientela, e dende o 15 de Xaneiro ata o 28 de Febreiro para trocalos.

 

BASES E INSCRICIÓN ABAIXO PARA DESCARGA

cartelNadalNomes.jpg