QUE VAS FACER EN AGOSTO?
A Concellería de Xuventude do Concello Gondomar presenta á mocidade para o mes de agosto un obradoiro de percusión e outro de skateboard.
A Concellería de Deportes organiza durante os meses de verán no Pavillón de Deportes de Gondomar diferentes Campus deportivos xunto cos clubes deportivos.
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do verán 2017. O tempo de ocio no verán incrementase e faise necesario garantir a mocidade un ocio accesible e alternativo e positivo, que aporte valores como a creatividade, cohesión social, empatía, innovación, etc.
Ábrese o prazo para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade no 2017.
Actividades dirixidas a un grupo de mozos e mozas de distintas procedencias, que se comprometen de forma voluntaria e desinteresada a desenvolver un traballo de proxección social.
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.