^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (174)

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas a consecución de melloras nas competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

REQUISITOS: Alumnado de 3º e 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia que estean matriculados no curso 2018/19.

Informa DOG 24/04/2019 ou https://www.edu.xunta.es/axudasst

Convócanse as prazas para os campamentos da Xunta de Galicia. Programación de actividades de tempo libre de calidade que se distribúe en campamentos en Galicia e noutras comunidades Autónomas e mediante procedemento xeral ou de inclusión( mozos/as que teñan unha discapacidade igual ou superior o 33%).

Tuesday, 09 April 2019 12:00

II GLADIATOR KIDS

A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro,  aposta unha vez máis por Gladiator Kids. Unha proba diferente na que participan nenos e nenas entre 3 e 11 anos acompañados dun adulto.  Esta proba de obstáculos ten un carácter lúdico e non competitivo, consiste nunha serie de probas adaptadas as idades as que van dirixidas e na que non importa quen gañe, senón que o importante é divertirse e compartir en familia. Terá dous percorridos diferentes dependendo da franxa de idade.

Este ano temos 500 prazas, que están agardando por ti,  para vivir unha bonita experiencia o día 12 de maio no Parque das Ánimas

Para participar tes que  inscribirte do 10/04/2019 ata 10/05/2019,   a través da OMIX de Gondomar chamando ao 986.369.746 ou a través da páxina www.chapionchipnorte.com , prazas limitadas.

II Gladiator Kids, esperámoste en Gondomar.

 

GLADIATOR.jpg

II GLADIATOR KIDS.jpg

A Xunta de Galicia convoca os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.
 
Certificado galego de competencias dixitais en ofimática.
Tuesday, 26 March 2019 17:06

Campamentos Polideportivos

Campamentos Polideportivos
 
Máis información en www.depo.gal ou na oficina do OMIX en Gondomar.
 
Inscricions na Omix ata 14/04/2019
Inscricions na Deputación ata 15/04/2019
 

Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega.


Presentación de solicitude ata 25/04/2019.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 20 prazas para participar no programa High School Students Insternship Programme, que se levará a cabo entre o 29 de septiembre e o 12 de octubre na sede da Organización para a Investigación Nuclear en Ginebra.

High programme.jpg

Friday, 22 March 2019 16:56

Campus Científico de Verán

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 1560 axudas para participar no programa Campus Científico de Verán.

campus científico.jpg

Monday, 11 March 2019 13:59

VOLUNTARIADO XUVENIL EN ESPAZOS NATURAIS

A Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado, no marco do proxecto LEWO, organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño 2019, desenvolvendo actividades de tres tipo: preservación e conservación, investigación ou catalogación de flora e fauna da zona, acción de información e sensibilización.

proxecto LEWO.jpg

Page 2 of 13

Rss