^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

_MG_4627.jpg
Gondomar vibrará este Entroido ao compás e música dos preto de 500
participantes nas 8 comparsas que desfilarán polo municipio
O Entroido arrincará o venres 25 co desfile dos escolares sendo o día grande o
vindeiro domingo 27 a partir das 16.30 horas.
Todo preparado xa no concello de Gondomar para celebrar o entroido 2022 que
recupera as súas datas tradicionais, tras dous anos de ausencia. O vindeiro domingo ás
16.30 horas arrincará o desfile de comparsas, que este ano non competirán entre elas e
percibirán unha axuda económica pola súa presenza. Abrirán boca destas festas a
alegría e imaxinación do alumnado e equipo de profesores dos centros escolares do
municipio, co seu desfile este próximo venres 25.
Concretamente o Entroido escolar, toda unha tradición xa no municipio,
quentará os motores. O pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda, será o punto
de encontro de preto de 800 alumnos e alumnas do CEIP Chano Piñeiro, IES Auga da
Laxe e Terra Turonio que desfilarán polo centro da localidade, pasando pola Praza da
Paradela, mostrando os seus disfraces confeccionados en clase para a ocasión así
como as coreografías creadas e moi pegadas á actualidade social e musical do
momento.
Desfile de Entroido
O domingo 27 de marzo celebrarase o desfile central do Entroido de
Gondomar cun total de 9 comparsas rexistradas nel, e que cos seus traxes de cores,
ritmos, músicas e alegría traerán ao municipio temáticas diferentes que van desde as
fábricas de xoguetes ás carreiras de fórmula uno pasando polo mundo azteca ou a
conxunción dos entroidos máis tradicionais do mundo nunha mesma comparsas.
Así a agrupación “O millor de cada casa” presentará a temática de
“Queimando roda”, unha fantasía inspirada nas carreiras de coches de fórmula un co
que fan referencia “ás ganas de saír do garaxe tras dous anos encerrados nel coas
pezas renovadas e ganas de pasalo ben.”
“Valla- Gym” é o tema elexido pola comparsa do Centro Veciñal e Cultural de
Valadares que tirará da ironía para representar escenas que un se pode atopar
diariamente nun ximnasio e ao mesmo tempo “baixar uns quilos da amargura cotiá”.
 
Tamén desfilará polas rúas de Gondomar a comparsa Furafollas con
“Misturando Raíces” onde a música, a cor e a alegría ofreceranos un percorrido por
distintos entroidos do mundo, dos máis modernos aos máis tradicionais. Percorrido
histórico diferente o que presenta a Asociación “Os da Casa” que cos seus disfraces
trasladaranos á “Fábrica de xoguetes” onde a infancia adquire un poder relevante
descubrindo xoguetes desde a década dos 60 ata o de agora.
A Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño sumarase ao desfile con “O
circo”, “sinónimo de ledicia e a conxunción e mestura de seres que só poden alegranos
como os pallasos, domadores, mimos, equilibristas…” Ldanzia suma 115 participantes
ao entroido de Gondomar so o seu “Ldanzteka”, rendendo unha homenaxe á
civilización azteka con toda a súa maxia, mitoloxía e colorido.
“O conto da criada” será a temática que desenvolverán os integrantes da
comparsa do Centro Cultural “A Mercé de Chaín”, aos que tamén se sumarán no
desfile a comparsa de Parada do Miñor cunha versión moderna do famoso xogo do
dominó cunha “interpretación divertida coa que queremos sorprender ao público e
pasalo ben”.
O alcalde Paco Ferreira agradece a aposta das asociacións por sumarse e este
desfile no ano no que perde a súa condición de concurso, prestándose axudas
económicas aos participantes que oscilan entre os entre vos 250 e vos 400 euros para
as agrupación que desfilen sen carrozas, dependendo o importe final do número de
integrantes. Non caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a
plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, vos premios oscilarán entre
vos 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha
axuda de 100 euros.
 
274341785_506344384190380_2391854610267591571_n.jpg
O concello de Gondomar, a través do Fondo Galego de Cooperación do que forma parte, achegará unha axuda de 10.000 euros ao pobo saharahui que permitirá financiar un proxecto ambiental e a contratación de 20 traballadores na zona de Wilaya de Bojador.
 
O proxecto que contará coa axuda do Fondo de Cooperación Galego, no que tamén participará o concello de Nigrán, así como outros municipios de Pontevedra pendentes de confirmación, consiste na implantación dun servizo de recollida de residuos orgánicos e control da auga. Ademais contempla a contratación do persoal necesario e a dotación dos vehículos que permitan e faciliten a execución destas
accións.
 
Durante a estancia na zona e o encontro que o rexedor, Paco Ferreira, mantivo cos seus representantes locais expúxose a importancia que ten o feito de manter o control da potabilidade das augas, a subministración e o seu consumo, algo que non resulta ás veces demasiado sinxelo e supón un verdadeiros problemas de saúde para o pobo saharahui. A iso súmase a falta de servizo de recollida e destrución do lixo que implica dificultades serias para a convivencia e que con este tipo de proxectos que se poñerá en marcha coa financiación que se achegará, poderíase mellorar.

 

 

A alcaldesa en funcións, Iria Lamas, denuncia “que unha vez máis no canto de defender os intereses veciñais ou centrarse nos problemas serios que hai no seo do seu partido, a líder popular, Paula Bouzós, recorra ao ataque do goberno local terxiversando datos e non axustándose á verdade”.

 

Sae así ao paso da información publicada en Faro de Vigo na que se sinala que “embargaron contas a decenas de veciños por un erro de cobranza de recibos”, algo que “é totalmente incerto porque non se recibiu ou presentou ningunha reclamación por esta razón no  concello”. Explica que os embargos emitidos polo ORAL corresponderían a taxas pendentes de pago. 

Desde a primeira reclamación recollida no concello sobre unha posible duplicidade na cobranza de recibos atendéronse “cada unha delas, iniciando os departamentos de intervención e tesourería á vez un repaso exhaustivo e coidadoso do padrón fiscal para emendar calquera erro”, repasando os funcionarios os recibos desde xaneiro do 2018 a decembro de 2020”.

“A portavoz do PP, Paula Bouzós, - afirma a alcaldesa en funcións- antes de falar e emitir denuncias falsas debería confirmar e contrastar a información. Tan fácil como iso. Con todo prefire sementar unha vez máis a dúbida sobre o funcionamento do noso concello e, sobre todo, poñer en cuestión o traballo dos funcionarios que nel desempeñan o seu labor día a día”.

Desde o departamento de intervención e tesourería do concello emendáronse ante o ORAL todos os posibles erros, cun traballo exhaustivo de control de cada un dos recibos empadroados e emitidos en 2018 e 2019. En total remitíronse 481 baixas na cobranza de rede de sumidoiros correspondentes a ese período, e un total de 77 reclamacións en concepto de entrada de garaxes. 

A elas sumaríanse 57 ao detectarse que o erro se debía á existencia dun cambio de titularidade ou que xa non estaban conectados á rede de saneamento, e non foran comunicados oficialmente no seu momento no concello polos afectados.   

Reitera Iria Lamas que non hai constancia de ningunha reclamación por embargo de contas no concello, nin se tramitou ningunha denuncia respecto diso. Nese sentido cualifica de “triste” a actitude da portavoz popular, Paula Bouzós, “que ao non ter armas para poder competir coa correcta xestión que está a realizar o goberno local, recorre a este tipo de estratexias de poñer en marcha o ventilador máis propias do partido no que milita, tal e como podemos comprobar estes días”.  

O municipio miñorano participa xunto con outros 12 concellos galegos, catro de eles na provincia de Pontevedra, na iniciativa “Únete ao reto”, impulsada pola consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes, co obxectivo de promover a concienciación social e a reciclaxe entre a veciñanza de cada municipio.
 
“Trátase dunha oportunidade fantástica para seguir sumando a prol da defensa do medioambiente, cunha nova acción que segue a liña iniciada polo goberno local de converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e exemplo de reciclaxe”, manifestou o alcalde Paco Ferreira.
 
Gondomar, é un dos 5 concellos da provincia Pontevedra, elixidos para sumarse a esta iniciativa que ten como obxectivo principal incentivar aos participantes que incrementen polo menos nun 10% a porcentaxe de achegas ao colector amarelo realizáronse o ano anterior.
 
 A iniciativa desenvolverase entre os meses de marzo e maio e contempla programada unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará a implicación da cidadanía para participar de forma activa en mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e lograr aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado.
 
Campaña “Únete ao reto”
 
Baseada en achegar ideas e accións innovadoras contempla a instalación temporal de contendores xigantes (4 metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de accións de información, de comunicación a través das redes sociais
ou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número de persoas posible.
 
 Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións que se programen nas rúas. Entre as súas funcións enmárcase tamén a de dar a coñecer aos locais de hostalería e resto de establecementos do municipio a importancia de participar no reto. Se Gondomar logra incrementar ese 10% ao que é retado, logrará a cantidade de 2000 euros que poderá destinar a unha causa de acción social que se determine.
 
“Sen dúbida todo é positivo neste reto porque axúdanos a avanzar na reciclaxe e na aposta pola economía circular que apoiamos de forma decidida, á vez que nos permitirá doar a unha asociación sen ánimo de lucro o premio para que poida seguir traballando a favor de sectores que o precisan”, concluíu Paco Ferreira
O concello de Gondomar segue sendo noticia debido ao seu apoio e participación no proxecto pioneiro posto en marcha por persoal do Centro de Saúde do Val Miñor, e do que se benefician quince persoas do noso concello.
A aposta polo deporte, neste caso pola marcha nórdica, como medio para controlar a hipertensión é noticia a nivel nacional facéndose eco desta iniciativa da nosa comarca a cadena Atresmedia.
Esta fase inicial do proxecto está dirixida a pacientes hipertensos dos tres municipios do Val Miñor (os interesados deben dirixirse ao personal de enfermería do seu respectivo centro de saúde). O Obxectivo final e asentar os grupos na comarca miñorana para incorporar a todo
tipo de poboación dado os múltiples beneficios deste tipo de marcha.
Durante catro meses ofreceránse dúas rutas matinais dirixidas polo seleccionador galego Nacho García e coa presencia dos propios enfermeiros/as pomotores do proxecto que reforzarán a actividade cos seus coñecementos en saúde.
O alcalde, Paco Ferreira, lembrou ante aos medios a importancia que ten a aposta polos hábitos saudables e medidas deste tipo, e lembrou que seguirá traballando dende esta liña o seu goberno.
 
photo_2022-02-09_12-24-13 (2).jpg
photo_2022-02-09_12-24-11.jpg
 
photo_2022-02-09_12-24-09 (2).jpg
 
2O4A4696.jpg
 
O concello de Gondomar iluminouse de verde toda a semana atendendo a demanda da AECC con motivo da celebración, hoxe venres 04 de febreiro, do Día Internacional de loita contra o cancro e asi visibilizar esta enfermidade e sensibilizar á sociedade sobre ela e as necesidades e demandas que aínda quedan pendentes de atender para garantir unha asistencia igualitaria para todas as persoas que a padecen.
 
Súmase a campaña desenvolta pola asociación titulada ¿Iguales? e coa que se amosa que non todas as persoas que padecen a enfermidade teñen as mesmas condición de acceso a investigación o aos tratamentos. Como lembran o código postal dunha persoa pode condicionar máis co código xenético no trato do cancro.

ent.jpg

O certame perde a condición de concurso e as comparsas percibirán unha axuda económica por participar.
 
El concello de Gondomar celebrará o Entroido o vindeiro domingo 27 de febreiro, xornada na que ás 16.30 horas arrincará o desfile das comparsas que este non competirán entre elas para lograr o mellor posto. Os participantes percibirán unha axuda económica, que oscilará entre os 250 e 550 euros, dependendo das súas características. Tamén se contempla a participación das rondallas que percibirán unha subvención de 200 euros pola súa presenza no Entroido de Gondomar.
 
Gondomar 04.02.22 -Todo está listo para celebrar o Entroido este ano, tras case outros dous nos que non se puido manter nas súas datas tradicionais debido á pandemia. Regresará ás rúa do municipio o vindeiro domingo 27 de febreiro, con forma de desfile e abandonando a súa tradicional categoría de concurso. Nesta ocasión todos os participantes que se inscriban percibirán unha axuda económica pola súa presenza, sempre suxeitas ás bases publicadas polo concello e que se poden consultar e descargar na sede electrónica ou a través da páxina web www.concellodegondomar.gal. O prazo de presentación inscricións finalizará o vindeiro 20 de febreiro e deberán entregarse no Rexistro Municipal ou a través de sede electrónica, achegando o anexo I das bases.
 
Requisitos e axudas
 
As comparsas participantes deberán ter un mínimo de 20 compoentes e o máximo delas que se poderán inscribir será de 10, cun mínimo de 6, permitindo as bases convidar ata 5 comparsas máis.
 
As axudas económicas previstas oscilarán entre os 250 e os 400 euros para as agrupación que desfilen senes carrozas, dependendo o importe final do número de integrantes que oscilará entre un mínimo de 10 compoñentes ata un máximo de 81. No caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, os premios oscilarán entre os 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha axuda de 100 euros.
 
Tamén no caso das rondallas estipúlase un número de máximo de participantes, fixado en 10 e un mínimo de 6, dando sempre preferencia ás representantes de Gondomar e ás da comarca do Val Miñor. Estas agrupacións deberán estar integradas por un mínimo de 20 persoas para poder desfilar e percibir a axuda de 200 euros por parte do concello de Gondomar.
Percorrido e datas
O desfile, como tradicionalmente celebrouse, terá lugar o domingo de entroido, 27 de febreiro, a partir das 16.30 horas. O percorrido previsto para parte dende Eduardo Iglesias, accedendo por Anxo Urzáiz dirección á Praza Paradela, que abandonarán pasando por diante do consistorio para saír pola Avenida do Conde.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar o domingo o desfile pospoñerase ata o martes 01 de marzo e se nese día tampouco fose posible trasladaríase ao sábado 05 de marzo, ultima data para celebrar o desfile que de non poder ser realizado nalgun dos días indicados cancelarase ata a próxima edición.
O enterro da sardiña para chorar e despedir o entroido está prevista o día 2 de marzo a partir das 19.30 sempre que as condicións sanitarias e climatolóxicas permítano.

 

 
photo_2022-02-02_13-36-40.jpg
Gondomar segue a impulsar e potenciar as políticas de envecellemento activo da súa veciñanza. Máis de 80 persoas participan na nova edición de cursos de ximnasia de mantemento do concello, nos que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.
A actividade de ximnasia de mantemento desenvolvese os luns e
mércores de 10.30 a 11.30 horas e de 11.30 a 12.30 horas. A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o pavillón para darlles a benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos e demostrar que os nosos maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.
 
photo_2022-02-02_13-35-00.jpg
photo_2022-02-02_13-34-58.jpg
 
photo_2022-02-01_11-36-53 (2).jpg
 
O concello de Gondomar puxo en marcha unha nova edición dos talleres "Cultiva a mente" que desenvolve en colaboración con AFAGA. Dirixido a persoas maiores de 55 anos ten como obxectivo a prevención e detección do alzheimer. Impartidos pola psicóloga Estela Pereira, os e as participantes foron recibidos pola concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, e o presidente da asociación Juan Carlos Rodríguez, quen agradeceu a implicación do concello de Gondomar neste tipo de iniciativas.
Martes e xoves, durante dúas horas abordan diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.
 
Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspectos como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e ou cálculo, entre outros.
 
photo_2022-02-01_11-36-52 (2).jpg
Page 3 of 98

Rss