^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

 photo1639162634.jpeg
O goberno local recepcionou este venres os traballos realizados nas últimas
semanas para cambiar o céspede do campo de fútbol municipal de As Cercas,
que supuxo un investimento de preto de 150.000 euros.
 
“Dotamos este campo de fútbol municipal cun céspede de última
xeración que garantirá unha sensación de maior cobertura da superficie e
minimizará as lesións dos usuarios”, manifestou o alcalde Paco Ferreira, quen
subliñou que “cumprimos o prometido e actuamos atendendo as necesidades e
demandas dos nosos deportistas”.
Por outra banda agradeceu a paciencia por parte das familias dos
xogadores e xogadoras, así como por parte dos clubs “ante as molestias que
puidésemos xerar cos traballos do cambio do céspede” e mostrou a súa
confianza de que “unha vez retómese a actividade en As Cercas todos serán
conscientes de que valeu a pena e que era unha acción necesaria para garantir a
integridade dos xogadores e xogadoras que acoden a el”.
De feito, lembrou que por este céntrico campo pasan semanalmente,
durante o ano, máis de 500 xogadores dos equipos locais de categorías
inferiores, tanto para adestrarse como para disputar os seus encontros, tanto
deporte base como veteranos, etc.
 
Proxecto e actuación no Campo das Cercas
 
As obras, cun orzamento de case 150.000 euros con cargo ao remanente
do Concello de Gondomar, foron executadas polo despacho de arquitectos
Pablo Muiños Pazos. A superficie de intervención foi de 6.425 metros
cadrados aproximadamente e a obra comprendeu a renovación do pavimento
deportivo de As Cercas, eliminando a súa terminación actual en céspede
sintético, altamente degradado, e suplíndoo por céspede artificial de última
xeración.
 
O proxecto contempla tamén o cambio da iluminación por sistemas que
fomente o aforro enerxético, así como o sistema de rego automático, o que
suporá unha inversión de 31.000 euros.
A intervención incluíu a retirada do pavimento do céspede existente e á
súa renovación por un de maior calidade que “mellorará o comportamento
desta fronte os impactos nas articulacións”. De feito, o novo sistema cumprirá
cos parámetros de calidade a nivel biomecánico, de durabilidade e resistencia
climática segundo os requirimentos da FIFA FQC e o criterio de calidade FIFA
Quality PROL
 
Características
Tras proceder ao desmonte procedeuse á extracción do recheo de area e
granulado de caucho e á limpeza da superficie de aglomerado sobre o que se
instalou o novo céspede artificial, cunha base elástica prefabricada de 10mm de
espesor, composta de escuma de poliolefina de célula pechada reticulada e
tecido non tecido na parte superior cun peso total superior aos 580 g/ m “e
unha absorción de impactos superior ao 40”..
Unha vez instalado procedeuse á marcaxe e sinalización de campos de
fútbol 11 e 7 seguindo os criterios da Real Federación Española de Fútbol. As
bandas de marcaxe serán de cor branca no campo de fútbol 11 e de cor azul ou
amarela para as posibles marcaxes de fútbol 7 transversais.

Cartel charla familias.png

Mañá venres día 10 de decembro, e o sábado 11 temos unha nova cita con ciclo de charlas "Falamos", organizado pola concellería de Xuventude, a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Turno aberto ás familias da mocidade. Aberto o público xeral este ciclo busca facilitar as ferramentas precisas para garantir unha convivencia saudable entre proxenitores e adolescentes.

Os/as interesados/as poderán inscribirse en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. As charlas terán lugar no Centro Neural o venres entres as 20.00 e 22.00 horas, e, o sábado entre as 11.00 e as 13.00 h.

O ciclo “Falamos completou unha primeira parte con charlas-taller impartidas á mocidade dos institutos de Gondomar traballando sobre conceptos como as diferentes formas de violencia e como abordalas, ou as capacitacións e as opcións do mercado laboral.

 

264286265_2974358612826681_7122512436197813817_n (1).jpg

 

Ata o vindeiro 12 de xaneiro poderá visitarse na biblioteca municipal de #Gondomar esta exposición composta por 14 banners con textos en galego e castelán.

O fío conductor é a relación dos pises escandinavos con Galicia a través do Camiño de Santiago, dando a coñecer as rutas xacobeas, o seu pasado, presente ou puntos xeográficos emblemáticos.

Vinde a visitala!!

photo_2021-12-03_16-38-02.jpg
 
Este sábado ás 18.30 horas abrirá as súas portas na Casa da Cultura o Belén artesanal en movemento de Gondomar, que este ano inclúe algo máis de 150 pezas en movemento e ocupa máis 50 metros. Ao acto de inauguración está prevista a presenza do Bispo da Diocese de Tui- Vigo, Monseñor Luis Quinteiro Fiuza.
 
Máis de 600 pezas, todas feitas a man, integran este ano o Belén artesanal en movemento de Gondomar, propiedade de Fernando Fernández, responsable da talla das personaxes e edificacións que dan forma ao Belén que nas súas últimas edicións visitaron centos de persoas durante as festas do Nadal no municipio.
 
Un dos seus atractivos principal é o feito da mobilidade de moitas das súas pezas que cada ano crecen con novas incorporacións que alcanzan xa as 150 porque “sen dúbida son as que máis chaman a atención de quen vén a ver o belén”, afirma Fernando, quen destaca entre as novidades a incorporación de novas profesións tradicionais nel.
 
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polo Bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, inaugurarán oficialmente “esta marabilla que cada ano sorpréndenos máis e que, sen dúbida, podemos dicir convértenos no municipio co belén máis grande da provincia”, afirmou ou alcalde, Paco Ferreira, quen dixo sentirse orgulloso “de abrir as portas a toda a veciñanza desta obra de arte que ata fai cinco anos, cando o concello propuso expoñerlo, só se podía ver na casa do noso veciño”. Escenas de Exipto, o palacio de Herodes, construcións típicas do momento e centos de figuras distribuídas en tres alturas ao longo de algo máis de 50 metros nos que Fernando Fernández investiu 8 días para a súa montaxe poderán descubrirse estes días na Casa da Cultura de Gondomar.
 
Este veciño de Borreiros explica que a súa afección forma parte dunha tradición familiar que confía teña continuidade nos seus netos “que xa empezan a facer algunhas cosillas e mesmo gañaron algún premio”. Recoñece que é un traballo delicado ao que dedica moitas horas, pero “é moi reconfortante ver ou resultado despois e como gozan do quen ou visita e vos comentarios que fan”. O Belén artesanal en movemento poderá visitarse ata o próximo día 09 de xaneiro de 2022 en horario de mañá entre as 11.00 e as 13.00 horas, e entre as 17.00 e as 21.00 horas, en horario de tarde, permanecendo pechado as mañás do 25 de decembro e ou 1 e 6 de xaneiro.
 
photo_2021-11-29_14-00-39.jpg
 
Wednesday, 01 December 2021 16:36

Gondomar inaugura o seu Nadal esta fin de semana

_DSC4148.jpg
 
 
 
O vindeiro sábado 04 de decembro Gondomar dará o pistoletazo inicial ao seu programa de Nadal coa inauguración oficial da iluminación navideña, ás oito da tarde na Praza da Paradela, onde previamente celebrarase un concerto e personaxes de animación convidarán á cidadanía a sumarse á celebración, que presidirá o alcalde de
Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos integrantes do seu goberno.
 
Todo listo para a conta atrás este sábado e inaugurar a iluminación do Nadal nun acto que “é xa unha cita que moitos e moitas teñen marcada no seu calendario”, manifesta o rexedor gondomareño, que ás 20.00 horas pulsará o botón que acenderá as miles de lámpadas leds, arcos de luz e “a nosa tradicional árbore vermella” no municipio, marcando o inicio da celebración do Nadal.
 
O acto virá precedido dun concerto a cargo do grupo “Los Goonis” e a presenza dos personaxes, sempre máxicos, aos que darán vida os integrantes de “Sarao Animación” que caldearán o ambiente para garantir unha tarde de alegría e diversión para grandes e pequenos.
 
Belén Artesanal en movimiento
 
O mesmo sábado inaugurarase o Belén artesanal en movemento -a partir das 18.30 horas- que este ano se traslada á Casa da Cultura onde permanecerá ata o próximo 9 de xaneiro. Nesta ocasión a composición ocupará preto de 55 metros de espazo e conformarana un total de 600 figuras, das que 150 están en movemento.
 
O seu propietario Fernando Fernández Penedo, veciño da parroquia de
Borreiros, que leva preto de 3 décadas tallando e dando vida ás figuras que integran este belén artesanal no que este ano destacan novidades como a inclusión dunha réplica da ponte romana de Ramallosa, en cuxa elaboración empregou case tres meses de traballo.
 
Programación de Nadal
 
A inauguración da iluminación de nadal poñerá en marcha tamén o programa elaborado pola concellería de Cultura para estas datas festivas no que non faltarán a visita de Papa Noel, os Reis Magos ou o Apalpador, teatro, concertos ou pasarrúas. Non faltará a cita tradicional coa Cabalgata de Reis ou o Certame de Rondallas do 06 de xaneiro.
 
O 12 de decembro o Auditorio Lois Tobío acollerá o espectáculo “Ciencia que alimenta” cuxa recadación se destinará a Gondoilusión, a campaña solidaria, promovida por Benestar Social, que busca garantir xoguetes para nenos e nenas cuxas familias se atopan en situación vulnerable. Pequenos que poderán gozar da visita de Mama Noel o 22 de decembro e de Papa Noel os días 23 e 24 deste mes, ambos estarán acompañados
por unha animación especial para a ocasión.
Fieis ás tradicións en Gondomar espérase a visita do Apalpador o día de Nadal a partir das 12.00 horas, que chega a Gondomar de man da Diputación Provincial de Pontevedra. Os Reis Magos percorrerán as rúas na cabalgata a partir das 17.30 h. e o 04 de xaneiro os nenos/as poderán deseñar as súas cartas e tarxetas nun taller que se celebrará na Praza Paradela.
A música non faltará á cita do Nadal en Gondomar coa celebración do Certame de Panxoliñas (18 decembro) a cargo das corais do municipio, o Concerto de Nadal dos alumnos do conservatorio o día 15 de decembro, a actuación da Banda Musical de Vincios e a presenza das Rondallas de Vincios e Chaín nas rúas do municipio, que participarán o día de Reis no tradicional e veterano Certame de Rondallas de Gondomar.
Este ano tamén recupérase o Mercado de Nadal que se celebrará o próximo 19 de decembro durante toda a xornada, iniciativa que ponse en marcha en colaboración coa concellería de Comercio, ao que se suman outras como o concurso de decoración do Nadal de escaparates e vivendas, o campus solidario de Nadal para nenos de entre 6 e 12 anos, ou o programa “Non Nadal, merca en Gondomar”, de promoción do consumo local.
Tuesday, 30 November 2021 14:10

II MERCADO DE NADAL

 
CARTEL-A3.jpg
Descubride que se oculta tras as páxinas de "Dedas", un libro ilustrado dirixido a nenas e nenos de 1 a 6 anos, cun divertido contacontos desta bela historia que se desenvolverá no Centro Neural este sábado 04 de decembro a partir das 17.00 horas. Ilustracións de cor e poesía na que a musicalidade e repetición converten esta obra en algo entretido e divertido que non esquece o seu fin didáctico, sempre presente nos obxectivos das súas creadoras Soledad García (escritora), Laine Villero (ilustradora) e Natalia Guisande (responsable do deseño).
 
Esperámosvos!!
 
 
VIII CAMPUS NADAL.png
 
Entre os días 27 e 30 de decembro o concello de Gondomar celebrará unha nova edición do Campus Nadal Solidario, promovido pola concellaría de Deportes, e que xunta a diversión para os máis novos e novas cos hábitos saudables e os valores da solidariedade.
 
O VIII Campus Nadal Solidario abre o seu prazo de inscricións este luns 29 de novembro e permanecerá aberto ata o 22 de decembro para cubrir as 70 prazas que se poñen ao dispor das familias de Gondomar como unha das alternativas para favorecer a conciliación durante as datas do Nadal.
 
“É unha das preocupacións que neste goberno sempre temos presente e desde as concellerías trabállase para atender esta demanda ofrecendo sempre actividades nas que os máis novos e novas ademais de divertirse tamén aprenden valores necesarios para o seu desenvolvemento como o compañeirismo, hábitos saudables ou
a solidariedade, entre outros”, sinala o alcalde Paco Ferreira.
 
A única condición para poder inscribirse será a de achegar como mínimo 2 quilos de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal “porque nestas datas, máis que nunca, non podemos esquecernos daqueles que se atopan nunha situación vulnerable”.
 
Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que durante os catro días do campamento poderán participar en distintas actividades deportivas, descubrindo as súas habilidades en deportes que descoñecían ou mesmo achegarse a novas modalidades, á vez que se divirten. Como en anos anteriores, tamén se programa unha excursión.
 
As inscricións realizaranse no pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, entre ás 17.00 horas e ás 19.00 horas. 
 
Máis información no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou o teléfono 986 360 305.
Friday, 26 November 2021 10:13

CONCURSO DE DECORACIÓN

 

Concurso Decoración.jpg

As Concellerías de Comercio, Turismo e Cultura do Concello de Gondomar, organizan o 1º Concurso de decoración de Nadal no municipio coa intención de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila nestas datas, facendo complices tanto ao pequeño comercio local como a veciñanza coas súas vivendas particulais.


Mediante este concurso, queremos promover a creatividade e deixar voa a imaxinación, potenciar o ambiente de Nadal e crear unha armonía que faga do noso municipio un atractivo para os visitantes. Para iso, a temática escollida nesta ocasión é “A FÁBRICA DO NADAL”, e nela ten cabida todo tipo de elementos navideños e cores.

 

BASES

ANEXO I

ANEXO II

 

 

photo_2021-11-24_13-44-29 (4).jpg
 
O Concello de Gondomar, un ano máis, a través do departamento de Igualdade editou un calendario dedicado ás mulleres as que a historia negou o seu recoñecemento. Este ano ocuparán as súas páxinas mulleres galegas que abriron camiño e foron pioneiras
en ámbitos negados a elas como pode ser a investigación, as matemáticas ou a aviación.
 
Coincidindo cos actos do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un ano máis se repartirán en Gondomar calendarios do próximo ano cuxo obxectivo fundamental, como nas dúas últimas edicións, é visibilizar a aquelas mulleres que durante anos a historia negou o seu papel nela.
 
Se o 2020 foi un almanaque dedicado a mulleres representativas na loita de igualdade de oportunidades e dereitos femininos, o 2021 ocuparán as súas follas aquelas que, rompendo todos os estereotipos establecidos pola sociedade, abriron camiño con grandes achegas históricas.
 
Así desde xaneiro a decembro poderemos descubrir nomes como o da pontevedresa Elsa Patiño, primeira muller en pilotar un avión en Galicia; o da matemática e astrónomoma, Antonia Ferrín; Olimpia Valencia, a primeira médica galega; María Casares, actriz de cinema e teatro que chegou a ser moi cotizada en escenarios franceses; ou Ángeles Alvariño, primeira muller galega que, como científica, viaxou a bordo dun barco de investigación, entre outras.
 
Os calendarios, financiados con fondos del Ministerio de Igualdade, dentro do marco do Paco de Estado contra a violencia de xénero, poderanse recollerse este xoves na Praza Paradela (entre as 11.00 e 13.00 horas), coincidindo coas actividades centrais do día, e despois no Rexistro Municipal do concello de Gondomar
Page 6 of 98

Rss