A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
A Concellería de cultura, educación e ordenación universitaria da Xunta de Galicia convoca as axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 nunha universidade Galega, conducente a obtención dun título oficial de grao.
Convocatoria para solicitar praza para Formación Profesional Dual, proxectos educativos que combinan procesos de ensino en centros de formación e en empresas.
Hoxe comeza a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade” nos colexios de Gondomar. A actividade, que se desenvolverá no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, correrá a cargo do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e funcionarios do Departamento de Igualdade.
Curso de Educación viaria levado a cabo pola Policía Local de Gondomar e a DXT no CEIP Souto-Donas.
É fundamental concienciar aos máis novos en seguridal viaria como materia transversal.
Convócanse 20 becas dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato e FP, para a realización de cursos de inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o mes de agosto de 2017.
Convócanse 1.920 axudas en réxime de concorrencia competitiva para participar no 2017 no programa “ Campus Científicos de Verano”. 7 Días participando nun proxecto na área de física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e disciplinas asociadas.
Convócanse 150 axudas para estadías nalgún estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017.