^ Ir arriba
Thursday, 05 October 2017 20:21

Axudas para o inicio de estudos universitarios

A Concellería de cultura, educación e ordenación universitaria da Xunta de Galicia convoca as axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 nunha universidade Galega, conducente a obtención dun título oficial de grao.

REQUISITOS: acreditar unha cualificación no ABAU ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 e inferior a 5,5 excluíndo a cualificación da parte voluntaria, estar matriculado no 1ºcurso nunha universidade galega dun mínimo de 60 créditos, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior,non estar incluído nos casos de exención total de pago da matrícula e renda da unidade familiar.
PRAZO: 06/11/2017
Informa DOG 05/10/2017 ou OMIX Gondomar

Last modified on Monday, 09 October 2017 20:37