^ Ir arriba
Monday, 20 March 2017 13:02

Convócanse 20 becas dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato e FP.

Convócanse 20 becas dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato e FP, para a realización de cursos de inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o mes de agosto de 2017.

Estás becas inclúen o 100% do gastos a excepción do billete de ida e volta e cartos de peto para gastos persoais. Estas becas van dirixidas a alumnos/as con bos expedientes académicos e recursos económicos limitados.
REQUISITOS: Ter nacido con anterioridade ao 31 de decembro do 2002, estar matriculado no presente ano escolar 2016/17 en Bacharelato, ESO, FP ou Titulación Universitaria regulada en calquera punto de España, ter unha media de expediente académico como mínimo de 6, ter
sido bolseiro polo MEC ou calquera outra administración pública por motivos económicos.
PRAZO: ata o 12 abril do 2017.
Solicitude electrónica a través de www.becaseurolingua.com
Informa www.venairlanda.com

Last modified on Tuesday, 21 March 2017 12:05