Organizado pola Concellería de Comercio e a Asociación "O Toxo" de Gondomar, este encontro reúne a presentación e venda de produtos locais ou agroecolóxicos.
Dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Valmiñor (OVALMI), queren por en marcha catro cursos formativos dirixidos ao comercio e á hostalería.
O Concelleiro de Comercio Xosé Antón Arauxo Rodríguez e Jose González Goce, Vicepresidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) fixeron entrega dos premio aos gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de locais de Nadal no Concello de Gondomar, obsequiando aos gañadores cun cheque de 300 € ao 1ª premio de cada modalidade, e un diploma para todos eles.
O xurado da primeira edición do Concurso de Escaparates e Ambientación de locais de nadal de Gondomar tras visitar os case 40 establecementos participantes reuniuse o pasado xoves para a toma de decisións.
Praza de abastos, vendedores ambulantes, comercio local, hostalería, mercado agroecolóxico e artesáns serán os eixos sobre os que pilote o novo mercado semanal.
Finalizado o prazo do concurso convocado pola Concellaría de Comercio, o número de inscricións supera a corentena.
A pesares do modesto importe dos premios, limitada pola precariedade monetaria do Concello, estamos moi gratamente agradecidos e sorprendidos polo número de inscritos, polo dinamismo, esforzo e traballo do comercio de Gondomar.
A concellería de Comercio do concello de Gondomar en colaboración cos/aspraceiros/as da praza de abastos municipal convoca o 1º concurso de debuxo “Que é para ti o mercado?”