^ Ir arriba

novas

Tuesday, 27 December 2016 11:20

Aprehendo e Ollomol gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de Gondomar.

O xurado da primeira edición do Concurso de Escaparates e Ambientación de locais de nadal de Gondomar tras visitar os case 40 establecementos participantes reuniuse o pasado xoves para a toma de decisións.

Os gañadores son, na categoría de ambientación: primeiro premio para o local Aprehendo, do que o xurado quixo destacar a utilización de materiais de uso diario aplicándoos a novos contextos ademáis de valorar positivamente o uso do espazo do que dispoñían. O segundo premio de esta categoría é para Herboristería Bambú, por facer unha ambientación correcta e grazas o sentido da profundidade do que souberon dotar a sua decoración. Por último o xurado premia co terceiro galardón a decoración natural a base de productos do sector de Nancy Armijo Estilistas.

Os premiados na categoría de escaparatismo son, en primeiro lugar: Ollomol pola organización, o uso de materiais naturais e a composición xeral do seu escaparate. Auto Serviancar lévase o segundo premio do xurado por acadar o efecto desexado con poucos materiais e unha paleta de cores limitada. O terceiro premio é, pola sua orixinalidade, sinseleza e movemento , para o escaparate de Expert Gondomar.

Os primeiros postos de cada categoría teñen por premio 300€, mentras que os segundos e terceiros recibirán un diploma que recoñece o valor das súas creacións de nadal. Todos eles terán por premio a publicidade e promoción dos seus negocios nas redes sociais do Concello e na páxina Web durante o mes que eles escollan.

A organización do Concurso a cargo da Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, dirixida por Xosé Antón Arauxo, quere felicitar a todolos gañadores e participantes. Invitando ademáis os gondomareños e visitantes que fagan as suas compras na vila condal, o mellor premio para tódolos participantes.

Aprehendo 2Ollomolweb