^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

dhogs-560298151-large.jpg
 
 
O auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a segunda sesión do ciclo de cinema galego incluído no programa cultural do actual trimestre no municipio e que se desenvolve coa colaboración do Cineclub Val Miñor Alice Guy.
 
Nesta ocasión proxectarase, a partir das 21.00 horas deste venres 29 de outubro, “Doghs”, ópera prima do director Andrés Goiteira e que foi moi galardoada tras a súa estrea.
 
A longametraxe, que arrasou no Festival de Sitges e fíxose con 13 premios Mestre Mateo no 2018, non deixará indiferente aos/as espectadores/as que se acheguen ata o auditorio municipal. Na pantalla unha crónica feroz na que os seres humanos protagonistas son identificados con animais cuxas historias se entrecruzan ao longo do desenvolvemento da película.
 
O director recolle en Doghs a pegada de directores como Quentin Tarantino, David Lynch ou os irmáns Coen pero neste caso levada ao límite sen contemplacións.
 
O DOG publica a orde do 18 de outubro de 2021 na que se establecen as bases reguladoras do IV Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crisis da Covid19.
Establécense axudas directas para o apoio á solvencia e reducción do endebedamento do sector privado.
 
Más información nas seguintes ligazóns:
 
Orde DOG Xoves, 28 de outubro de 2021 (xunta.gal)
 
Orde do DOG nº 208 do 2021/10/28 - Xunta de Galicia
 
 
IMG-20211027-WA0002.jpg
 
A defensa do medioambiente e a loita contra o cambio climático e cousa de todos e todas. Dende o goberno de Gondomar segue a traballarse nesta idea coa programación de actividades dirixidas a distintos ámbitos, e especialmente a mocidade, que responde neste ámbito moi ben.
 
Dende o concello facemos chegar os nosos parabéns ao alumnado e comunidade educativa do CEP Neira Vilas pola iniciativa “Martes Verdes” adicada á recollida de lixo da contorna e de produtos naturais, e na que participaron os mozos e mozas. Durante a hora que durou a saída, os alumnos recolleron 36.8 kg de lixo.
 
Aproveitaron para pedir con carteis que non se tire lixo, porque xa o ano pasado recolleron 20 kg. Logo aproveitaron para facer cos produtos naturais recollidos unhas mandalas para manifestar que non todo é lixo e o noso deber é coidar a natureza.’
 
 
 
IMG-20211027-WA0000.jpg
  IMG-20211027-WA0004.jpg
 
27O_espanÞol-1.jpg
 
 
Hoxe celébrase o día nacional do TDAH, convocado por federacións e asociacións que queren visibilizar a existencia deste transtorno na nosa sociedade, e demandar máis axudas e apoios por parte da cidadanía e as administracións. 
 
Gondomar súmase a esta xornada e as súas demandas centradas en lograr maior investigación, a formación e normalización social dun transtorno que, a día de hoxe, segue supoñendo un estigma para moitas persoas que o padecen.
 
Coincidindo con esta data este venres no Centro Neural ás 19.00 horas, a OMIX desenvolverá un obradoiro e conferencia sobre o TDAH a cargo da psicóloga Paula Rodríguez, titulados TDAH, máis aló do diagnóstico.
Máis info no 986.369746
 
 
FCiSMktWYAM2cHI.jpg
 
 O concello de Gondomar, representado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, recibiu
na Deputación Provincial o dispositivo #Gestraee, unha app pioneira en España que permitirá
rexistrar o fluxo dos aparellos eléctricos e electrónicos reutilizables para darlles unha segunda
vida, así como para controlar os #REES que se xeran no municipio.
 
   Este novo software é un paso máis dentro do programa transfronteirizo ESTRAEE, promovido
pola institución provincial, ao que está adherido o concello de Gondomar.
 
   A nova app #Gestraee facilitará a dixitalización dos puntos limpos e, entre outras cuestións, os
usuarios poderán recibir un xustificante dos #REES que depositasen no punto limpo do seu
municipio.
 
#Gondomarsostible
 
 
photo_2021-10-25_10-54-18.jpg
 
  A Entidade Local Menor de Morgadáns tamén ten en marcha o proceso de
creación de bandeira e escudos propios, que, como ocorre coa de Gondomar, están a
deseñar desde a Comisión Heráldica da Xunta de Galicia.
 
   No caso da Entidade os seus representantes xa deron o visto e prace en pleno á
proposta definitiva que se remitirá de novo á institución autonómica para que sexa
aprobada de forma definitiva.
 
   Bandeira e escudo son tricolores coas cores amarelo, verde e azul, aos que se
suman símbolos que fan referencia á tradición gandeira desta parroquia de Gondomar,
así como á cría de cabalos salvaxes en liberdade, que tamén a identifica.
 photo_2021-10-25_10-54-08.jpg
Comisión Heráldica da Xunta
 
  O alcalde de Gondomar, solicitou hai un ano e medio á institución galega
a creación dunha enseña propia, dunha bandeira oficial para ao municipio
porque “todas as localidades teñen bandeira, pero Gondomar só escudo e é un
signo de identidade importante”, xustificó o alcalde naquel momento.
 
   Agora sobre a mesa tres propostas diferentes deseñadas polos técnicos
da Comisión Heráldica que as basearon na historia da localidade a partir dun
dos seus máis recoñecidos protagonista, Diego Sarmiento de Acuña, o primeiro
Conde de Gondomar.
 
   Esa referencia xustifica a inclusión do canón e as espadas do escudo
oficial, así como novos símbolos como os circulares que fan referencia aos
Sarmiento e triangulares relativos aos Acuña.
 
   Respecto a as cores elixidas (vermello, azul e amarelo) , Paco Ferreira
explica que non aparece a explicación do porqué desta elección pero que se
coñecerá “a descrición completa e a súa explicación unha vez que estea
aprobada a bandeira definitiva.”
 
   Tamén explicou que este mércores convocou aos voceiros da oposición
para darlles a coñecer os tres modelos e coñecer o seu opinión, pospoñéndose
sen data finalmente o encontro xa que os representantes do PP e BNG non
podían asistir por cuestión de axenda, e o de Manifesto Miñor, rexeitou a
invitación por non considerar relevante este asunto como para asistir ao
encontro.
 
   O alcalde confía en que os edís do resto de grupos políticos sómense ao
proceso de elección porque “a bandeira non debe ser elemento de discordia”.
Unha vez tómese decisión sobre algún deles deberá remitirse de novo á Xunta
de Galicia para a aprobación definitiva.

 photo_2021-10-22_10-03-25.jpg

O centro estrea un sistema de calefacción, composto por catro caldeiras, unha instalación térmica de biomasa que dará servizo a todo o inmoble e aposta directamente polas enerxías renovables, política que se fomenta desde o  concello de Gondomar.

 A nova  infraestrutura contou cun investimento de 88,600 euros, financiados con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER). “A instalación desta nova caldeira supón unha mellora e modernización substancial do espazo e proporcionará un importante aforro enerxético neste edificio”, manifestou o rexedor Paco Ferreira, durante a visita ao centro.

 Acompañado polo concelleiro de  Medio  Ambiente, Brais Misa, lembrou que “un dos nosos obxectivos como administración é reducir a pegada ambiental de Gondomar, e apostar por todos os medios e recursos que permitan logralo como é o caso das enerxías renovables, algo no que estamos traballando”.

 A nova instalación térmica de biomasa está composta de catro caldeiras e dun sistema de control que permitirá o funcionamento por sectores no edificio, dividido en dúas ás, de maneira que “se poderá acender segundo as necesidades e as demandas que existan en cada momento, sen necesidade de quentar todo o edificio como viña facendose ata o de agora”, explicou o edil de Medio Ambiente.

​O proxecto complétase cun depósito de inercia de 1000 litros que almacena a enerxía que xeran as caldeiras. Ademais, situouse un contador para a medición de kwhtérmicos consumidos e un sistema de telexestión e control de incidencias con comunicación de alarmas á empresa encargada do seu mantemento, acordado no  contrato de concesión por un período de 6 anos.

 A reforma das catro caldeiras completouse con outras melloras como o arranxo da cheminea, instalación dunha nova porta máis na sala e a localización dun silo de almacenamento, con capacidade de 20  toneladas, para cubrir as necesidades da nova instalación.

 O alcalde Paco Ferreira mostrou a súa  satisfación  “por poder seguir fomentando ou uso da biomasa forestal, unha  enerxía renovable con reducido impacto ambiental que polo seu carácter autóctono favorece o autoabastecemento e a seguridade de  subministración a prezos competitivos, á vez que reduce a contaminación e a  nosa pegada ambiental non planeta”.

photo_2021-10-22_10-01-47.jpg

correos.jpg
 
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, reuniuse esta mañá cos responsables de Correos
Carlos Meijome Juiz e Tamara Fernández Iglesias para coñecer de primeira man a nova
colaboración que se acordou entre o concello e a oficina postal de Correos no municipio.
 
Nela instalarase a aplicacación ORVE, un rexistro dixital no que calquera cidadá poderá enviar
copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa administración. Ademais
búscase romper a fenda dixital que estas operacións supoñen para moitas persoas que non se
manexan coas novas tecnologías e que recibirán a axuda do persoal das oficinas de correo.
 
Por outra banda, desde este mes tamén estarán autorizadas a cobrar calquera tributo do ORAL
nas oficinas postais.
 
Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira, puxo sobre a mesa a posibilidade de pechar nun
futuro próximo un convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística pensado,
prioritariamente, para dar servizo ás empresas do Polígono da Pasaxe.
#Gondomar #traballando
 
 
centro cultural donas.jpeg
O "miniecopunto" de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) segue o seu
percorrido polas parroquias do noso concello para implicar ao maior número de veciños y
veciñas en materia de reciclaxe e defensa do medio ambiente.
 
O miniecopunto chega ao Centro Cultural de Donas onde permanecerá durante15 días
instalado para dar servizo a veciñanza e facilitar que poidan depositar nel os residuos eléctricos
ou electrónicos dos que se queran desfacer.
 
Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteriza para a
Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación
Provincial e á que se adscribiu o concello de Gondomar.
 
 
Página 9 de 98

Rss