Hoxe celébrase o día nacional do TDAH, convocado por federacións e asociacións que queren visibilizar a existencia deste transtorno na nosa sociedade, e demandar máis axudas e apoios por parte da cidadanía e as administracións.
Gondomar súmase a esta xornada e as súas demandas centradas en lograr maior investigación, a formación e normalización social dun transtorno que, a día de hoxe, segue supoñendo un estigma para moitas persoas que o padecen.
Coincidindo con esta data este venres no Centro Neural ás 19.00 horas, a OMIX desenvolverá un obradoiro e conferencia sobre o TDAH a cargo da psicóloga Paula Rodríguez, titulados TDAH, máis aló do diagnóstico.
Máis info no 986.369746