^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

NO NADAL MERCA EN GONDOMAR.jpg

A Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar organiza unha nova Campaña de Nadal de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Gondomar, e axudar a contribuir no desenvolvemento económico, social e dinamizador do noso Concello.

 

BASES

ANEXO I

ANEXO II

CARTEL

 

 
2O4A4344.jpg
 
Alumnado de 4 da ESO do IES Terra Turonio protagonizaron este martes unha das actividades organizadas pola Concellaría de Igualade dentro do programa elaborado con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo día 25 N. A través dunha representación teatral enfrontáronse a preguntas que os e as situaban ante a violencia machista.
 
A actriz e autora, Mónica Sueiro, representou a súa peza Des-Alento, unha acción escénica que aborda os malos tratos psicolóxicos, orixe en moitas ocasións de casos que finalizarán no maltrato físico. A obra transista entre o ámbito metafórico e simbólico para finalizar compartindo coas mozas e mozos unha vivencia de violencia do pasado persoal, vivida pola propia actriz.
 
A representación, financiada con fondos do Ministerio de Igualade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, busca implicar ás novas xeracións na identificación dos distintos tipos de violencia que existen o seu redor, facendo fincapé no control psicolóxico que se exerce, en máis ocasión das que pensan, sobre as mulleres.
 
“Son o noso futuro, e deles e delas depende que esta loita que iniciamos chegue á meta correcta: á erradicación da violencia contra as mulleres e a consecución dunha igualdade real na nosa sociedade”, apuntou o rexedor Paco Ferreira, quen felicitou á actriz pola súa acción escénica.
 
A representación de Des-Alento, que tamén representarase para o alumnado do outro IES do municipio, súmase a outras iniciativas que xa están en marcha, como a adhesión dos comercios á campaña “En negro contra a violencia”, a edición de calendarios con “mulleres galegas que abriron camiño en ámbitos vetados para as mulleres”, ou a celebración do Consello Municipal da Muller. O acto central, o próximo 25 de novembro, celebrarase ás 12.00 horas na Praza Paradela, cunha concentración, lectura de manifesto e un minuto de silencio polas mulleres asasinadas este ano a mans das súas parellas e exparellas.

Nova convocatoria municipal/provincial de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para os sectores que se viran afectados pola crise da COVID-19.

Con carácter xeral, esta liña de axudas municipais/provinciais busca paliar en parte a perda de ingresos derivada dunha menor actividade durante a pandemia -dende 14 de marzo 2020 ata a actualidade- das pemes e autónomos con ata 10 persoas empregadas, apoiando así o mantemento da actividade económica e do emprego dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría,autotaxi, actividades culturais relacionadas cos espectáculos e a música, aloxamentos turísticos, parques de bolas para ocio infantil, pequeno comercio, ximnasios, ocio nocturno, axencias de viaxes, servizos fotográficos, formación/ensinanza non regrada, etc… derivada dunha menor actividade durante a pandemia, sufragando gastos correntes satisfeitos durante o período mencionado.

Estas axudas están cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra

Máis Información:

BASES

ANEXO II

Continúa desenvolvéndose o programa “Gondocultura Outono” e fai co espectáculo de danza “Bailar Agora” e unha cita co teatro familiar que a través da obra “ Cartoons” ensinará o divertido que pode ser reciclar.
 
O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá este sábado 20 de novembro, a partir das 21.30 h, o espectáculo de danza “Bailar Agora”, premiado con tres María Casares nas categorías de actriz protagonista, dirección e iluminación, e o FETEGA ao mellor espectáculo do ano, entre outros. Sobre as tablas Marta Alonso Tejada que a través da súa montaxe convida o público a coñecer a súa traxectoria como profesional
os sacrificios que o baile pode chegar a esixir.
 
“Bailar Agora”, protagonizada e dirixida pola propia Marta Alonso, é un espectáculo no que a danza o humor e a proximidade cos espectadores “xeran unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena”.
 
O domingo 21 de novembro, ás 12.30 h, será a quenda para as familias que poderán gozar e aprender do espectáculo “Cartoons”, protagonizado por Josito Porto e Víctor Mosqueira, que tamén dirixe a obra. Nela dous divertidos clowns que viven rodeados de cartóns descobren a importancia deste material. A través do transcurso das escenas estimulan ao auditorio infantil a descubrir todo o que se pode facer co cartón “converténdose o espectáculo nun vehículo de valores como a colaboración, a solidariedade e a conciencia ecolóxica”.
 
Máis información: https:taquilla.concellodegondomar.gal.
 
 
FOTO VILAS EN FLOR 2021.jpg
 
 
 
O concello suma unha flor máis e achégase á máxima distinción tras recoñecer o xurado que en “a vila está a traballarse e potenciando as súas zonas verdes, enfocadas ao esparcimento dos concidadáns e á humanización de diversas zonas do concello”
 
Gondomar estivo representado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, quen foi o responsable de recoller o galardón que recoñece ao concello 3 flores de honra por a súa acción decidida por mellorar a contorna e protexer os espazos verdes e naturais.
 
Destaca o xurado na acta “as boas actuacións executadas na entrada do núcleo urbano, o deseño dun gran paseo fluvial incorporando zonas verdes entre as edificacións, e , o desenvolvemento de novos espazos lúdicos para a realización de actividades de recreo”.
 
Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira, mostrouse moi satisfeito ante o
recoñecemento porque “pon en valor o traballo que moitas persoas realizan para que Gondomar sexa unha vila máis amable e respectuosa co medio ambiente e, unha localidade, pensada para e polas persoas, un obxectivo no que seguiremos traballando desde o goberno local”.
 
O acto de entrega dos galardóns celebrouse esta mañá na localidade de Allariz e estivo presidido pola alcaldesa do municipio, Cristina Cid, e a consellerira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que estiveron acompañadas, entre outros polo coordinador do programa Vilas en Flor, Pedro Calaza, membros do xurado e representantes dos 30 municipios participantes na edición deste ano.
 
O certame, organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de
Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría, márcase como obxectivo promover a mellora ambiental social e económica dos concellos participantes, así como dinamizar ou sector do paisaxismo e ornamentación como selo de calidade e reclamo turístico.
 
a3-ciumes.jpg
 
Un ano máis o concello de Gondomar, a través do Centro de Información da muller (CIM), da consellería de Igualdade convida o comercio da localidade a sumarse á campaña En negro contra as violencias, colocando carteis que amosan o seu rexeitamento á violencia machista coincidindo coa celebración do 25N.
 
As e os interesadas/os poden recoller os seus carteis -ata esgotar existencias- na oficina do CIM -primeiro andar do antigo Centro de saúde - en horario de 08.00 h. a 14.00 h., de luns a venres. Animarvos, acabar coa violencia machista é cousa de todas e todos.

2O4A3654.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O goberno local, a través da súa concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, programou diversas actividades con ese obxectivo que terán, como todos os 25 N, o seu acto central na Praza Paradela onde se lerá o manifesto oficial deste ano e convidarase á poboación para sumarse á concentración de denuncia ante a violencia que acabou coa vida de 37 mulleres no que levamos de ano.

 “Poñeremos en marcha actividades e iniciativas que busquen a transversalidade tan necesaria á hora de combater a violencia machista, á hora de implicar a toda a sociedade nesa loita”, explica o alcalde, Paco Ferreira, quen asegura que o “programa vai moito máis alá dunha data e un manifesto, plásmase con políticas concretas e cursos e obradoiros cos mozos e mozas, que como futuro, son fundamentais”.

Cuestións que se abordarán, así como o balance das actividades do departamento de Igualdade do concello, na asemblea do Consello Municipal da Muller convocada o próximo 18 de novembro, que se completará coa Mesa local da Violencia de Xénero o próximo 15 de decembro. 

 Accións dirixidas á mocidade

​Un ano máis na semana do 25 N, o alumnado dos institutos serán protagonistasno programa de Igualdade. Nesta ocasión asistirán á representación de “Des-Alento”, creada e interpretada por Mónica Sueiro. Trátase dunha acción escénica, financiada poloMinisterio de Igualdade dentro del marco del pacto de estado contra la violencia de xénero, que aborda os malos tratos psicolóxicos, que transcorre entre o metafórico esimbólico para finalizar compartindo co público unha vivencia de violencia do pasado. 

​Dende o departamento de Igualdade son conscientes da importancia de  traballar  coas  novas  xeracións e as diferentes mensaxes que reciben continuamente e que  baseanse, en  moitas ocasións, en ideas que sustentan comportamentos que  promoven a  desigualdade, como ocorre coa música. 

“Letras de contido machista e denigrante para as mulleres e que deixan un pouso que vai perpetuando ideas que debemos desterrar da nosa sociedade”, explica a concelleira Nuria Lameiro, que anuncia unha serie de encontros con clubes deportivos -inicialmente- para ofrecerlles charlas sobre igualdade ao persoal directivo e, propoñer a desaparición ese tipo de música na megafonía dos encontros.

 ​Gondomar en negro

 Como en anteriores edicións convidouse ao comercio local a sumarse á campaña “En negro contra as violencias” e que visibiliza, con cartelería con mensaxes que lucirán nos seus escaparates, a súa oposición á violencia de xénero como mostra de que se trata dunha loita que debe gañarse conxuntamente secundada por toda a sociedade.  

 Acto central do 25 N

 Como en anos anteriores faise un chamamento á cidadanía a sumarse á concentración que se celebrará ás 12.00 horas do mediodía na Praza Paradela, ante o concello, onde se lerá o manifesto redactado para a ocasión, tras o que se gardará unminuto de silencio en memoria das mulleres vítimas da violencia machista. O peche correrá a cargo dunha representación de danza, creada para a ocasión.

Ademais esta  xornada  instalarase o punto de  Igualdade no que técnicas  do Centro de Información da  Muller (CIM) repartirán material específico da campaña de sensibilización en  igualdade de oportunidades entre  homes e mulleres como a  mellor  ferramenta para acabar  coa violencia machista, así como os calendarios que cada ano deséñanse - financiados con fondos do Ministerio de Igualdade dentro del marco del Paco de Estado contra la violencia de género- reivindicando este ano os nomes daquelas pioneiras galegas que fixeron historia en distintos campos profesionais e sociais, abrindo camiño ás xeracións seguintes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Rojo Crema Navidad Consumidor Personal Póster.jpg
A campaña,promovida pola concellería de Benestar Social, en colaboración coa Asociación de Mujeres Rurais San Bieito, ten como obxectivo garantir que este nadal Papa Noel e as súas Maxestades os Reis Magos cheguen a todas as casas, especialmente ás de familias máis vulnerables ás que vai dirixida esta iniciativa.
 
Por segundo ano consecutivo ponse en marcha “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que “pretendemos que esta volta tan lenta á normalidade á que nos obrigou a covid19 teña as menores repercusións posibles para aqueles que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade social e económica”, afirma a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro.
 
Como na primeira edición os interesados/as en achegar o seu grao de area poderán facer a súa aportación económica dende hoxe ata o próximo día 13 de decembro na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”, “doando o que cada un ou unha boamente poida, 1, 3, 5, 10 euros... todo suma”.
 
Unha segunda opción será facer o donativo nas urnas habilitadas con este fin en en diferentes establecementos colaboradores coa campaña como son Estanco Gondomar, a bocatería A Galiña, a cafetería Mon, o café-bar Tropic, e, o bar-restaurante Terra, cebada e uva.
 
O diñeiro recadado ao final da campaña farase chegar en forma de vales ás familias que, previamente, serían designadas desde o departamento de Benestar Social tendo en conta a súa situación económica. Poderán trocalo en establecementos de Gondomar que se sumaron a esta iniciativa e que facilitarán que se poidan mercar agasallos para menores de 16 anos.
 
Para máis información dirixirse ao teléfono 986 38 44 73 ou ao correo
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
 
 

PEITIEIROS jpg definitivo.jpg 

O Concello de Gondomar prepara a unha nova andaina dentro do programa “Descobre Gondomar, paso a paso”, promovido a través da concellería de Turismo.

 O vindeiro sábado 20 de novembro será a quenda para coñecer os encantos da parroquia de Peitieiros. Un percorrido de 6 km, cunha duración aproximada de 2 horas emedia, que nos levará a descubrir sitios con trazados de monte e asfalto que non deixaránindiferente aos camiñantes.

 O percorrido, coordinado coas diferentes entidades sociais e culturais de Peitieiros, será de dificultade baixa e apta para todos o públicos. Non será necesaria a inscriciónprevia e quen se some a realizar este roteiro só ten que presentarse ás 15:45 horas no punto de encontró que será o Adro da Igrexa de San Miguel, con roupa e calzado cómodo apto para a andaina.

 Unha vez finalizado o roteiro, voltaremos ao punto de partida onde haberáavituallamiento para todos/as os/as participantes, e a continuación, poderán gozar da actuación dos grupos Ecos e Agarimos e Canto tradicional do CCV Peitieiros, como peche da xornada. 

 

 

 

Página 7 de 98

Rss