^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

 
photo_2021-11-11_11-31-59.jpg
 
O goberno de #Gondomar, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, fixo hoxe entrega dunha nova quenda de composteiros individuais, chegando xa os 350 entregados nos dous últimos anos.
 
O concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu unha vez máis a implicación da cidadanía de Gondomar á hora de apostar pola reciclaxe dos residuos orgánicos e lembrou, xunto á mestra composteira da localidade, as ventaxas medioambientais e económicas que
reporta a compostaxe para o concello de Gondomar.
 
#compostaxe #revitaliza
 
Falamos.png
 
 
 
 
 
 
 
O ciclo de charlas-talleres converteuse xa nunha cita referente da Concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e este ano dá un paso e sumar, como novidade, aos docentes e profesionais que diariamente tratan cos mozos e mozas.
 
A III edición do ciclo de charlas-talleres “Falamos”, subvencionado por la Diputación Provincial de Pontevedra, arrincará este próximo xoves, 11 de novembro, e estenderase ata o 9 de decembro cun programa cun total de 29 intervencións, impartidas pola psicóloga Paula Rodríguez, dirixidas ao alumnado da ESO, familias e profesionais que están en contacto cos mozos e mozas.
 
Desde a concellería de Xuventude, organizadora do ciclo, subliñan a importancia que foi adquirindo en cada edición “sumando cada vez a máis persoas interesadas en participar e converténdose nunha peza troncal do traballo e a implicación do goberno de Gondomar en dotar aos mozos/as das ferramentas precisas para afrontar o seu futuro, á vez que se lles facilitan ás familias para que saiban actuar ante situacións novas que están a vivir”.
 
O alumnado de 2o da ESO dos Institutos Terra de Turonio e Augas da Laxe inaugurarán esta nova edición co primeiro dos talleres que se desenvolverá baixo o lema “Novas formas de violencia”, onde a través de tres sesións por curso trataranse de identificar as novas formas de violencia e sensibilizar e concienciar aos mozos e mozas sobre a necesidade de erradicala das súas vidas.
 
“Pensando non meu futuro” será o título das charlas que se impartirá ao alumnado de 3 e 4 da ESO abordando con eles e elas as novas profresións e o autocoñemento, con fin de motivalos na procura dun equilibrio entre ou que lles gustaría facer, ou mundo precisa e as súas capacidades e aptitudes para cada traballo.
Familias e profesionais
 
Como en anos anteriores implicarase ás familias con dúas charlas que se desenvolverán o 10 e o 11 de novembro onde baixo os títulos de “Lindes vermellos na adolescencia” e “A realidade do meu fillo adolescente” preténdense achegar a pais e nais a realidade que viven e perciben os mozos, e as novas necesidades e demandas sobre as que terán que marcarse novos límites.
 
Como novidade este ano convídase aos docentes de de os centros educativos de Gondomar cos que abordar e tratar a realidade concreta dos nosos mozos no municipio e “traballar conxuntamente para afastar calquera forma de violencia da mocidade”.
 
A celebración cumpre con todos e cada un dos requisitos para acadala e por iso o goberno leva a proposta ao pleno da corporación municipal que se celebra mañá xoves para a aprobación unánime da solicitude desta declaración e iniciar os trámites ante a Xunta de Galicia por tratarse “dun evento de relevancia cultural indiscutible das festas de Nadal de Gondomar”.
 
“É un compromiso que adquirimos como goberno hai case un ano e que, aínda que se viu freado pola pandemia, non deixamos de traballar nin un momento para que sexa unha realidade canto antes. Con esta aprobación damos un paso importante: formalizar a solicitude ante Xunta de Galicia para que o comité de valoración da Consellería de Turismo visite a celebración do 6 de xaneiro 2022”, explicou o rexedor Paco Ferreira.
 
O texto da moción aprobada pola corporación lembra que este certame é “unha das máis arraigadas e lonxevas tradicións do nadal en Gondomar, e que constitúe todo un símbolo distintivo dos fastos natalicios na localidade”. Nel tamén se recollen detalles sobre a orixe da súa celebración que xustifican os requisitos requeridos pola administración galega, como son, a antigüidade, arraigamiento, valor cultural e a súa continuidade no tempo.
 
Preto de 40 anos ininterrompidos
De feito o certame celebrouse de forma ininterrompida durante os últimos 37 anos, aínda que existe constancia dos seus oríxenes nos primeiros anos do século XX xa que se celebraba dalgunha maneira a visita de distintas grupos da provincia. De feito, xa no Faro de Vigo, en xaneiro de 1924, recóllese a noticia de que a rondalla “Piñeiro verde” de Bembrive acudiu a Gondomar onde foi obsequiada polo pobo e as autoridades da vila”.
 
A iso hai que sumar que o pleno da corporación municipal gondomareño
aprobou en setembro de 1983 a moción pola que se convocaba o “I Certame de Rondallas de Reis e grupos floclóricos en Gondomar”, cuxa celebración se mantivo desde entón anualmente, sendo imposible a súa celebración no 2021 como consecuencia da pandemia e as restricións sanitarias establecidas.
 
 
Venres, 05 Novembro 2021 18:41

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS COIDADORAS

E7714_AMPL.jpg

Gondomar quere sumarse un ano máis ao recoñecemento que con esta xornadaquérese dar ao labor exercido por coidadores profesionais e familiares que dan o mellorde si mesmas na atención e coidados a persoas para mellorar a súa calidade de vida, ben sexa por enfermidade, discapacidade ou por idades avanzadas.

 A todas esas persoas que dedican gran parte da súa vida para atender e coidar a quen os necesita: grazas!!

 #DiaDeLasPersonasCuidadoras #gondomar

 
 
 
 
156894582_2875718506006663_6019912490579567219_n.jpgRegresa o teatro a Gondomar dentro da súa programación “Gondocultura outono”. Este sábado 6 de novembro, a partir das 21.30 horas, o Auditorio Municipal Lois Tobío, acollerá a
representación da obra “Soga e Sinsa”, da compañía Aporía Escénica.
 
O público poderá gozar da representación dun trítptico renacentista para 11 bruxas que se desenvolve en 101 minutos. Nel abórdase a caza de bruxas que se produciu en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co fin de visibilizar o xenocidio que supuxo naquel momento, e a conexión directa que ten co desenvolvemento do sistema capitalista nas sociedades.
 
Horror, Humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais de “Soga e Sinsa”, este esconxuro teatral que se representará en Gondomar esta fin de semana.
 

251815913_2950577238538152_577303629722930346_n.jpg

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, recibiron na alcaldía do concello ao xoven deportista gondomareño, Ricardo Martín Buba, que esta fin de semana fíxose coa victoria nas dúas pobras puntuables no Campionato de Galicia de ciclocrós, celebradas en Cambre e no Val de Esmelle.

A visita también se aprovechó para desearle suerte ante el nuevo reto al que se enfrentará este fin de semana acompañando a la Selección Española, participando en la categoría juniors del Campeonato de Europa, en la provincia neerlandesa de Drenthe.

Ricardo Martín Buba competirá el próximo domingo 7 a partir de las once de la mañana.

 
photo_2021-11-03_09-46-47.jpg
 
 
O vindeiro sábado 6 de novembro a Federación de Anpas Val Miñor (FAVALMI), en colaboración co concello de Gondomar, organiza unha nova xornada da escola de pais e nais.
Baixo o título "Mulleres Inventoras" propón un taller de experimentos que nos permitirá descubrir o nome de moitas mulleres que estiveron tras deles.
O obradoiro divídese en dúas quendas: A primeira entre as 11.00 e as 12.00 horas da mañá, e a segunda entre as 12.30 horas e as 13.30 horas. Ambas no local 15 do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar.
 
Os interesados/as deberán inscribirse no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. O programa está dirixido a familias e menores de máis de 6 anos.
 
2O4A0038.jpg
 
 
 
Un ano máis o goberno local e a entidade crediticia aúnan esforzos para axudar ás familias máis vulnerables do municipio coa achega, por parte da Obra Social da Fundación da Caixa, de 5000 euros anuais que se destinarán para a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade.
 
A entrega simbólica escenificouse esta mañá coa presenza da directora de área de negocio Pontevedra Sur, Cristina Vega, e o director da sucursal en Gondomar, Alberto Sorribes, así como o alcalde, Paco Ferreira e a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro. Estiveron acompañados por dous dos voluntarios que acoden puntualmente ao banco municipal de alimentos, Jose Luís Moreno e Jose Luís Fernández.
 
Paco Ferreira agradeceu o apoio que “sempre atopamos por parte da Fundación en cuestións deste tipo” e lembrou a importancia de manter a colaboración entre o sector privado e público á hora de “buscar solucións e ferramentas para favorecer e axudar aos máis vulnerables da nosa sociedade”.
 
Pola súa banda os representantes de Caixabank mostráronse moi interesados en coñecer as distintas iniciativas que ten en marcha o departamento de Benestar social no municipio, comprometéndose a estudar posibles colaboracións no futuro noutros ámbitos.

29c47299-cde5-4f18-ad27-579c16fdeaeb.jpeg

O vindeiro domingo, a partir das 19.00 horas, Gondomar tinguirase de tebras e nas súas rúas recibirán a visita de personaxes tenebrosas para recuperar a celebración do Samaín tras o descanso á que se viu obrigada o pasado ano como consecuencia da
pandemia.
 
Todo preparado para gozar desta celebración o vindeiro domingo onde o Matadoiro de Gondomar converterase nunha pasaxe de terror que deberán percorrer os máis pequenos e pequenas do concello, acompañados polos adultos, e con moito valor para enfrontarse aos diferentes personaxes que residen nel.
 
A iniciativa, proposta e organizada por un grupo de pais do pobo en colaboración co concello de Gondomar, promete moita diversión para a tarde de Samaín. A partir das 19.00 horas o chirrido das portas abrindo serán o sinal para que os e as máis valentes penétrense nun matadoiro completamente decorado para a ocasión. Deberán camiñar ben atentos porque cando menos espérenllo poderán atoparse algunha que outra sorpresa arrepiante.
 
O obxectivo, como lembran desde o goberno de Gondomar, é facilitar momentos de diversión e entretemento aos máis novos e ás familias, para que aproveiten estas datas para facer cousas xuntos.
 
Ademais, durante toda a tarde, da man de Sarao Animación, pasearán polo centro personaxes inquietantes, pero nada perigosos, cos que quen queira poderán pousar no photocall de terror que se situará no Parque da Coelleira para conseguir o retrato máis terrorífico de Samaín.

 

2O4A1202.jpg
 
 
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu este xoves unha reunión co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Entidade Local de Morgadáns, Alfonso Misa, e representantes de distintas asociacións ecolóxicas da zona, así como da Comunidade de Montes de Peitieiros, cuxos terreos se verían afectados pola localización de muíños eólicos “algo que non estamos dispostos a aceptar. Defenderemos a nosa contorna natural como ata o de agora”, manifestou o rexedor gondomareño.
 
 
 
A postura é unánime entre todos os asistentes a este encontro que desde fai máis de dez anos veñen facendo fronte común ante o Rexistro Eólico de Galicia e as diferentes propostas que as industrias do sector quixeron levar a cabo, ou teñen aínda sobre a mesa. A última sorpresa o proxecto “A Paraguda”, parque eólico previsto para os montes de Gondomar e Tui, na mesma entrada do Parque Natural do Monte Aloia.
 
O proxecto, todavía en proceso de admisión por parte da Xunta de Galicia, contempla a colocación de 4 muíños en Gondomar e 4 en Tui, preto do núcleo de Malvas. Torres de 112 metros de altura e 137 de diámetro, ás que se sumarán instalacións complementarias como unha subestación eléctrica e unha estación meteorolóxica.
 
“En Gondomar non vai haber parques eólicos sen análisis previo do seu impacto ambiental e sen o consenso social necesario, díxeno antes e dígoo agora”, sinalou Francisco Ferreira, que unha vez máis lamenta que por parte da Xunta non se
conte cos municipios e valoren as súas posturas respecto a proxectos tan nocivos para a súa contorna."
 
“Traballamos polo medio ambiente e a sustentabilidade, non estamos en contra da enerxía eólica pero sí destes aeroxeradores que teñen un impacto ambiental fortísimo chegando a afectar mesmo ás escorrentías, leitos ou á fauna e flora”.
Lembrou que na defensa da nosa contorna natural “seremos moi firmes”
No encontro o voceiro da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro e un representante da directiva de Montañeiros Celta, en nome o IEM, expuseron o que suporía a aprobación do novo proxecto recollido no Rexistro Eólico de Galicia para o futuro destas paraxes naturais.
 
Voces ás que se sumaron as dos representantes da Entidade Local de Morgadáns e a Comunidade de Montes de Peitieros, parroquias que se verán directamente afectadas por lo proxecto A Paraguda. Tanto eles como os representantes políticos fixeron fincapé no feito “de frealo agora que está ao comezo de calquera tramitación; deixar claro que non estamos dispostos a permitir a instalación dun parque eólico nos nosos montes”.
 
 
 
Accións a desenvolver
 
O encontro tamén serviu para expoñer que pasos dar e que medidas de presión adoptar de forma conxunta para “demostrar que a nosa palabra e posición son firmes e que tal e como dixemos no seu día, non queremos parques eólicos no Galiñeiro, na Groba ou no Parque Natural de Aloia”, recalcou Paco Ferreira, postura que tamén ratificou o seu homólogo en Tui, Enrique Cabaleiro.
 
Ambos sinalaron que desde a administración realizarán todo o que estea nas súas mans para evitar que este proxecto progrese e apoiar as demandas que desde as plataformas ecoloxistas veñen realizando dende hai tempo. Non descartan a elaboración dunha moción conxunta para ser ratificada nos plenos da corporación de senllos concellos.
 
Ademais, sobre a mesa tamén se barallaron outras opcións como a presentación de alegacións, recollida de firmas, mobilizacións e a unión e implicación coa loita dos concellos de Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e Tomiño, contra o proxecto “Alvariño I”, declarado “urxente” e “prioritario” pola Xunta de Galicia e que implicará a colocación de 27 muíños en 5 parques en total.
 
“Defender a nosa contorna natural é un obxectivo común polo que nos manteremos unidos. Freamos no seu momento o proxecto previsto para o Galiñeiro e agora evitaremos que siga adiante a tramitación deste novo parque eólico do goberno galego, que unha vez máis nos mantén á marxe de cuestións que afectan de forma directa aos nosos municipios e os seus habitantes”, concluíu Paco Ferreira.
Página 8 de 98

Rss