^ Ir arriba

novas

Mércores, 03 Novembro 2021 10:29

Obradoiro científico para familias este sábado en Gondomar

 
photo_2021-11-03_09-46-47.jpg
 
 
O vindeiro sábado 6 de novembro a Federación de Anpas Val Miñor (FAVALMI), en colaboración co concello de Gondomar, organiza unha nova xornada da escola de pais e nais.
Baixo o título "Mulleres Inventoras" propón un taller de experimentos que nos permitirá descubrir o nome de moitas mulleres que estiveron tras deles.
O obradoiro divídese en dúas quendas: A primeira entre as 11.00 e as 12.00 horas da mañá, e a segunda entre as 12.30 horas e as 13.30 horas. Ambas no local 15 do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar.
 
Os interesados/as deberán inscribirse no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. O programa está dirixido a familias e menores de máis de 6 anos.