Acto de entrega de diplomas dos cursos online organizados pola Concellería de Igualdade por parte da concelleira de igualdade e técnica do departamento.
Hoxe deron comezo as rutas de senderismo organizadas pola concellería de xuventude.
Charla enmarcada dentro do ciclo de charlar-talleres da Concellería de Igualdade dentro de Centro de Información á Muller dirixida pola Concelleira Nuria Lameiro Valverde.
Terá lugar o venres 5 de xullo no Centro Neural ás 19h e correrá a cargo de Martina González Veiga, psicóloga, sexóloga e sanitaria especializada en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero ademais de terapeuta de parella.
O Obxectivo principal desta charla-taller é facilitar a toma de conciencia de familias e profesionais de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Polo que non so ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicoloxía, a social e cultural. Veremos de que falamos realmente cando falamos de sexualidade, do sexo que somos, do que temos e do que facemos.
Engadir que a entrada é de balde ata completar aforo, polo que non é necesario facer una inscrición previa.
O vindeiro xoves 27 de xuño, as 19:30, no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar terá lugar a primeira presentación dos obxectivos e metodoloxía do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. É moi útil a vosa participación neste evento para seguir avanzando no mellor Plan para Gondomar.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dentro do programa de ocio para este verano pon en marcha os días 3, 4, e 5 de xullo unhas rutas de sendeirismo.
A concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro, proponvos para dar comezo o mes de xullo unhas rutas de sendeirismo. O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas” visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira. O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe coñeceremos a paisaxe da ribeira e o seu entorno; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte” variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao Concello de Gondomar a través da parroquia de Couso, na capela dos Remedios, pasaremos polo Pazo do Conde de Gondomar.
O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o noso patrimonio natural , arqueolóxico e etnográfico. Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.
As rutas darán comezo as 10:00 da mañá, o punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto, a partir das 12.00h. Para participar nestas actividades tes que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.