^ Ir arriba
Martes, 17 Abril 2018 20:37

Plan de práctica laboral 2018 da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca 200 bolsas de práctica laboral nos concellos da Provincia de Pontevedra e na Deputación destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral no ámbito da súa titulación académica coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

REQUISITOS: estar en posesión da titulación académica esixida en cada bolsa con posterioridade ao 01/01/2009, non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral, non ter sido beneficiario con anterioridade dunha bolsa de duración superior a 6 meses, constar no padrón de calquera municipio da provincia de Pontevedra dende antes do 01/01/2017, constar no servizo público de emprego como demandante ou en mellora de emprego, non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecemento, acreditar nivel de Celga IV( titulación universitaria) Celga III (Ciclos superiores).
PRAZO : presentación ata 06/05/2018
Información BOPPO 16/04/2018 ou www.depo.es

Last modified on Martes, 17 Abril 2018 20:43