ENSINANZAS COMPRENDIDAS:
1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:
►Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
►Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
►Ensinanzas artísticas profesionais.
►Ensinanzas deportivas.
►Ensinanzas artísticas superiores.
►Estudos relixiosos superiores.
►Estudos militares superiores.
►Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
►Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas.
►Formación Profesional básica.
2.- Ensinanzas universitarias:
►Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
►Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico
e Arquitecto Técnico.
►Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
►Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou
para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
NOTA: Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezo
https://sede.educacion.gob.es/
Información no seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/becas/2016/presentacion.html
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Ata o 3 de outubro de 2016, para os niveis NON universitarios
Ata o 17 de outubro de 2016, para os niveis universitarios