- Un total de 20 veciños participaron nesta acción formativa gratuita, organizada pola Cámara de Comercio en colaboración coa concellería de Emprego do Concello
- Dada a gran demanda de solicitudes se tiveron que seleccionar aos participantes en base aos criterios de preferencia fixados na solicitude: estar empadroados en Gondomar e maior antigüidade no INEM
O oito de novembro do 2013, deu comezo no Concello de Gondomar o curso de" Aplicacións de medidas de seguridade e primeiros auxilios".
A través do Programa Actívate levado a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, 22 mozos/as deste concello van recibir unha formación de 40 horas na área dos primeiros auxilios. Esta formación se vai desenvolver do 8 ao 21 de novembro en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Con este programa a Deputación de Pontevedra pretende dar unha formación que responda as demandas da xente nova da Provincia e que avala a traxectoria formativa levada a cabo pola Concellería de Xuventude do concello de Gondomar.
. Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a Concellería de Xuventude anima aos mozos e mozas do municipio a facerse co Carné Xove para gozar das numerosas vantaxes que ofrece
. Grazas ao labor de difusión levada a cabo desde o Concello, as cifras de emisión deste carné aumentaron de 75 no 2008 a 168 en outubro de 2013
. A nova regulación, xa en vigor, aumenta as zonas e horarios destinados á carga e descarga establecendo dous tipos: as zonas libres e as zonas reservadas ou restrinxidas, que so poderán ser utilizadas previa solicitude e trala correspondente autorización
. Con estas medidas, o Concello pretende que se faga un mellor uso do espazo público, mellorando a fluidez do tráfico
. O prazo de inscrición ábrese o martes 5 de novembro, e permanecerá aberto ata o día 15
. As solicitudes, que se poden descargar no Taboleiro de anuncios da páxina web, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello
A Deputación de Pontevedra pon en marcha un Plan de práctica laboral en colaboración coas empresas do sector privado da provincia de Pontevedra para mozos titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral.
* Data límite de presentación de instancias: 12 de novembro de 2013
Documentos para descargar
. O espazo é accesible dende a dirección: www.concellodegondomar.com
. O alcalde do municipio, Fernando Guitián, afirma que esta nova páxina reforzará a comunicación entre o Concello e os veciños
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuídas do seguinte xeito:
. Operarios de Vías e Obras deron comezo, esta mañá, á colocación dos cinceiros nas papeleiras dos lugares máis concorridos de Gondomar
. A idea é que progresivamente, toda a vila conte con cinceiros nas súas papeleiras
. Con esta medida, preténdese reducir a acumulación de cabichas nas vías públicas e conseguir un municipio máis limpo
. A concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, agradece en nome de todo o Concello a colaboración e compromiso desta asociación cos veciños e veciñas máis necesitadas do municipio
. As obras foron levadas a cabo por operarios da Administración provincial e do Concello
. A actuación é froito da mediación do Concello a petición dos veciños e veciñas da parroquia gondomareña
. Na excursión participaron 36 veciños e veciñas do municipio
. A viaxe, que deu comezo o pasado luns 21 rematará hoxe coa volta a vila condal despois de visitar lugares como Carrión de los Condes, Nájera, Arnedo ou Logroño
Técnicos de Augas de Galicia fixeron entrega, nunha reunión mantida co alcalde do municipio, Fernando Guitián, dun extracto do proxecto hídrico que permitirá minimizar as inundacións no núcleo de Gondomar.
Para levar a cabo o documento, Augas de Galicia analizou detalladamente a situación, estudando o período de retorno na zona. O devandito parámetro serve para coñecer se unha zona é inundable ou non e establece o número de anos en que se espera que medianamente se repita certo caudal, ou un caudal maior.
O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar oferta as últimas prazas vacantes nas especialidades de violín, viola e guitarra.
Para máis información:
www.conservatoriogondomar.net16.net e Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou nos teléfonos da OMIX en horario de mañá (986 369 746) ou no do Conservatorio en horario de tarde (986 389 283).