Gondomar, 25 de outubro de 2013. - A asociación Mulleres Rurais de Gondomar, fixo entrega ao Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar a través da Concelleira do mesmo, Patricia Durán Pérez, dun lote de alimentos non perecedoiros destinados ás familias do municipio que se atopan en situación de emerxencia social. En total, doáronse 700 quilos de leite, Cola Cao e galletas.
A Concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, resalta a colaboración e axuda desinteresada desta asociación que, "aportando o seu graíño de area axudará a moitas persoas", e agradece en nome de todo o Concello o seu compromiso cos veciños e veciñas máis desfavorecidos do municipio.