^ Ir arriba
Sábado, 12 Decembro 2020 13:52

MERCAR NO COMERCIO DE GONDOMAR TEN PREMIO

Written by
Rate this item
(0 votes)

 O concello pon en marcha a campaña "No Nadal merca en Gondomar" coa que o goberno local, a través da súa concellaría de Comercio, quere incentivar, apoiar e promocionar este sector do municipio co fin de potenciar as compras nel durante as datas de festa. 

 Un total de 35 establecementos adherironse a esta iniciativa na que os clientes que realicen compras superiores a 20 euros recibirán un "ticket-rasca", que poden resultar premiados con diferentes cantidades económicas (1,3,5 ou 10 euros) que deberán trocar no mesmo comercio no que resultaron gañadores, unha vez finalice a campaña o próximo 7 de xaneiro.

 En total repartiránse 16.000 "rascas" dotados con máis de 3000 euros en premios que servirán para recompensar á veciñanza que aposta a diario polo comercio de proximidade, e ao tempo axudar a un sector seriamente afectado polas consecuencias da pandemia da COVID19.

 Animádevos e non deixedes de participar¡¡


nadal.jpg

cartelNadalNomesFINAL.jpg

Read 1253 times Last modified on Luns, 14 Decembro 2020 19:25