As concelleiras de Servizos sociais, Igualdade, Deporte e Cultura, Rocío Cambra e Nuria Lameiro recordan que os case 56 mil euros están destinados o fomento de actividades, a realización de obras e a inversión en material e suministros de asociacións e colectivos cuxo obxetivo sexa cultural, deportivo, social ou comunitario.
O prazo de presentación de solicitudes estará abierto ata o 26 de este mes. As persoas físicas poderán entregar a documentación necesaria, dispoñible para descargar na páxina Web do Concello de Gondomar , no Rexistro Xeral. Mentras que as persoas xurídicas, como asociacións, dende a entrada en vigor da lei 39/2015 deberán presentar a documentación de forma electrónica.
Os veciños de Gondomar contan con un punto de información no Concello para as dubidas que poidan surxir en relación coa tramitación de documentación a través da sede electrónica.