A Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María ofrecen unha viaxe musical o próximo domingo día 18 de xuño ás 20:00h no Pol.Industrial Porto do Molle (rúa do Xián, vial B, ao lado do Centro de Negocios).
Convócanse as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio e superior para o curso 2017/18.
Convócase para o curso académcio 2017/18 , en réxime de concorrencia competitiva 220 prazas nas residencias xuvenis dependentes da Consellería de Política Social destinadas a mozos e mozas que por razóns de estudo ou traballo se vexan na obriga de permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos.
O Concello de Gondomar xunto coa Policía Local de Gondomar organiza este sábado día 10 de xuño o partido de fútbol homenaxe a Ángel Fernández.
A Concellería de Deportes organiza durante os meses de verán no Pavillón de Deportes de Gondomar diferentes Campus deportivos xunto cos clubes deportivos.
O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, unha vez máis, ven de rematar a viaxe a COSTA BLANCA, que se celebrou dende o 22 ata o 28 de Maio.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar propón, como inicio de vacacións estivais unha actividade creativa na que incitaremos o mozo ou moza a explorar e a descubrir provocando un interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.
O Concello de Gondomar organiza este domingo día 4 de Xuño de 9,30 ás 14,00h. o IX Torneo escolar benéfico de Tenis xunto co Clube de Tenis Gondomar.
Pódese inscribirse no torneo ata o día 1 de xunio.
Dirixido a todas aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, teñen contacto directo cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda e subministración.