^ Ir arriba

novas

Thursday, 15 June 2017 11:01

"Viaxando xuntos" Volta ao mundo coas bandas da Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María

A Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María ofrecen unha viaxe musical o próximo domingo día 18 de xuño ás 20:00h no Pol.Industrial Porto do Molle (rúa do Xián, vial B, ao lado do Centro de Negocios).

Con máis de 100 músicos enriba do escenario a banda infantil, a banda xuvenil e a propia banda da A. M. de Vincios farán, coa axuda e acompañamento dos alumnos do centro Juan María, unha viaxe arredor do mundo que comezará ca representación teatral e musical dun descubrimento histórico ata rematar en Galicia, pasando por lugares do máis exótico e lonxano. A encargada de presentar e guiar esta viaxe será Trini Puentes. Con este proxecto, a escola e banda da Agrupación Musical de Vincios pretenden facer fincapé no papel integrador e universal da música. Algo máxico que trascende aos distintos tipos de centros educacionais. Un xeito fermoso de promover a convivencia social e a cultura no que colaboran o Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

NDP AM de Vincios e centro Juan Maria viaxando xuntos 3