REQUÍRESE: No caso de estudantes ter entre 16-30 anos a data de 31/12/2017, cursar estudos de formación profesional, ciclos formativos, bacharelato, estudos universitarios e que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos seus estudos.
No caso de mocidade traballadora que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante, que o contrato de traballo teña unha duración mínima de 3 meses contados dende a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Ter 16-30 anos.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.