^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Tuesday, 08 March 2022 17:28

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA POR UCRAÍNA

lazo-bandera-ucraniajpg.jpg

Gondomar súmase a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocando unha concentración silenciosa de 5 minutos, mañá mércores 09 de marzo ás 12.00 horas ante o Concello. 

O acto quere amosar a nosa solidariedade co pobo ucraíno e o noso rexeitamento á guerra iniciada por Rusia, para invadir o país. Sumádevos¡¡

#NoAGuerra #gondomar

2O4A9136.jpg
 

Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.

 

Decenas de persoas sumáronse á concentración na que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a súa presenza e lembrou que as administracións “teñen a obriga de aplicar a perspectiva de xénero á hora de gobernar e tomar decisións, reiterando o compromiso do seu goberno coa defensa das mulleres e na consecución dunha igualdade real na sociedade. “

A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, Irene Pereira, xunto á avogada do CIM local, Marta Pardo e a concelleira de Igualdade Nuria Lameiro foron as encargadas de ler o manifestó. Nel lembraron “a fraxilidade dos dereitos alcanzados” e a necesidade de seguir conmemorando e manifestándose no 8M porque “en pleno século XXI, si as mulleres vense aínda obrigadas a reclamar algo tan básico como ter os mesmos dereitos fronte aos homes. Os mesmos dereitos para unhas que para os outros”.

Suliñaron que “non é unha denuncia dunhas poucas ou dunhas tolas, como a moitas persoas gústalles dicir”, sustentando nas cifras e datos oficiais a realidade da brecha salarial que existe entre homes e mulleres, así como os efectos que sobre os seus dereitos tivo a pandemia nos dous últimos anos.

Desde Gondomar instouse a tódolos organismos e entidades públicas e privadas, sectores produtivos, e á sociedade en xeral, “a poñernos as lentes lilas e a aplicar os principios de igualdade entre homes e mulleres, garantindo o mesmo trato, as mesmas consideración e oportunidades, así como as mesmas obrigas e dereitos”.

photo_2022-03-04_09-17-06.jpg
O concello de Gondomar súmase aos concellos que nas últimas horas ofrecéronse en Galicia para organizar puntos de recollida de axuda para o pobo de Ucraína así como a poñer disposición vivendas para a acollida de posibles refuxiados que poidan chegar ata a comunidade autónoma.
 
O alcalde do municipio, Paco Ferreira, cualificou de “terrible e inconcibible a situación que estamos a vivir ante a invasión de Ucraína por parte de Rusia, algo que non nos podiamos nin imaxinar en pleno século XXI” e sinala que “é agora onde as administracións deben demostrar que están aí, e Gondomar estará aí axudando na medida do posible”.
 
Por esta razón desde o departamento de Benestar Social coordinarase a recollida de produtos de primeira necesidade para facer chegar aos lugares onde sexan máis demandados.
 
Punto de recollida
 
O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) establecerase como punto de recollida de todo o material que a veciñanza de Gondomar queira achegar, co seguinte horario: os luns de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas,e, de martes a venres en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas.
 
Produtos de hixiene persoal, alimentos non perecedoiros (conservas e leites para bebés), mantas e roupa de abrigo, cueiros e medicamentos ( vendaxes, Betadine, alcol, xiringas, auga osixenada, antiquemadurasl...) son os máis necesarios neste momento.
 
Para máis información poden chamar aos teléfonos 
986 360168- 609 587 851 ou non correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

Captura de pantalla 2022-03-03 a las 15.06.28.png

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade, ademais do acto central con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora,
desenvolverá diferentes actividades durante o mes de marzo e ao longo de todo o ano “promovendo a igualdade entre homes e mulleres os 365 días”.


O concello de Gondomar prepara as actividades centrais con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora, o próximo 8 de marzo, que se
desenvolverán na Praza Escolas Vellas -ante o antigo Centro de Saúde- onde se convocará unha concentración tras a que se lerá o manifesto oficial redactado para a
xornada.

Este ano adiántase a convocatoria oficial ás 11.00 da mañá “e convidamos a toda a cidadanía a sumarse a ela para lembrar que a loita pola igualdade real é unha
cuestión que debemos afrontar todos e todas unidos”. Tras este acto a concelleira de Igualdade e representantes municipais sumaranse á marcha organizada polas asociacións feminitas de Val Miñor desde o centro de Gondomar ata a ponte da Ramallosa.


Escape room pola igualdade


Como en anos anteriores, a mocidade e a cativada convírtense en protagonistas das actividades programadas “porque son eles e elas os que deben sementar os
valores da igualdade para que perduren no tempo e cambie a tendencia actual”. Así nos institutos do municipio estanse a impartir obradoiros e charlas sobre o 8 M e a
loita pola defensa dos dereitos femenismos.

Os días 28 e 29 de marzo sumaráse una nova actividade especificamente diseñada para os/as máis novos/as: “Estrelas”, un escape room, financiado con fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, e que terá como protagonistas ao alumnado de 5º de primaria dos CEIP de Gondomar. A través do escapismo deberán recuperar o fulgor dalgunha estrela feminina que por algún motivo cambiou o rumbo da historia, dando así luz a nomes como Isabel Zendal ou Maruja Mallo entre outras
moitas.


Por último o departamento de Igualdade de Gondomar lembra que a loita e as reivindicacións deben prolongarse todo ano. Así, nos próximos días, abrirase o prazo
de inscripción dunha nova convocatoria de formación online onde se abordarán cuestións como a educación para a diversidade, actuacións fronte ao acoso sexual ou a igualdade de oportunidade en actividades de lecer e tempo libre.

 

photo_2022-03-03_11-09-14 (6).jpg

Voluntarias de Ecoembes convidaron os locais de Gondomar a sumarse a "Únete o reto", iniciativa á que se adheriu o concello e cuxo obxectivo é mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado.


Esta é unha das diferentes accións que desenvolveránse no municipio, entre os meses de marzo e maio, para lograr este reto que se se logra recibirá 2000 euros para destinar a unha ong. 

“Únete ao reto” contempla a instalación temporal de colectores xigantes (4metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de acciónsde información, de comunicación a través das redes sociais ou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número
de persoas posible.

Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizaras accións que se programen nas rúas.

photo_2022-03-03_11-09-15 (3).jpg

photo_2022-03-03_11-09-16 (3).jpg

photo_2022-03-03_11-09-16 (4).jpg

 

photo_2022-03-01_13-00-31.jpg

O concello suspende a celebración do enterro ante as previsións meteorolóxicas prevista para mañá mércores, onde a que a choiva é unha constante durante toda a tarde.

 ABRINDO PORTAS 2022 copia.jpg

Trátase dun programa de fomento á lectura impulsado pola Concellaría de Xuventude e que na súa primeira edición tivo unha gran acollida entre a mocidade á que vai dirixida a iniciativa.

 ​“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

​Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram@omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.

​Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.

A festa animábase este domingo case unha hora antes coa chegada de veciños , veciñas e visitantes dos municipios da contorna que non se querían perder o paso das comparsas e a celebración do tradicional Entroido en Gondomar, suspendido nas últimas edicións como consecuencia da pandemia. Aos poucos queda atrás e os espectadores encheron de luz, cor e moita diversión as rúas do percorrido cos seus disfraces creados e vestidos para a ocasión.
Con dous pregoeiros de luxo, Teo Cardalda e María Monsonís (Cómplices) arrincaba o desfile trala lectura dun texto no que destacaron o carácter acolledor do municipio ao que se
trasladaron hai xa dous anos. Un pistoletazo inicial no que o alcalde, 
Paco Ferreira, agradeceu a implicación de todos e todas para que “o noso entroido siga sendo un referente”. Sete comparsas desfilaron tras abrir o paso un grupo convidado cos seus “Mario Cars de luxe” que fixeron as delicias de moitos. A partir dese momento atravesaron a Praza da Paradela fichas de dominó; coleccións de bonecos; coches de carreira; ximnastas atléticos -ou casi-; deuses e deusas aztecas; un percorrido por diversos entroidos do mundo; e, un reivindicativo ”Conto da Criada”.
Todos os participantes na edición deste ano recibiron un diploma no que se recoñecía a súa participación no desfile, ao perder este ano a condición de concurso.
Centos de persoas congregáronse nas rúas para animar o paso das comparsas e gozar unha vez finalizado o desfile da tarde de música e diversión, amenizada polo dúo D’ Lider.
 
274821025_511683413656477_6280050843805704996_n.jpg274939183_511681513656667_4187725678891503436_n.jpg
274854947_511683740323111_1317509270478620525_n.jpg274807623_511682326989919_46853089283934021_n.jpg
274918771_511683493656469_4995324376022830446_n.jpg274941255_511682526989899_1466845491203330309_n.jpg
 
274818888_511683686989783_400360986019398218_n.jpg
274921510_511687776989374_2767446082896530843_n.jpg
02-29_dia-mundial-de-las-enfermedades-raras.jpg
 
O concello de Gondomar conmemora esta xornada na que asociacións, familias e pacientes reclaman máis investigación e igualdade dos dereitos na sociedade.
 
Gondomar sumarase ao reto #IluminaPorLasEnfermedadesRaras alumando de verde o concello co obxectivo de dar máis visibilidade ás persoas que viven cunha enfermidade rara en España (máis de 3 millóns).

trampas.jpg

As persoas interesadas deberán presentar no rexistro municipal a súa solicitude cubrindo a instancia que se pode atopar na seguinte ligazón:
https://cutt.ly/GPFW1E6.
 
 O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de marzo.
 
 A entrega dos kits (trampa e unha dose de líquido atraínte e información para facer un correcto uso delas) farase en estricta orde de entrada.
 
O concello prosegue coa campaña de erradicación desta especie invasora coa entrega de medios aos apicultores e veciñanza na loita e control da vespa velutina.
Page 2 of 98

Rss